Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Excelencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Obradoiro de Excelencia. Amosar todas as publicacións

xoves, maio 05, 2022

Obradoiro Videocartas

 O alumnado de Igualdade de 2º de ESO e de Literatura Universal de 1º de Bacharelato anda estes días cunha actividade ben interesante que promove a ACPP:


Utilizaremos as ferramentas dixitais para establecer unha vía de comunicación intercultural con República Dominicana, país no que traballamos en proxectos de cooperación internacional. Dentro destes proxecto gravaremos unha serie de vídeo-cartas en centros educativos de bateyes de San Pedro Macorís aos que o alumnado dos centros educativos galegos darán resposta: como viven os mozos e as mozas da súa idade nun país como Dominicana? Cales son as súas problemáticas? Como ven o seu futuro, que percepción teñen da vida en Europa?
O alumnado achegarase á realidade deste país a través dunha primeira sesión de 100 minutos na que se exporá o contexto no que viven mozas e mozos da súa mesma idade e abordaremos a co-responsabilidade Norte-Sur. Nesta sesión proxectaranse as vídeo-cartas do alumnado dominicano. Na segunda sesión o alumnado gravará a súas propias respostas ás cartas que viron no primeiro día e daráselle nocións de edición nos propios móbiles. Estes vídeo-cartas serán compartidas vía web e vía redes sociais, entendidas como unha conversa intercultural sobre a realidade dos dous países. Este será un proceso de ida e volta, que complementará o traballo que se está a facer no IES Laxeiro sobre interculturalidade e conexión Norte-Sur.



venres, abril 08, 2022

Poetizándonos con Antía

 Por fin puidemos recuperar a maxia dos obradoiros de poesía nas aulas! Así, inaugura a temporada poética Antía Otero coa súa presenza para o alumnado de 3º de ESO. Que ben poetizou o alumnado!!!





xoves, febreiro 20, 2020

A excelencia de Carlos Negro

Onte mércores comezamos os obradoiros de escritura que o centro realiza cada ano dentro do Plan de excelencia. O encargado de inaugurar estas sesións foi o noso prezado veciño e poeta Carlos Negro. O mellor: a sensación do alumnado, quen estaba expectante e confirmou que paga a pena vir e repetir.
Moitas grazas, Carlos, tamén polas fotos.




mércores, abril 04, 2018

luns, marzo 05, 2018

Antía Otero

Hoxe recomezamos os Obradoiros de Excelencia para o alumnado de 2º de ESO.
Hai mellor xeito de facelo que con Antía Otero?
E unha novidade: o alumnado do ano pasado foi tan entusiasta que este ano quixo repetir. Así que si, este curso o noso obradoiro é para 2º e 3º de ESO. Porque elas o valen!!!








mércores, maio 10, 2017

Obradoiro de poesía (IV)

O último obradoiro de poesía deste curso correu a cargo de Yolanda Castaño, con quen construímos un poema colectivo, que ben chulo nos quedou!

A treboada é un mar que que me inunda de ideas
A treboada é o pesadelo do mundo real
A treboada é un ogro que me asusta, ese grito que non quero escoitar
A treboada é o meu día de descanso
A treboada é o zunido do mar no ceo
A treboada é esa canción que sempre poño en repeat,
a natureza laiando nos seus adentros
A treboada é ese amor que vén e marcha
Ese monstro que non quero que me atope
A treboada son os laios da terra,
o manto que non quero que me tape





mércores, abril 26, 2017

Obradoiro de poesía (III)

Se a principios deste mes o obradoiro de poesía correu a cargo de Carlos Negro, onte foi o turno de Dores Tembrás. Con ela falamos de poesía e procuramos unha palabra que nos levase de camiño a outras moitas, sensacións e sentimentos estancados e feitos palabra grazas á dozura de Dores.



mércores, marzo 08, 2017

Obradoiro de poesía (II)

Turno desta volta para Estíbaliz Espinosa. Unha gozada de obradoiro no que tivemos moito que escribir, e no que nos quedaron moitas propostas no tinteiro. Gustounos moito o xeito de nos amosar que a poesía está en todas partes, que o universo é poesía e a ciencia e a poesía están moi relacionadas. Tamén falamos moito da invisibilidade da muller, dado que ao día seguinte é o 8 de marzo.



martes, febreiro 21, 2017

Obradoiro de poesía (I)


Hoxe comezamos os obradoiros de poesía para o alumnado de 2º de ESO de Excelencia con Antía Otero. Un luxazo! Ter a Antía compartindo a súa paixón connosco, facernos reflexionar sobre a "intuición", o "eco", a "atmosfera" do poema, así como a pintura e a música como artes compartidas foi unha experiencia única. Moitas grazas, Antía!!!









martes, maio 05, 2015

Dende Valencia a Lalín

Unha das actividades máis agardadas do Grupo de Traballo "Lalín en verso" era a visita de Mar Benegas cos seus obradoiros. Estivo dous días connosco, con moitos nenos e nenas dos dous coles de Primaria que temos en Lalín e tamén estivo connosco, impartindo un Obradoiro de Haikus para o Grupo de Excelencia. Asemade, impartiu un Obradoiro para aquel profesorado que quixese asistir.
Desta visita fíxose eco a prensa, que mesmo a entrevistou:



luns, maio 04, 2015

Obradoiro de excelencia con Mar Benegas



Hoxe, último obradoiro, recibimos a Mar Benegas para falar de haikus. E escribímolo nos haigas!!!


Jesús Calviño:

Baño de sol
Playa de calor grata
Caliente arena


Francisco Javier Rivas Santomé:

El bañador
el calor, el chiringuito.
Yo, junto al mar


Lucía Novoa Froiz:

El blanco manto
Cubriendo el frió valle
Suena la calma


Iker González:

Las flores salen
de las armas que tienen
grandes ejércitos


Silvia Souto Froján:

La fresca brisa
El caer de las hojas
Él, se acerca


Adrián Buán Vázquez:

Vén a calor
Comeza a liberdade
Vén o cansazo


Alba Roqueiro Galego:

Herba mollada
Auga arrecendente
Nostalxia da infancia


Lucía Lalín Pérez:

Flores lo llenan
Más color en la vida
Gran armonía

Cantan los pájaros
Todo es movimiento
Felicidad

El agua fluye
Todo está muy tranquilo
por el bosque inerte


Zaira Míguez López:

El blanco invierno
único azul inerte
con frío gris

Ya te asomas
con tu blanca navidad
invierno llegas


Carla Varela Areán:

Llega el invierno
la gran alfombra blanca
que ya se pasa


Ana Santalla:

Hojas oscuras
paraguas frenan vientos
cuerpo muy frío


Brais González:

Amigos juntos
vacaciones de fiesta
¡Días sin profes!

Brisa playera
te refresca bastante
Tarde feliz

mércores, abril 22, 2015

Obradoiro de excelencia con Antía Otero

Onte tivemos o noso obradoiro de excelencia con Antía Otero, que nos falou de poesía, das palabras importantes, das ideas, do cerne da poesía.




Comezou Antía Otero amosando e analizando esta Antoloxía   SE NON QUERES SENTIR, NON LEAS POESÍA:
RONSELTZ . Colectivo poético.
( Unicornio de cenorias que calbalgas os sábados)    :
O poema é unha pedrada na cabeza.                                        
Por iso lles recomendamos aos leitores
que usen casco.
CELSO EMILIO FERREIRO
( Ceminterio Privado )
O lóxico
Unha de dúas:
se é certo
que cada minuto
morren de fame
cen persoas no mundo,
entón é falso
aquelo de quen en todas partes
se cocen fabas.
MARÍA DO CEBREIRO
A espiral do silencio
Así tamén nós, que non vemos o mar,
mátanos co seu látigo.
Soubemos del ben tarde,
e por erro chamámoslle infinito.
Amamos a súa cor,
que non se lle dá ós ollos,
e en todo fomos crueis.
Porque o mar era un cerco, e puña límites,
daba saltos mortais,
estendía as súas redes no máis fondo
ata desembocar nas nosas rúas.
Os do interior choramos con esta auga
que pedimos prestada.
Pero choramos negro, coma todos.
Soño cunha cidade na que os pasos
axuden a caber, a sermos máis.
Alí onde a chuvia prende
nos dedos de quen berra, ou de quen asubía.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2002
DANIEL SALGADO (Sucede)
Fire a coitelada
de non dar comprendido
nada,
o xornal.
XOHANA TORRES ( Tempo de ría )
PENÉLOPE
Declara o Oráculo:
"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMEN NAVEGAR"
MARTA DACOSTA ( As amantes de Hamlet )
Prefiro ser a filla do pirata
a nena imposíbel que non peitea os cabelos,
a mesma que salta e corre
ou vence ao exército.
A que rexeita belezas improbábeis
e se rende ante a liberdade
para botarse a voar,
sen lastre, sen présa, sen bagaxe.
A que esculca nos ollos dos que pasan
e descobre almas e covas
pozos e estrelas
con que facerse ao mar.
CARLOS NEGRO ( Penúltimas Tendencias )
Declaración de independencia
Nin con toda a maxia de Harry Potter
nin con todo o encanto de Justin Bieber,
conseguirás que lle siga outra vez o xogo
a un pibe que só bota cuspe pola boca.
Porque xa non creo nas reverencias
dos príncipes que non lavan a lingua.
Pórque só confío nos labios dos cegos,
nas palabras que non mancan por dentro.


E logo, escribimos.
A partir de "Firen as coiteladas" dicimos que cousas nos firen (maltrato ás mulleres, maltrato aos animais, violencia na infancia, acoso, superficialidade, mentira, desprezo, desigualdade, enfermidades que non teñen cura...); logo, cada alumno/a elixía un tema; despois un substantivo que teña que ver co tema elixido: a primeira palabra que nos veña á cabez non nos vale. Logo un substantivo que non teña nada que ver co tema. E por último tres adxectivos que inspiren estas palabras pero non sexan descritivos. Posteriormente, dous verbos.
Logo, a escribir, utilizando estas palabras e ademais "Firen as coiteladas do misterio".
Zaira Míguez :
 (A falidade: mentira -colorida, pintada ;  carraxe -floreada ;  gozo -negro . Rir, enfadar)
A falsidade
A súa mentira pintada
que en ocasións me fai rir.
O seu gozo negro
co que firen as coiteladas do misterio,
brotando así o meu enfado
en forma de carraxe floreada.
Lucía Novoa Froiz
(Superficialidade: hipocrisía -amistosa ; rexeitamento -esvaradío; dozura . Liberar, enganar)
A súa dozura, a debilidade
fixeron que a hipocrisía enganara
a falsa amizade.
Firen as coiteladas do misterio
o rexeitamento asústabaa
aqueles sentimentos escuros, liberábanse esvaradizos.


Lucía Lalín Pérez:
(Maltrato aos animais: sufrimento -intelixente; egoísmo -apresurado ; diversión -calmado . Lograr, mentir)
Fírenme as coiteladas do misterio
Os raios do sol fíltranse por min.
Non mingo, o sufrimento é intelixente.
Non logro devolverlle a súa calmada diversión.
O meu egoísmo apresurado obrigoume.
No fondo, penso que el o sabe
aínda que non tan ben coma min. 


Alba Roqueiro:
(Falsidade: Traición -amarga ;  engano -compasivo ; cordialidade -suprema . Perderse, descoidarse)
Fírenme as coiteladas do misterio
Unha cordialidade suprema axiña
fixo que me perdese no engano
na amarga traizón.
Perdinme nun engano aparentemente compasivo.
Jesús Calviño:
(Desprezo: minusvaloración -multicolor ; homofobia -policausada ; simpatía -descoñecida . Ler, violentar)
Firen as coiteladas do misterio
da descoñecida simpatía.
Ler a policausada homofobia
é a mala vida.
Minusvalorización multicolor, desaparece xa,
deste pobre corazón,
que amargas polo desprezo,
por ser diferente.
Ana Santalla:
(Maltrato aos animais: agresión -inesperada ; logro -indiscutible ; abandono -satisfactorio . Interpretar, tremer)
Segue a vida.
Agresións inesperadas
 noutro lugar.
Logros indiscutibles.
Como non,
interpretar sen pensar
Tremor con frío
seguen a ferir as coiteladas 
de misterio
 

mércores, marzo 11, 2015

Obradoiro de excelencia con Daniel Landesa


Hoxe foi o turno de traballarmos con Daniel Landesa, quen nos fixo crear unha personaxe para traballar dende ela. Moi interesante. Tamén vimos fotografías e todo o que podemos imaxinar a partir da súa visión. Unha historia real e outra fantástica para cada unha delas.


Daniel Landesa deulles unha Ficha de personaxe para cubrir cos seguintes datos:
Nome/alcume
Tipo de personaxe
Data de nacemento
IDade
Sexo
Lugar de nacemento
Lugar onde vive
Aparencia
Altura
Pelo
Carácter
Tres virtudes ou talentos
Tres defectos ou carencias
Afeccións
Medos, fobias, manías
Soños e obxectivos
Profesión / Estudos
Familia
Outra relacións
LEma persoal
Notas e observacións

E logo unha Ficha de exercicio coas, entre outras, seguintes instrucións:
1.- Descrición do exercicio
Para facer este exercicio imos empregar o personaxe co que creamos a ficha previa. Ao chegar á casa encontra na porta unha caixa perfectamente embalada. Quen a deixou aí? Por que? Que hai dentro? Que pasará despois?
Anota cinco posibles respostas para explicar que hai dentro desa caixa. Non te preocupes se as respostas son disparatadas ou sen sentido.

2.- Despois escolle a resposta que máis che gustou e tenta escribir unha historia breve.

Adrián Buján:
Dniepratrousk sae da mocisaría e sobe ao seu Lamberghini e vaise cara á súa casa. Cando chega e ve que hai unha caixa o primeiro que fai é abrila e dentro atópase unha mensaxe. Cando a le ve que pon que foi secuestrada por unha banda de ladróns e agora ten que rescatalo.

Carla Varela Areán:
Unha rara sensación invadiume por dentro, cando me comunicaron ese asomboros suceso. Ese carnívoro nunca repetiu a mesma presa, así que fun investigar, aínda que toda loucura trae unha consecuencia. Fun durmir e ao espertar ese admirable depredador estaba inmóbil fronte aos meus ollos.

Lucía Novoa Fraiz:
L: o lagarto andaba polas rúas de Nova Iorque
U: estaba untado en manteiga cando chegou a moza
C:  o cantante de rock era moi coñecido en toda a granxa
Í: fala o inglés con moito swag
A: o señor estaba tan amargado que se suicidou.

Pablo González López:
Ramón é un gran atleta. Saíu da súa casa para ir correr. Xa á noite, regresu. Ao abrir a porta atopouse cunha caixa misteriosa. Era moi grande, case da súa altura. Despois de pensalo moitas veces, abre a caixa. Dentro hai outra caixa; área e dentro vole a haber outra. Segue abrindo e abrindo caixas; despois de estar tanto tempo abrindo caixas, abre a última e non hai nada nela.  Marchou para a cama moi irritado.

Brais González Blanco:
B   R   A     I    S
O  A    B     M  E
R  T    E      B  V
R  A    L     E   I
A        L     C   L
C        A     I    L
H               L    A
O
-Cando volveu, estaba borracho
-Limpando a cociña, matei unha rata
-O outro día, unha abella picou a un calvo
-Raioume o coche co maletín, será imbécil!
-Fun de vacacións a Sevilla
Cando foi de vacacións a Sevilla observou unha abella que picara a un calvo; despois de martar unha rata na cociña estaba borracho e raioume o coche co maletín. Será imbécil!

Lucía Lalín Pérez:
L  U  C     I    A
E  V  A    N   N
N  A  B    U   O
D  S   E    S    R
A       Z    U    A
          A    A    K
                 L
A lenda do rapaz foi certa ata o último momento.
As persoas teñen corazón, as uvas pebidas.
Perdeu a cabez cando a veu vir con aquela mirada
Inusual é a beleza no interior, xa que exterior é moi común
O anorak é vermello, polo que disimulaba as súas meixelas.

Iria Lareu Coego:
Cando Lucrecia Caracel, máis coñecida como Lu, chegou á casa encontrou unha caixa, de aspecto normal, pero había unha tarxeta que poñía: "De papá, para osito".
Lu botouse a chorar, o seu pai levaba anos morto, porén era o único que a chamaba así.

Ainhize Sixto Sánchez:
.- Un xoguete da súa infancia que perdera
.- Un billete de viaxe a Madrid para gravar un disco
.- O seu pai que desparecera nunha feira
.- Unhas zapatillas dos anos 80
.- Unha perruca 

mércores, marzo 04, 2015

Obradoiro de excelencia con Francisco Castro


O mércores 4 botamos a andar os obradoiros de lectoescritura para o alumnado de excelencia de 2º de ESO. 
O primeiro visitante foi Francisco Castro, que tan bo sabor de boca deixara o curso pasado. E non defradou!


Algunhas das cousas que escribiron neste día:

Iker González:
Que pasaría se puidese voar?

Un mundo cadrado, rodeado dunha cúpula. Todos están atrapados, ninguén pode saír. É o fin desta xente e a fin da humanidade, pode que o Doutor Casperiano os salve. Tendo en conta que é un xenio coas pócemas pode que isto non acabe, que a xente poida gozar. El é o salvador. A apócema definitiva está aquí, o antídoto voador para os humanos. Grazas a isto pode que todos poidamos levantar a cúpula para ter liberdade. E así dixeron eles igual o conseguisen.

Zaira Míguez López:
Querida profe: O meu fillo hoxe non leva os deberes feitos xa que onte á tarde unha forza misteriosa atraeuno a un monte onde foi ataado por uns lobos que estaban dispostos a devoralo sen compaixón, pero nese momento un estraño animal de identidade descoñeida salvou o rapaz das súas garras e achegouno á casa e fuxiu. O cativo estivo indisposto xa que viviu un trauma polo sucedido. Descultpas e saúdos.
Lara Verde Iglesias:
Galleta do meu amor: Obsérvote, síntote, cheiro o teu olor a chocolate que entra polo meu nariz como o frescor de primavera pera algo  máis azucrado, mentres a miña boca era un río que agardaba pola súa barca. 
Conseguino, xa es miña, por fin te alcanzo, douche o primeiro bocado e noto como te empapas nos meus beizos e chegas á miña boca onde te desfás en pequenas virutas que os meus coitelos te van desfacendo pouco a pouco pero con moito cariño e sentimento; axiña chega o río turbulento que te arrastra ao meu interior e onde unha viruta pequena chega ao meu corazón onde sentirei sempre o teu amor.

Silvia Souto Froján:
Tecer o teu corazón cada mañá

José Silva Barros:
Que pasaría se o sol se apagase?
Hoxe mentres comía, vin no telexornal que a luz do sol se ía apagar. Se iso ocorre, imos morrer, e todo se acabará. Din que vai suceder en oitenta anos, a min preocúpame porque as seguintes xeracións van sufir. Que pasará despois da explosión do planeta? Non o saberei nunca, vou viivir a vida o mellor que poida e espero que todo isto sexa unha broma do telexornal.

Jesús Calviño Ruiz:
Que pasaría se as árbores comezasen a camiñar?
Un día calquera no bosque. Picnics de familias felices domingueiras no céspede, engulindo bocatas, e nenos xogando ao escondite e ao pilla-pilla.
De súpeto, unha claridade cegadora. Aterra un obxecto semellante a unha laranxa. Sen esperalo, estoupa. Desaparece a claridade. Aparentemente non pasou nada. Ao día seguinte, portadas de xornais e telexornais. Exércitos de árbores andantes camiñando dun lugar a outro. Lugares eros cheos de árbores e bosques baldeiros. Aberracións arbóreas e caos cidadadán. Pánico. Terror. Descontrol total da situación.
Solucións varias. Unha delas, amarralas con cordas á terra para que non se movan e volvan ser coma antes. Pero non se acepta. A xente asimílao como algo natural e ninguén se estraña. Incluso se poden ver paseando amigablemente os anciáns.

Iker González:
 Prezado profesor: O meu fillo está no arco iris. Marchou en busca del e dende onte non regresou. Dixo que viría tan pronto puidese. Estiven moi preocupada ata que hoxe fun levarlle a roupa limpa recén saída da lavadora e estaba na cama durmindo.

Ana Santalla Garrido:
Prezada profesora: A miña filla Laura non puido facer hoxe os deberes debido a que explou unha bomba moi contaxiosa na casa dos seus avós e xusto quedoulle o traballo alí mentres foramos dar un paseo e o recindo quedou clausurado. Pero asegúrolle que cando volvamos á normalidade traeralle o traballo.

Adrián Buján Vázquez:
Galleta do meu amor: Meu amor, cando ti non está preto de min, morro, morro sen terte ao meu lado. Boto de menos o teu recendo as mañás no recreo, cando baixaban todos eu esperaba arriba para comerte só, sen ter que quedar ningún pedaciño de ti a ninguén. O teu sabor a chocolate facíame estar no ceo, con esa textura tan perfecta. Fálame pronto, unha aperta.

Iria Lareu:
Que pasaría se te convertises en lagarto?: Hoxe á mañá pasoume algo moi raro, estaba limpando a casa e de súpeto convertinme en lagarto! Por se iso non era o colmo, saín á rúa e vin oitísimos animais iguais a min, en parte sentinme moi aliviado, polo tema de non chamar a atención. Estaba concentrada nos meus pensamentos cando oín berrar "Maruxa, Maruxa"; recoñecino deseguida, era Xoán, nin coa forma de lagarto se lle deixaban de notar tanto as orellas.

Pablo González López:
Cando te vin, o meu corazón namorou.

Alba Roqueiro Galego:
Non respiro, só tomo aire por ti.

Lucía Lalín Pérez:
Querido profesor: O meu fillo Pedro non levou os deberes feitos porque xusto onte ás catro da tarde doíalle o cu, entón levámolo ao médico e alí díxonos que debiamos operalo esa mesma tarde porque o buraco estábaselle a pechar. Polo motivo anterior non foi capaz de facer o traballo que vostede lle enviou a pasada mañá.

Tamén na prensa: