luns, abril 30, 2018

domingo, abril 29, 2018

venres, abril 27, 2018

Personalidades que recomendan (IV)

O xoves 26 quen veu á biblioteca a recomendar as súas lecturas foi a directora da banda da vila Isabel Mª Rubio Molino. Con todxs os músicxs que temos no instituto, maxinade a expectación que se creou!
O mellor, que o alumnado fíxolle caso e marcharon cos libros recomendados.








xoves, abril 26, 2018

Personalidades que recomendan (III)

O mércores 25 foi o turno do contacontos Celsiño  para vir recomendar libros á nosa biblioteca. El aportou os seus propios libros e a súa propia maxia. Tanto, que viña para estar vinte minutos e quedou dúas horas, recomendando, cantando, lendo... Un auténtico goce que converteu o día nunha xornada inesquecible.













Obradoiro de banda deseñada

Onte, mércores, continuando as actividades da Semana da Lectura, realizamos un obradoiro de banda deseñada a cargo de Miguel Cuba. Pasándoo ben e aprendendo moito!







mércores, abril 25, 2018

Obradoiro de rap

Unha auténtica marabilla o obradoiro de hip hop que o alumnado de 2º de ESO recibiu hoxe a cargo de García.


Personalidades que recomendan (II)

O martes 24 foi o turno do músico Benxa Otero para vir recomendar libros á nosa biblioteca. Por suposto, con gran éxito.









martes, abril 24, 2018

Personalidades que recomendan (I)

Unha das actividades que realizamos este ano arredor do Día do Libro é traer personalidades de Lalín que veñan á biblioteca a recomendar os libros que sexan as súas lecturas preferidas. Así, onte, día do Libro, veu o alcalde Rafael Cuíña e o alumnado interesouse polos seus gustos.










Bookcrossing

Para comezar o Día do Libro, o alumnado de 1º de Bacharelato que escolleu Literatura Universal, foi por toda a vila deixando libros por diversos lugares baixo o lema: "este libro é para ti. Si, para ti"






Na Voz.

luns, abril 23, 2018

Amigo invisible

Iniciamos unha actividade na sala de profesorado que agardamos teña continuación no futuro, pola boa acollida e pola ledicia que supuxo: o amigo invisible polo Día do Libro encheu a sala de profesorado de agasallos en forma de libros, paquetes que abrimos con emoción para coñecer cal era o novo libro de noso que iamos ter a partir dese momento. Hai que recoñecer que algúns paquetes eran do máis orixinal: