mércores, novembro 28, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (XV)

O luns 26 realizamos diferentes actividades en manifestación contra a violencia de xénero. O acto no salón de actos estivo dirixido a alumnado de 1º e 2º de ESO, así como ao alumnado de FP Básica; aínda así, houbo algún que outro grupo que non quixo perder o momento. 










Pola súa banda, o alumnado de ciclos formativos plantou flores e puxo os nomes das asasinadas





martes, novembro 27, 2018

Mulleres que mudan o mundo

Dentro do mes contra a violencia de xénero recibimos hoxe a visita de Ita Xocol e Juventina López, lideresas comunitarias en Guatemala. Faláronnos do seu activismo en defensa dos dereitos das mulleres e da recuperación do territorio
 Ita Xocol e Juventina López representan a aquelas mulleres que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.
Foi un honor telas no noso centro e un gozo escoitalas e aprender delas.

luns, novembro 26, 2018

Bailando contra a violencia

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato decidiu aportar un gran de area contra a violencia de xénero:

 

domingo, novembro 25, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (XIV)

Dende Trafegando ronseis:


Incansables, seguimos aquí. En positivo, sabendo que a violencia de xénero desaparecerá algún día e que chegará a forma parte da "memoria histórica" da sociedade, aprendendo dos erros para non volver caer neles.

 

sábado, novembro 24, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (XIII)

Contra a violencia machista, o alumnado de 2º da ESO de Igualdade realizou esta performance baseada na "Escaleira da violencia" que explica Carmen Ruiz Repullo. 




luns, novembro 12, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (II)

 I Concurso 25 de novembro-Imaxe gráfica




Despois dunha longa reflexión na aula  sobre o significado da violencia de xénero e as súas consecuencias na nosa sociedade, sobre todo na xuventude, xa que é o ámbito que máis nos preocupa por ser a parte coa que traballamos, o alumnado tentou plasmar graficamente a nosa postura contra esta lacra social que vén dada dunha concepción de sociedade patriarcal que se alonga no tempo. É por iso que se realizaron varios carteis e entre todos e todas os alumnos e alumnas da aula de Valores éticos de 1º ESO C escolleron o traballo de Laura Cacheda Fernández por ser o que mellor resumía e representaba o sentir de todos e todas.
A imaxe gráfica representa a árbore da “violencia cero” cuxas follas son lazos violetas (símbolo da loita contra a violencia de xénero), algunhas delas con lemas en positivo resaltando os valores que deben predominar na sociedade e outras cos contravalores que debemos rexeitar.





venres, novembro 09, 2018

Novembro contra a violencia de xénero (I)



Comezamos onte con  música, cunha montaxe con perspectiva de xénero que aborda as mensaxes de cancións que son en realidade mensaxes machistas ou violentas agochadas en forma de amor.




 O mes de novembro estará dirixido a concienciar a todo o alumnado o instituto contra unha lacra que ten o cume na morte pero que comeza cunha soa palabra, cun só xesto. Serán moitas e variadas. Por iso, onte, o alumnado de 2º e de 3º de ESO acudiu ao auditorio da vila para entender como moitas das cancións que tararean habitualmente non son nin sequera aceptables. Un espectáculo a cargo de Chevere, un proxecto pedagóxico musical que baixo o título "I 'll be watching you" ("Hei estar vixiándote") analiza cancións como "¿Dónde está el amor?" de Pablo Alborán, "Mala mujer" de Ctangana, "No soy una de esas" de Jessy&Joy e Alejandro Sanz ou "4 babie" de Maluma.










xoves, novembro 08, 2018

IX día da Ciencia en Galego (IV)


E seguimos falando en galego científico!

Pedro Augusto Agostini Infante, ex alumno do centro e estudante de doutorado no IFGAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) deu onte, día 7 de novembro, unha conferencia ao alumnado do bacharelato científico sobre a interacción nuclear forte.
En primeiro lugar, para situar en materia ao alumnado, fixo unha pequena introdución na que falou das catro forzas existentes na natureza e de como fora evolucionando a idea de átomo ata o modelo actual.
Unha vez chegado a este punto, centrouse xa na interacción forte describindo as súas características e por que é a responsable de que os núcleos atómicos sexan estables. Falou tamén dos experimentos realizados nos principais aceleradores de partículas e que permiten medir esta interacción.
Para finalizar coa conferencia, e antes de dar paso ás preguntas do alumnado, explicoulle a este o campo no que actualmente está investigando o seu grupo, o plasma de quarks e gluóns e a importancia do seu coñecemento para determinar os instantes iniciais do Universo.






martes, novembro 06, 2018

IX día da Ciencia en Galego (III)

 Estes son os experimentos que se desenvolveron no Día da Ciencia:
  • APLICACIÓNS DO PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES: UXÍA RAPADO GONZÁLEZ E JULLIANA SILVA DE AMORIM. 3º ESO B
  • DEFORMACIÓNS NA CODIA TERRESTRE: ADRIANA PAMPÍN DIÉGUEZ, IKER CALVO PÉREZ e SARA GRANJA SANMARTÍN. 4ºESO B
  • DEMOSTRACIÓN DO MAGNETISMO (auga e bola) : roberto gil, javier Fernández González e isabel Vilar Iglesias. 4ºESO B
  • CORRENTES DE CONVECCIÓN: Noa Calviño Lodeiro E Alondra Abigail González Carreto - 4º ESO B
  • microscopia óptica: FÁTIMA jacome iglesias, clara arias fernández - 4º ESO B
  • EXPANSIÓN DO FONDO OCEÁNICO NA DORSAL: Paula Gutiérrez, Lucía Fernández e Lorena González.- 4º ESO C
  • SIMULANDO UNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA: Por Laura Couto González, Fran Blanco Lareu e Andrea Carballude Beleda, 4º ESO C
  • EXPLORANDO ÁCIDOS E BASES CUN INDICADOR NATURAL. NAIR SAAVEDRA e PAULA VÁZQUEZ – 4º ESO C
  • IDENTIFICACIÓN DE BIOMOLÉCULAS NOS ALIMENTOS. Oliver Barriento, e andrés do barro – fpbII.
  • FORMACIÓN DE GASES. ÁNXELA ADÁN, BRAIS GONZÁLEZ PENELA - 4º ESO C
  • SERPE NEGRA. LOIS CARRAL, LUCÍA RODRÍGUEZ FRADE- 4º ESO C
  • SUBMARIÑOS. Lucas Daparte, Alejandro Matanzas, Lucía Pereiro- 4º eso b


Algunhas fotos de como transcorreu o día da Ciencia













Tamén o recolle a  prensa:



luns, novembro 05, 2018