Amosando publicacións coa etiqueta Documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Documental. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 24, 2021

Documental "Os coidados"

 Este documental é o resultado do obradoiro da curta documental realizado polas ONGs AGARESO e ACPP dentro do proxecto "Escolas sen racismo", elaborado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal sobre os coidados, enmarcado dentro do Club de Letras.



venres, marzo 01, 2019

Empoderamento positivo


27 de febreiro. Alumnado de ciclos e bacharelato asistiu á proxección do documental "Tecido resistente", no salón de actos Manuel Rivas do IES Laxeiro.
Marina Chiavegatto,  xornalista e directora do documental, presentou e respondeu  ás preguntas do alumnado sobre o proceso creativo da obra.
En "Tecido resistente" un grupo de mulleres, traballadoras da fábrica "Hilados y Tejidos de  Vilasantar" contan o que significou para as súas vidas a incorporación ao mundo do traballo asalariado. Sen ser de todo conscientes da revolución tranquila que estaban protagonizando, a mediados do século pasado, máis de 300 mulleres descubriron que un traballo e un salario significaban a súa independencia e a posibilidade de cambiar a economía e a organización social dunha comarca.








sábado, febreiro 02, 2019

'Red de Bibliotecas de Mujeres: 25 años de historia'

Este documental foi elaborado polo Centro de Documentación "María Zambrano" do Instituto Andaluz da Muller para conmemorar o 25º aniversario da Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres. Un repaso pola historia recente das bibliotecas feministas no Estado Español.



xoves, setembro 22, 2016

'Guardiana de los ríos'

O asasinato de Berta Cáceres provocou que moitas persoas que cren nos Dereitos Humanos e na defensa do Medio Ambiente volvera a súa ollada cara a Honduras e se interesase polo seu traballo na organización Consejo de Organizaciones Populares e Indígenas de Honduras (COPINH); grazas ao documentas 'Guardiana de los ríos' saberemos do seu enfrontamento contra a privatización dos ríos, que son figuras ancestrais de alto valor simbólico na cosmovisión do pobo lenca.



Visto aquí

martes, agosto 30, 2016

Acadar a excelencia

Interesante este documental sobre a educación en Finlandia, sobre todo polas caras de abraio...

martes, febreiro 24, 2015

Rosalía de Castro


EuSonRosalia___(1)

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Deixamos aquí este documental sobre esta figura imprescindible das nosas letras:


Google crea hoxe un doodle co aniversario de Rosalía de Castro: 178 aniños ten a nosa poeta!, ademais dunha compilación de recursos. Parabéns e moitas grazas!


Artigo de Mercedes Queixas.

xoves, xaneiro 15, 2015

Camino a la escuela

O documental Camino a la escuela, de Pascal Plisson, amosa o longo camiño que catro nenos de Kenia, Marruecos, India e a Patagonia deben percorrer para ir ao colexio.



Jackson tiene 11 años y vive en Kenia. Cada mañana, recorre junto a su hermana pequeña los 15 kilómetros que separan su humilde choza de la escuela en la que estudian. Tardan dos horas, por lo que tienen que partir a las 5:30 a.m.

Zahira tiene 12 años y vive en el Atlas marroquí. Cada lunes emplea cuatro horas en recorrer un largo camino a pie de más de 22 km por los senderos y valles de la montaña, antes de que ella y sus dos amigas puedan llegar al internado donde estudian y pasan la semana.

Samuel tiene 13 años y vive en la India. Debido a su discapacidad, no puede andar y los 4 kilómetros que separan su casa de la escuela, debe hacerlos en silla de ruedas. Le ayudan sus dos hermanos menores, que empujan su silla cada día a través de caminos de arena y muchos obstáculos.

Carlitos tiene 11 años y vive en la Patagonia argentina. Cada día monta a caballo junto a su hermana pequeña para salvar los 18 kilómetros de distancia entre la granja de su familia y la escuela. A todos estos trayectos hay que sumar, por supuesto, los viajes de vuelta a casa.