sábado, outubro 29, 2016

Alicia marabillada por Dalí

Na década de 1960 un editor de Random House encargou a Dalí unha edición exclusiva de Alicia no país das marabillas. Resultou ser unha edición cobizada polos coleccionistas. Pero para o 150 aniversario esta colaboración vén de ser reimpresa por Princeton University Press, cunha introdución que explica a conexión de Dalí e Carroll, e a investigación do matemático Thomas Banchoff sobre as matemáticas que atopamos nos traballos e as ilustracións de Dalí.













venres, outubro 28, 2016

VII Día da Ciencia en Galego

Nós xa estamos a argallar a nosa semana da ciencia en galego. Que non será unha semana debido á ponte vindeira:





A quen lle dedicamos este ano o día da Ciencia en Galego e o seu por que:



Este día da Ciencia en Galego 2016 (ou mes ou ano, segundo o caso e a organización) imos dedicarllo á Bioloxía, unha ciencia á que non lle dedicamos aínda ningún ano.

Ademais a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes, dos "pulses", polo que faremos fincapé neses "pulses". Ademais como  resulta que Gregor Mendel traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza. Así que poñemos a temática do descubrimento das leis da xenética como tema a tratar e a Cruz Gallástegui como o galego-vasco que introduce a xenética en España.





Conmemoracións 2016

mércores, outubro 26, 2016

O teatro é arte

Tal como vos dixemos, todas as bibliotecas escolares dos centros do concello de Lalín, todas elas no PLAMBE, celebramos xuntas o Día da Biblioteca. Unha función que nos encantou e que resultou ser unha sorpresa. Que pedazo de artistas estas tres mozas!
Queremos dar as grazas ao concello de Lalín por sufragar a actividade.



 E tamén na prensa:



luns, outubro 24, 2016

Homenaje a las Bibliotecas. Mota del Cuervo 24 de octubre 2016

Sabedes que ocorre nas bibliotecas cando pechan e os lectores descansan? Na Biblioteca Mota del Cuervo, Óscar Cid e Ángel Moreno puideron gravalo
#DíaDeLaBiblioteca

Día das Bibliotecas Escolares

Conto poético de Liliana Cinetto:

Cuentan que cuentan que había
una vez una princesa
que vivía en un estante
de una vieja biblioteca.
Su casa era un cuento de hadas,
que casi nadie leía,
que estaba entre un diccionario
y un libro de poesías.
Solamente algunos chicos
acariciaban sus páginas
y visitaban a veces
su palacio de palabras.
Desde la torre más alta,
suspiraba la princesa.
Lágrimas de tinta negra
deletreaban su tristeza.
Es que ella estaba aburrida
de vivir la misma historia
que de tanto repetir
se sabía de memoria:
la bruja que la hechizaba
por envidiar su belleza
y el príncipe rescatándola
y casándose con ella.
Cuentan que cuentan que un día
justo en el último estante
alguien encontró otro libro
que no había visto antes.
Al abrir con suavidad
sus hojas amarillentas
salió un capitán pirata
que estaba en esa novela.
Asomada entre las páginas
la princesa lo miraba.
Él dibujó una sonrisa
sólo para saludarla.
Y tarareó la canción
que el mar le canta a la luna
y le regaló un collar
hecho de algas y espuma.
Sentado sobre un renglón.
el pirata, cada noche,
la esperaba en una esquina
del capítulo catorce.
Ella subía en silencio
una escalera de sílabas
para encontrar al pirata
en la última repisa.
Y se quedaban muy juntos
hasta que salía el sol,
oyendo el murmullo tibio
del mar, en un caracol.
Cuentan que cuentan que en mayo
los dos se fueron un día
y dejaron en sus libros
varias páginas vacías.
Muchos otros personajes
ofendidos protestaban:
–Las princesas de los cuentos
no se van con los piratas.
Pero ellos ya estaban lejos,
muy lejos, en alta mar
y escribían otra historia
conjugando el verbo amar.
El pirata y la princesa
aferrada al brazo de él
navegan por siete mares

en un barco de papel.

domingo, outubro 23, 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (VII)

Noa Villar Gallego, de 3º de ESO, realiza este booktrailer sobre a súa lectura Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz.


Así celebramos o Día das Bibliotecas EScolares

Por segundo ano consecutivo, e grazas á colaboración do concello de Lalín, todas as bibliotecas escolares do concello celebrarán xuntas este día tan especial. E como o faremos? Acudindo ao teatro. O alumnado de 6º  de primaria de todos os coles e o de 1º da ESO dos dous IES iremos ao Auditorio de Lalín para gozar con "A panadaría".



sábado, outubro 22, 2016

Biblioteca, territorio da pintura

Dende o IES San Paio, arte e biblioteca.


O mundo das bibliotecas segundo algúns pintores e ilustradores  

               

Biblioteca Escolar - Territorio das Artes



"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

venres, outubro 21, 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (VI)

Trece anos de Branca é o libro escollido por Martín Soto, de 3º de ESO, para facerlle a súa homenaxe a Agustín Fernández Paz.



Día da Biblioteca




"Un vagalume é unha illa diminuta extraviada na noite máis densa. Cen vagalumes, unha constelación misteriosa que marca o rumbo cara a outros universos. Así, con esa estratexia de luz, organízanse os libros que moran nas bibliotecas. Son aloumiños fosforescentes que incendian os soños e recompoñen os corazóns grises ata facelos recobrar o seu vermello brillante. Calquera individuo que padeza a síndrome do corazón gris, debería poñerse en mans dun experto e visitar unha biblioteca. 
Para escribir un libro, ademais de facer malabarismos coas palabras hai que ser unha desvergonzada ou un tolo. Un atrevido, unha excéntrica descontrolada! Levar un calcetín de lunares, outro de raias e os pelos de punta. Unha crista como as das cacatúas sería un peiteado ben interesante para un escritor. Só as mentes máis disparatadas son aptas para escribir libros. Mais para custodialos non chega con ter un desaxuste nos cables cerebrais. É indispensable ser de fóra. Un extraterrestre. As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza chea de plans fantásticos. 
Alguén me contou o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande. A min encantaríame vestirme para tal ocasión coma o personaxe dalgún libro, sentar na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo, e agardar a que viñesen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda. Atreyu, Drácula e ata Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros. Sombreiros! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, engaiolada polas cores e formas do meu chapeu:
—Sombrereira tola, que festa tan marabillosa! Sería tan amable de servirme unha taza de té?
Eu serviríalla con moito gusto, poñendo cara de muller refinada, e logo as dúas faríamos a un tempo ruído ao tragar. Soaría algo así como glup glup glup. E antes de que nos dese tempo de botarnos a rir de xeito desenfreado, aparecería o bibliotecario, como xurdido da nada, que para iso posúen a facultade de materializarse diante de ti no momento máis inoportuno, e nos advertiría de que as bibliotecas non son lugares aptos para ir merendar. Hai que recoñecer que son únicos custodiando tesouros. Extraterrestres co corazón vermello e brillante. Que cousa tan fantástica. Feliz Día das Bibliotecas!"


Por iniciativa de la Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración con el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, se celebra el DÍA DE LA BIBLIOTECA, con el objetivo de concienciar a la sociedad de la importancia de la lectura y como homenaje y reconocimiento a la labor de los biblitoecarios/as.

Cada año se encarga a un escritor y a un ilustrador, ambos de reconocido prestigio, la redacción del pregón y el diseño del cartel que se difunde entre todas las bibliotecas de España, asociados e interesados. Este año las autoras seleccionados son Ledicia Costas y Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente.

mércores, outubro 19, 2016

Bala perdida en Kamishibai

Manolo Rivas tamén foi espectador, non só protagonista, o día da súa visita ao noso centro. Puido gozar coa transformación do seu libro Bala perdida en Kamishibai, algo que el non coñecía, así que o noso orgullo foi dobre!!!
Ademais, vimos como no seu Twitter falaba precisamente desta actividade.




Presentación a modo de contiño da obra Bala perdida do escritor Manolo Rivas

 Todo comeza a bordo do Zaratrustra con Herr Doktor ao temón, cando aparece utro barco na sombra disposto a facerse cos mandos do Zaratustra.
A pesar dos intentos de Herr Doktor por evitalo, finalmente o barco misterioso consegue facerse co seu obxectivo, e Herr Doktor promete vinganza.
Mentres inspeccionan a nave, descobre uns anacos de madeiro que agochaban un tesouro maldito: o ouro nazi!

 Ao mesmo tempo, noutra parte da cidade de Atlán, na redacción do xornal "Celtic News", traballa a xerente Rosa, tamén coñecida como "Ganso Salvaxe". 
Aparecereon uns estraños personaxes preguntando por ela. Dixéronlle que tiñan que levala a bordo do Barco "Liberdade", capitaneado por Bala Perdida.
Ela aceptou, dubitativa, dado que ese pirata era coñecido por ter comido a súa propia perna.

Ao chegar ao barco recibírona cunha copiosa cea de benvida, tras a cal organizouse unha gran festa. Inesperadamente, espertou escoitando de fondo unha canción moi coñecida para ela: "NON HAI NADA, PAI, COMO DOCE COLO DA NAI, TODO FOI A PIQUE, TODO O GASTEI, BAILANDO NA CASA DE MARY STAND BY.
Ao día seguinte navegaron ata unha misteriosa cova, que escondía un tesouro que permanecera agochado baixo o chan durante moito tempo. Ese tesouro eran uns lingotes de ouro co símbolo nazi. Bala Perdida explicoulle que o ouro estaba feito maioritariamente dos dentes de ouro dos prisioneiros do campo de concentración e pediulle que escribise un artigo no que, en forma de conto, puxera unha mensaxe para o congreso mundial.

 Herr Doktor, realizando a vinganza prometida, secuestrou a Rosa nun manicomio chamdao "O salgueiro tranquilo". Alí tíñana retida sen comer e coa única compaña dunha muller con perruca. Rosa enganouna dicindo que coñecía unha empresa de crecepelos e, dándolle o enderezo do "Celtic News" deixoulle unha mensaxe para que a viran os seus compañeiros.
Finalmente, coa axuda de Bala Perdida e os demais piratas consegue fuxir.


 Unha vez fóra do manicomio, Bala Perdida, díxolle a Rai que levara a Rosa á cidade xa que eles tiñan que marchar canto antes. Bala Perdida mirou a Ros e ela deuse conta de que tamén chovía no seu corazón, Rosa só quería abrazalo e dicirlle: "Tío Isaac, dime que es ti". Pero comprendeu que non debía facer iso. Cando ían na furgoneta Rai mirouna cun sorriso e Rosa bicou os seus beizos, decidida.


 Despois, durante unha semana o "Celtic News" volveu ao seu ritmo normal. Un homiño baixiño chegou ao xornal; tiña aspecto inofensivo, preguntaba por Ganso Salvaxe e díxolle que el e os seus amigos se facían chamar: o congreso mundial.
Rosa con orgullo pensou para si mesma: MISIÓN CUMPRIDA!!!



Moitas grazas a todas e a todos pola vosa atención. Esperamos que fose do voso agrado e... Moitas grazas ao autor orixinal por acompañarnos no día de hoxe.

martes, outubro 18, 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (II)

Segunda entrega da nosa particular homenaxe a Agustín. Este booktrailer é de  Corredores de sombra e mándanolo Daniel Souto Froján, de de 3º ESO-B.

luns, outubro 17, 2016

Día das escritoras



Sandra Ferrer Valero. Periodista y escritora apasionada por la historia de las mujeres. Autora del libro “Mujeres Silenciadas en la Edad Media”, escribe desde hace más de cinco años la página www.mujeresenlahistoria.com. A propósito de la celebración del Día de las Escritoras, nos cuenta un poco más sobre esta iniciativa: Si nos paseáramos un día cualquiera por una librería escogida al azar con toda probabilidad encontraríamos una diferencia sustancial entre libros rubricados por hombres y por mujeres. Como en muchos otros ámbitos sociales y culturales, las diferencias de género continúan siendo abrumadoras. Para intentar mitigar esta discriminación literaria, varias asociaciones e instituciones de renombre han impulsado la celebración del Día de las Escritoras.
Con el objetivo de visibilizar a las autoras de todos los géneros, la Biblioteca Nacional, la Asociación Clásicas y Modernas y la Federación Española de Mujeres Directivas decidieron poner en marcha un día dedicado a las plumas femeninas. La fecha establecida se ha decidido en función de la celebración de la festividad de Santa Teresa de Jesús, el 15 de octubre. El Día de las Escritoras tendrá lugar a partir de este año el primer lunes después de dicha festividad. A la iniciativa ya se han sumado muchas asociaciones de toda España y de otros lugares del mundo como México.
Celebrar el Día de las Escritoras supone poner de manifiesto la importancia de las mujeres en el mundo de las letras y reivindicar su talento y necesidad de difundirlo. Que de los galardonados por el Premio Nobel de Literatura, haya una diferencia de más de un centenar de hombres frente a poco más de una decena de mujeres; o que el Premio Cervantes sólo lo hayan ganado un diez por ciento de escritoras son datos que demuestran la necesidad de impulsar las letras femeninas.
El acto principal del Día de las Escritoras tendrá lugar en el Salón de Actos de la Biblioteca Nacional en el que se realizará una lectura de textos de escritoras en lengua castellana, catalana, euskera y gallega de diferentes momentos históricos.

En la red se ha impulsado también la promoción del hashtag #LeoAutorasOct para que durante todo el mes de octubre vayan aflorando nombres y títulos de autoras cuya labor merece ser reconocida.

domingo, outubro 16, 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (I)

Comezamos a nosa particular homenaxe ao máis prezado e entrañable escritor da nosa LIX, un home sensible a quen seguimos a botar de menos. Toda a ESO do IES Laxeiro está a lelo, porque pensamos que é a mellor homenaxe que coidamos podemos facer. Pero ademais, o alumnado de 3º e 4º vainos traer a súa obra dun xeito especial.
E Roberto Agra, de 3º ESO-B, é o primeiro en achegarse a este espazo, polo que lle damos as grazas dun xeito especial. El escolleu ler Tres pasos polo misterio e mándanos este booktrailer:


venres, outubro 14, 2016

"Bala perdida" en álbum ilustrado (2º ESO)

O alumnado de 2º de ESO (comandado pola súa profesora Cruz Buján) realizou este álbum ilustrado sobre a obra de Manolo Rivas, "Bala perdida", outro dos agasallos que recibiu o día da súa visita, o 7 de outubro.

xoves, outubro 13, 2016

"Bala perdida" en álbum ilustrado (1º ESO)

O alumnado de 1º de ESO (comandado polo seu profesor Manuel Busto) realizou este álbum ilustrado sobre a obra de Manolo Rivas, "Bala perdida", un dos moitos agasallos que lle fixemos e un dos que máis apreciou por ser obra do seu lectorado.

sábado, outubro 08, 2016

... E Rivas namorounos

Chegou arfando, coma se viñese en bicicleta en lugar de en coche. Dera unhas cantas voltas por Lalín... E comezou a falar, a conquistarnos coa modulación da súa voz, coa súa humildade, co seu sorriso continuo. Mesmo intuímos que se emocionou ao ver todo canto tiñamos feito para el.

Xa na beirarrúa ficou pampo:



A obra da nosa artista, Mar García, feita en carboncillo, foi convertida para recibilo. E gustoulle, tanto que logo diría que foi recibido por "un señor que era idéntico a el".
Logo, o patio. O traballo dos días anteriores deu o seu froito, cónstanos o seu abraio. "Pero se isto é unha performance". E é que as súas obras déronnos pé para facer unha homenaxe moi gráfica:






No patio tamén estaba a información que o alumnado puido ler estes días: a súa biografía, os seus artigos, o seu traballo, os seus gustos... E a aportación de Elsa:









Por suposto, tamén no patio unha exposición dos libros que escribe, dos que le, e da revista "Luzes" da que é coeditor:





Chegamos ao Salón de actos cun alumnado de Bacharelato expectante. E a música comezou a sonar mentres el se achegaba ao lugar reservado para el, para Noelia, a súa presentadora, e para Tamara, a nosa voz, que nos volveu a emocionar.



Logo, el tomou a palabra. E a palabra conquistounos. Falou do poder da Literatura, do poder dos contos orais, e da súa necesidade; contounos contos e salferiunos con anécdotas persoais. Referiuse ao poder que outorga nomear os lugares, as súas viaxes como xornalista...


Logo, a descuberta da placa que leva o seu nome. Obra de Mar García (témola sobreexplotada) e a lectura dun poema. Entrega de agasallos. Música do noso cuarteto de corda:







Con pouco tempo para un descanso cafeteiro, pasamos a reunirnos co alumnado de 1º e 2º da ESO. Cada curso elaborou un álbum ilustrado sobre a súa obra "Bala perdida" dirixidos por Busto e Cruz. Ademais, un grupo de 2º da ESO, grazas a esta profesora, ofreceulle esta mesma obra en Kamishibai, un xeito de contar que el descoñecía!:





E tamén asinou libros, claro:



E o noso libro de visitas conta coa súa pegada:


Á noite, cansa, saín dar un paseo. Topei a dúas das miñas nenas do Club. E pregunteilles, claro. "Encantounos! É súper-riquiño! E a el tamén lle gustou todo o que había, notábase emocionado!!!", contestoume Alba.

Agardamos que así sexa. Para nós, un ano despois de experimentar con Ángel Carracedo o valor da humildade do xenio, foi outra xornada máis para constatar que os grandes son aqueles que non presumen, que sabemos imprescindibles sen que eles así o recoñezan. Cómprennos as palabras de Rivas, e tamén cómpre o seu exemplo, ese de quen ten o poder da palabra e de quen non o sabe ou de quen realiza "unha doazón do ego ao Chuac".


Sen o equipo de biblioteca (sen Cruz, sen Pilar -as tres Marías, seica-, sen Noche, sen Xabier, sen Pilar Valladares, sen Emilia), sen as artistas Mar e Elsa, sen Busto, sen Ana e Álvaro, sen un equipo directivo que non cuestiona e confía, nada disto sería posible. Grazas, moitísimas grazas. E grazas tamén ao Concello de Lalín e á súa concelleira de Cultura, que nunca di que non ás miñas peticións. A presenza da vaca e dos paneis son a súa particular achega.

E grazas ao alumnado por comprender que estaban a vivir un día importante.

Grazas, Manuel Rivas, por permitir crear un lazo duradeiro connosco.


Fotos:
 https://goo.gl/photos/zn4XXamRSQxN81Ra9
https://goo.gl/photos/TPVxNJFrsSK3E8KE7


Todas as fotos:
https://goo.gl/photos/QmErfudjam8Y2odk7


Na prensa:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2016/10/08/reconecemento-a-calidade-literaria-rivas-laxeiro/0003_201610D8C119911.htm


http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/10/08/placa-bardo-montealto/1547450.html

http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/galicia/2016-10-08-72047-placa-para-bardo-montealto.html