luns, xaneiro 30, 2017

Razóns científicas para ler

Artigo publicado en El País:


El informe La lectura en España 2017, encargado por la Federación de Gremios de Editores (FGEE), alerta de que los españoles no conseguimos aumentar nuestro nivel de lectura, pues estamos estancados en cifras que indican, según el último barómetro del CIS, que cerca de un 40% de los ciudadanos no leyó ni un libro en 2015. Ante esta situación el Gobierno parece tener en ciernes un Plan Nacional de Fomento de la Lectura incluido en el llamado Plan 2020 de acción cultural. Démosle pues al Gobierno y su Ministerio de Cultura argumentos científicos, particularmente desde la neurociencia, para seguir adelante con ese plan y llevarlo a cabo con éxito.
La lectura es uno de los mejores ejercicios posibles para mantener en forma el cerebro y las capacidades mentales. Es así porque la actividad de leer requiere poner en juego un importante número de procesos mentales, entre los que destacan la percepción, la memoria y el razonamiento. Cuando leemos activamos preferentemente el hemisferio izquierdo del cerebro, que es el del lenguaje y el más dotado de capacidades analíticas en la mayoría de las personas, pero son muchas más las áreas cerebrales de ambos hemisferios que se activan e intervienen en el proceso. Decodificar las letras, las palabras y las frases y convertirlas en sonidos mentales requiere activar amplias áreas de la corteza cerebral. Las cortezas occipital y temporal se activan para ver y reconocer el valor semántico de las palabras, es decir, su significado. La corteza frontal motora se activa cuando evocamos mentalmente los sonidos de las palabras que leemos. Los recuerdos que evoca la interpretación de lo leído activan poderosamente el hipocampo y el lóbulo temporal medial. Las narraciones y los contenidos sentimentales del escrito, sean o no de ficción, activan la amígdala y demás áreas emocionales del cerebro. El razonamiento sobre el contenido y la semántica de lo leído activan la corteza prefrontal y la memoria de trabajo, que es la que utilizamos para resolver problemas, planificar el futuro y tomar decisiones. Está comprobado que la activación regular de esa parte del cerebro fomenta no sólo la capacidad de razonar, sino también, en cierta medida, la inteligencia de las personas.
La lectura, en definitiva, inunda de actividad el conjunto del cerebro y refuerza también las habilidades sociales y la empatía, además de reducir el nivel de estrés del lector. En ese sentido debemos resaltar el excelente trabajo de revisión del novelista y psicólogo Keith Oatley, de la Universidad de Toronto, Canadá, recientemente publicado en la revista científica CellPress y titulado Fiction: Simulación of Social Worlds (Ficción: Simulación de mundos sociales), destacando que la literatura de ficción es la simulación de nosotros mismos en interacción. Tras un riguroso y elaborado repaso de datos y consideraciones sobre psicología cognitiva, Oatley concluye que ese tipo de literatura al ser como una exploración de las mentes ajenas hace que quien lee mejore su empatía y su comprensión de los demás, algo de lo que estamos muy necesitados. Esa conclusión es además avalada por neuroimágenes, es decir, por datos científicos que exploran la actividad cerebral relacionada con ese tipo de emociones. La ficción que incluye personajes y situaciones complejas puede tener efectos especialmente beneficiosos. Así y como ejemplo, un trabajo recientemente publicado muestra que la lectura de Harry Potter puede disminuir los prejuicios de los lectores.
Todo ello sin mencionar la satisfacción y el bienestar que proporciona el conocimiento adquirido y cómo ese conocimiento se transforma en memoria cristalizada, que es la que tenemos como resultado de la experiencia. El libro y cualquier lectura comparable son, así, un gimnasio asequible y barato para la mente, el que proporciona la mejor relación costo/beneficio en todas las edades de la vida, por lo que debería incluirse en la educación desde la más temprana infancia y mantenerse durante toda la vida. Cada persona debe elegir el tipo de lectura que más le motiva y conviene. Los niños deben ser estimulados a leer con lecturas adecuadas a su edad y los mayores deben procurarse todo el auxilio que requieran sus facultades visuales para poder seguir leyendo y manteniendo en forma su cerebro cuando envejecen. Un motivo añadido para que los mayores sigan leyendo es la plausible creencia de que no somos verdaderamente viejos hasta que no empezamos a sentir que ya no tenemos nada nuevo que aprender.

BRAM STOKER´S DRACULA: LITERATURE AND CINEMA

A profesora Laura Lojo da Facultade de Filoloxía Inglesa da USC compartiu hoxe, luns 30 de xaneiro, co alumnado de bacharelato, unha amena charla didáctica sobre o personaxe de Drácula creado polo escritor e novelista irlandés Bram Stoker, ademais de contextualizalo na súa época.




sábado, xaneiro 28, 2017

FORMACIÓN DE MEDIADORES ESCOLARES

Durante este mes de xaneiro, alumnado e profesorado do IES Laxeiro estamos a formarnos con Atalaia.Social como futuros mediadores/es escolares.
Levamos xa 3 sesións nas que estamos aprendendo como clarificar problemas, establecer normas para a mediación, practicando estratexias asertivas, de escoita activa, a formular mensaxes tipo "eu…" con dinámicas e exemplificacións.






venres, xaneiro 27, 2017

Fatima Mernessi

Dende o blogue da Biblioteca de Campolongo traemos este estupendo artigo:


Proposta para traballar o Día da Paz  nas Escolas Asociadas Unesco da Galiza



(Fátima ou Fatema Mernissi; Fes, 1940) Escritora marroquí, unha das voces máis relevantes da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial en estudos coránicos. Fátima Mernissi naceu en 1940 nun harén. Pertencía a unha familia acomodada, dona de grandes extensións de terra e fiel ás tradicións.   (Ver Citas) -  (Discurso da Entrega do Premio Principe de Asturias ás Letras 2013)
A infancia de Mernissi son recordos dun patio cadrado rodeado de columnas de mármore e azulexos e cunha fonte no centro. Catro enormes salóns abríanse a este espazo: o da súa familia, o da avoa paterna, o dos seus tíos e os seus sete primos e, por último, a sala onde os homes comían, escoitaban as noticias na radio, pechaban negocios e xogaban ás cartas. No piso superior habitaban as tías divorciadas e viúvas cos seus fillos. Todas as xanelas abríanse ao patio. Ningunha daba á rúa.
Nesta ampla vivenda pechada ao exterior non había eunucos nin escravos nin belas mulleres reclinadas voluptuosamente: o harén imperial otomán que chegou a Occidente a través da pintura e as películas desapareceu en 1909. No seu lugar quedou o harén doméstico como o que Fátima Mernissi viviu na súa infancia e describiu máis tarde en "Sueños en el Umbral".  "Memorias dunha nena do harén " (1994), foi a súa única obra narrativa e unha das máis aclamadas pola crítica internacional.

Filla e neta de mulleres analfabetas, Fátima Mernissi falou só árabe ata os vinte anos. Decidida a traspasar, entre outras, a barreira do idioma, non só aprendeu varias linguas senón que case nunca escribiu na propia. Ata a guerra do golfo Pérsico, en 1991, escribiu en francés. Desde entón, cun sentido pragmático, falou en inglés.

Mernissi licenciouse en ciencias políticas en Marrocos e proseguiu os seus estudos cunha bolsa na Universidade da Sorbona, en París. Máis tarde, obtivo o doutoramento en socioloxía na Universidade de Brandeis (Estados Unidos) e, de volta ao seu país, pasou a exercer de profesora na Universidade de Mohamed V de Rabat e dedicouse á investigación no Centre Universitaire da Recherche Scientifique da capital marroquí. Tamén nesa cidade dirixía un Taller de Escritura.

Defensora dos dereitos da muller

Ao regresar a Marrocos nos anos setenta tras completar os seus estudos no estranxeiro, Mernissi deuse conta de que, máis que converterse en experta no seu traballo, o que necesitaba primeiro era defender os seus dereitos para estar plenamente nese traballo, e para iso tivo que volver revisar os textos coránicos.

Tras un minucioso estudo das diferentes versións do Corán, Mernissi lanzou o seu máis soada afirmación: o profeta Mahoma fora un home feminista e moi progresista para a súa época, e non foi el, senón outros homes, quen empezou a considerar ás mulleres como persoas de segunda clase. Escribiu "O harén político" con estas teorías, enfureció ao réxime e o libro converteuse no único libro prohibido en Marrocos (aínda hoxe), aínda que noutros países musulmáns, como en Siria, obtivo gran éxito. "El velo y la élite masculina" , publicado en 1987, foi outro dos seus estudos censurados en Marrocos e nalgúns países musulmáns. A socióloga marroquí foi tamén una das primeiras en dicir publicamente que a educación da muller nos países en vías de desenvolvemento é o mellor anticonceptivo existente.

Seu é un dos primeiros estudos realizados a principios dos anos oitenta no que se demostraba cientificamente a correlación entre a alfabetización da muller e o índice da natalidade. En Marrocos, por exemplo, e tal como ela mesma explica no seu libro "Marrocos a través das súas mulleres" , de cinco fillos nas mulleres non alfabetizadas pásase a dúas nas alfabetizadas. As súas investigacións neste sentido foron de gran utilidade para as comisións especializadas das Nacións Unidas.

Noutro dos seus libros traducidos en España, "O poder esquecido",  "As mulleres ante un islam en cambio", recompilou unha serie de artigos escritos nos anos oitenta e principios dos noventa que tentaban responder, desde diferentes ángulos, á pregunta que a obsesionaba por aquel entón: por que os Estados árabes son tan hostís ás mulleres? Por que non as poden ver como forza motriz do progreso? «Non comprendín o misterio da hostilidade estatal cara á muller -afirmou nunha ocasión- ata que estalou a guerra do golfo Pérsico. Foi entón cando se viu claramente que non se trataba dunha guerra contra a feminidade senón dunha guerra contra a democracia.»

Loitadora infatigable
Mernissi compaxinou as súas múltiples actividades en Marrocos co seu traballo como escritora e as incontables invitacións que recibe de todo o mundo para dar conferencias e presentar os seus libros (toda a súa extensa obra foi traducida a varios idiomas e moitos dos seus títulos son textos obrigatorios no ámbito universitario).

O seu entusiasmo, como a súa risa, é unha das súas características máis destacadas. Tiña unha estraña capacidade para tomalo todo con imbatible ánimo, para converter unha derrota nun triunfo. Como, por exemplo, o tema da súa imaxe. Fátima procurou non saír na televisión e poucas veces se deixa retratar nos xornais e as revistas de maneira que o seu rostro sexa reconocible: afai poñerse un pano ou a taparse un ollo ou a boca ou algunha parte da cara.

Sen dúbida, esta é unha medida de prudencia máis que necesaria para os tempos que corren. Pero Fátima négase a admitir esa limitación da súa liberdade, o recoñecemento da presión dos integristas musulmáns, e prefire dicir que lle gusta manter o anonimato para poder investigar mellor e non ser recoñecida pola rúa e que ao retratarse así está a construír un símbolo da situación da muller árabe, que non é do todo libre para falar, ver e ser, á vez que converte os seus retratos nunha parte máis da súa loita e da súa mensaxe.  Arigo traducido da páxina Biografías ...

xoves, xaneiro 26, 2017

Agir contre le harcèlement à l'École

Vídeos que forman parte dun programa que se desenvolve en Francia contra o bullying.

Parecéronme moi bos, e poderedes velos aquí.

Déixovos dous:




luns, xaneiro 23, 2017

Daisy Chain

 Marabilloso vídeo contra o bullying  e unha páxina que paga a pena. Ten unha pega: a lingua. Pero como sodes moi listiñ@s seguro que non tedes problema de lectura!!!

Varias veces temos falado deste gravísimo problema.




Buttercup Bree era unha nena pequena particularmente amable,
o que máis lle gustaba neste mundo
era coller, desfollar, xirar e darlle voltas ás flores que recollía no seu camiño e coas que facía guirnaldas.
Levounas ao patio, onde esperaba compartilas cos rapeces.
Mais o patio levaba anos baleiro sen lugar para os seus "hurras e vivas".
Onde estes nenos saltaban e se columpiaban, un tobogán facía acenos e os bambáns só colgana.
Buttercup mirou acar aquí  e acolá, quizais as guirnaldas de margaridas trouxeron algo de vida.
Puxo unhas cantas no tobogán, e só con iso xa parecía sorrir.
Mais ollos ciumentos andaban preto, abusóns con plan ruín.
As abusonas rodárona nun círculo e odio e xuntáronse cun escuro plan.
Colleron as guirnaldas, desfíxeronas, e botaron a Buttercup ao chan; tiráronlle unha foto, riron con rexouba e colgárona da árbore máis achegada.
As abusonas seguiron o seu camiño deixando consternada á pobre Buttercup.
Mais uns ollos amables pousaron nela. Un rapaz pequeno, Benjamín. Rompeu as súas cadeas ata certo punto, defendouna e liberouna.
"Non chores, ti es forte. Non é culpa súa, é que non saben máis, ninguén lles ensinou. Nós somos diferentes, especiais, ti e mais eu, o mundo parece estar contra nosa"
Un rapaz pequeno con grandes ideas viñera para axudala a aplastar os seus medos.
Benjamín sostivo un dente de león e compartiuno co ceo.
Non está soa, así que non teñas medo. Un problema á metade é un problema compartido.
Buttercup recolleu as súas margaridas e á fronte veu a súa fotografía. Estaban esparexidas ata onde lles chegaba a vista, colgadas en cada unha das árbores.
Buttercup e Benjamín adentráronse no bosque e recolleron todas as fotos posibles.
Ao día seguinte Buttercup tivo unha gran idea, compartir amor co patio que estaba sumido no terror.
Ensináronlle ás abusonas o poder de compartir e axudaríalles a ver o mundo coma novo.
No patio, Cuttercup coseu e encordou, as súas guirnaldas de margaridas arranxarían a diversión.
Arranxou o carrusel, os bambáns e as barras de ximnasia. As súas flores crearon un lugar de ensoño.
Aínda así, as abusonas rodéarona no seu círculo de desgracia. Non lles gustabam as súas parvadas.
Mais cando extendían os seus brazos cara a ela, Buttercup cravou a mirada nelas: "non sigades aos que rompen as regras, só formads unha cadea de idiotas. Compartir non debe doer, debe axudar".
Agardaron un momento e miraron en derredor e así viron como Buttercup arranxara o patio.
Hai sitio para todos, así que medrade, xogade e deixade as queixas. Teño máis margaridas para entrelazar, ensinareivos e así creredes.
Apreta unha, empurra outra, xúntaas e dúas converteranse nunha soa.
As abusonas sentiron o aguillón da vergoña e preguntaron se se podían unir ao xogo.
Guirnaldas de margaridas para todos as viran, compartindo o amor de Buttercup Bree.
E a quen Buttercup máis esperaba, o amigo que parara a dor. Apareceu Benjamín. Tocou a súa cara.
"Mira como cambiaches este lugar"

domingo, xaneiro 22, 2017

Pantallas amigas no Laxeiro (III)

Prevención de violencia de xénero no contexto dixital

A psicóloga Arrate Emaldi de Pantallas Amigas traballou este martes 17 de xaneiro co alumnado de 1º ESO, na concienciación e prevención da violencia de xénero dentro das redes sociais.

PantallasAmigas é unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o  fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e adolescencia. A charla tamén foi impartida noutros centros grazas á colaboración da oficina de Igualdade do concello de Lalín.

Podedes ter información complementaria consultando http://www.pantallasamigas.net/








sábado, xaneiro 21, 2017

QUËROTE+: afectividade e sexualidade

Laura López, psicóloga do Quérote+ de Ourense, volve a colaborar con nós neste curso: o mércores 18 e o venres 20 de xaneiro, impartiu o obradoiro de “afectividade e sexualidade na adolescencia” co alumnado de 3º ESO.
O Quérote+ depende da consellería de Xuventude,  e presta un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.


Máis información consultade: http://xuventude.xunta.es/querote-mais.html





venres, xaneiro 20, 2017

Procuránse valientes

 Baseándose no método KIVA finlandés contra o bullyin que pon o acento nas persoas que están a carón do acosador ou do acosado, chega este rap de "El Langui"

                        www.sebuscanvalientes.com

 

xoves, xaneiro 19, 2017

Turbulencia en Van Gogh




Procurando información na rede sobre arte e misterio, topei este interesante artigo que interpreta unha das máis famosas pinturas de Van Gogh:




mércores, xaneiro 18, 2017

Charla informativa da UVIgo

O luns 16 de xaneiro estivo con nós Ricardo Corderí, xefe de negociado a Uvigo, para explicarnos a oferta educativa dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, así coma novidades respecto da proba de acceso á universidade, becas de estudos, residencias universitarias…

O alumnado de bacharelato e 2º CS de administración e finanzas e mecatrónica industrial, asistiu á charla, que esperamos poder repetir bianualmente.




martes, xaneiro 17, 2017

Leonardo da Vinci: a representación gráfica das súas ideas

Todos e todas coñecemos moitas das súas pinturas (A última cea, Monalisa, O home de Vitruvio, A dama do armiño, A virxe das rochas…) e mesmo nos soan algúns dos seus inventos (ideas de prototipos de submarino, helicóptero… avances en hidrodinámica, óptica…).
O alumnado de 4º ESO de EPV , de 1º Bac de Debuxo técnico e de Historia da Arte, coñeceron isto e moito máis, da  man do profesor Francisco Javier López González do dpto. de Enxeñaría Forestal da Escola Politécnica Superior da USC.
 Estivo con nós o venres 16 e agradecémoslle a amena charla divulgativa. 






luns, xaneiro 16, 2017

¿Y si fueras tú?

Este curso formamos parte da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos que promove Amnistía Internacional.
E andamos con esta campaña:

#YOACOJO






“I Welcome” es una campaña mundial de Amnistía Internacional para exigir que los Estados brinden a las personas refugiadas la protección que necesitan y garanticen que sus derechos humanos son respetados. En España la campaña se llama Yo Acojo”.
La campaña pide un lugar seguro para que las personas que huyen de la guerra, el terror, la persecución y la violencia puedan rehacer sus vidas. No solo quienes han tenido que abandonar su hogar en países devastados por los conflictos en África y Oriente Medio. También en América, donde cada vez jóvenes, mujeres y personas gays, lesbianas y transgénero tienen que huir de las bandas, la delincuencia organizada, la violencia de género y los crímenes de odio.

Actualmente hay más de 21 millones de personas refugiadas. Se trata de una crisis de envergadura mundial pero no tanto por la enorme cifra, sino por el lugar donde se encuentran estas personas: unos pocos países se ven obligados a hacer mucho más de lo que les corresponde, sencillamente, por su proximidad a zonas de crisis; mientras que otros, los más ricos, hacen poco o nada.

La inmensa mayoría de las personas refugiadas, el 86%, están en países de ingresos bajos y medios. Más de la mitad se concentra en tan solo diez países. Turquía y Jordania albergan casi tres millones de personas refugiadas cada uno. Etiopía da refugio a más de 700.000 personas y Kenia y Uganda se acercan al medio millón.

domingo, xaneiro 15, 2017

Tecate

Boísima publicidade que lle dá a volta a toda unha tradición machista; a violencia non ten xustificación.


venres, xaneiro 13, 2017

Vivir no cárcere

A miña prezada ex-alumna Victoria Rodríguez Valeije, funcionaria de cárcere en Castellón, tivo a amabilidade de vir ata o noso centro para falar da súa experiencia vital no seu traballo cotián, abraiando ao alumnado con esas experiencias que vive, o porqué, as causas polas que a xente acaba condeada, como se comportan dentro das catro paredes, a droga... Unha experiencia única que interesou a todo o noso alumnado.





mércores, xaneiro 11, 2017

Reto: ler

Como cada novo ano, facémonos propósitos Destacamos este do Huffington Post, que fala de ler cando menos un libro ao mes.



martes, xaneiro 10, 2017

IES LAXEIRO: SOLIDARIO E FINALISTA NOS PREMIOS DE ADEGA

A  reportaxe sobre medio ambiente realizada polo alumnado do Laxeiro  no curso pasado, quedou finalista nos Premios polo Territorio de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), que se enmarca na  súa campaña   por unha ordenación sostible do territorio galego "Ponte no medio. Móvete polo Territorio".
 O 28 de decembro de 2016 foir recollido en nome do centro, por Carmen Novás (xornalista de AGARESO e profesora do obradoiro de televisión do noso alumnado) no Salón de Actos da Deputación . A reportaxe competía na categoría   E TI QUE É O QUE VÉS?.
Aquí vedes o resto do premiados.
1º Premio;
"Atmósfera cotiá" de Millán Castro. 250 euros e diploma.
2º Premio;
"Os xeranios do señor Alfonso" de Alumnado do CPI Virxe da Saleta e David González Gómez. 150 euros e diploma.

FInalistas:
"Canción da hora na que ladran os cas" de Marina Chiavegatto. Diploma.
"Buxaina" de Noa García Peiteado. Diploma.
¿Salvemos Catasós? do Alumnado do obradoiro de televisión do IES Laxeiro. Diploma.

Noraboa ao alumnado que participou no mesmo. Podes ver a reportaxe :

luns, xaneiro 09, 2017

Táboa periódica da ortografía española

Agora que todos os elementos químicos da táboa periódica teñen o seu nome, é un bo momento para presentar a táboa periódica da ortografía:




domingo, xaneiro 08, 2017

El Tunel nº 20

Torre del Bierzo, 3 de xaneiro de 1944.
O maior accidente ferroviario español censurado, visto aquí.


sábado, xaneiro 07, 2017

Mulleres na ciencia

 Dende Mujeres con Ciencia:

Un divertido vídeo de Mache González.
En clave de humor, fálase da ciencia das pioneiras a través de cinco mulleres: a inventora María la Judía, a filósofa Hipatia, a astrónoma Carolina Herschel e as matemáticas Sophie Germain e Maria Gaetana Agnesi.


venres, xaneiro 06, 2017