domingo, marzo 25, 2018

As de 3º deféndense

Para rematar a semana anterior á Semana santa, organizamos un obradoiro de defensa persoal para as alumnas de 3º de ESO, impartido pola ex-alumna Alba Iglesias. 




A foto é do Faro de Vigo.

sábado, marzo 24, 2018

Homenaxe a Chus Pato

Tiñámola pendente e por fin resolvemos. Dende o momento en que a nosa compañeira Chus Pato entrou na RAG, aprobouse en claustro facerlle unha homenaxe. Primeiro foron as obras, logo a premura do tempo... e adiouse ata este xoves día 22, un día despois do Día da Poesía. O centro puxo a música e a voz do alumnado para renderlle unha máis que merecida homenaxe a esta poeta internacional que é compañeira nosa.

















As escaleiras levan os títulos dos seus libros (mesmo dun que aínda está a escribir):




Por suposto, na prensa.

xoves, marzo 22, 2018

Water Planet

Día da árbore e da poesía

O día 21 de marzo celebramos a conxunción do Día da árbore e do día da poesía plantando catro árbores cedidas polo concello de Lalín e lemos oito poemas galegos que falan da natureza. Protagonistas: o alumnado de 3º de ESO A.
Na prensa local.





















luns, marzo 19, 2018

5 motivos para ler poesía

Escribe FRAN ALONSO no seu "Cabrafanada";


No ano 2007 os responsables da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia solicitáronme un texto que animase a ler poesía para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía. O texto, que lin no Mercado de San Andrés na Coruña durante a presentación oficial da campaña, publicouse nos principais medios de comunicación do país e tivo unha excelente acollida nos centros de ensino e nas bibliotecas públicas e escolares. Tituleino 5 motivos para ler poesía. Desde aquela, os meus 5 motivos para ler poesía circulan por internet, en pdf ou copiados nos blogs, espallados polas distintas redes sociais e empregados como recurso didáctico. Non podo máis que agradecer ao profesorado, ás persoas responsables das bibliotecas e aos lectores e lectoras o entusiasmo con que acolleron e compartiron os 5 motivos para ler poesía.
Nestes anos tamén apareceu unha versión que se espallou por distintos blogs e que contén algunha frase que non é miña. Por exemplo, na primeira fase do quinto motivo aparece o seguinte:


«O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala (besito tarantino), senón saber gozala, sentila, e intuíla». 

Evidentemente, eu non son o autor dese besito tarantino, que non figuraba na versión orixinal e que non ten sentido ningún. Ao longo destes once anos, apareceu tamén unha tradución ao castelán, que non fixen eu, e que se espallou por lugares como as bibliotecas públicas españolas

Así que, en vista da excelente aceptación que tiveron os meus 5 motivos para ler poesía, decidín revisalos, actualizalos, e lanzalos de novo nas vésperas do 21 de marzo de 2018.

En consecuencia, poño a disposición de quen o desexe, estes 5 motivos para ler poesía, revisados e actualizados.



venres, marzo 16, 2018

Somos Booktuber (9)

Booktuber do libro "Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros" de  Marilar Aleixandre realizado por Iria Donsión Fernández


xoves, marzo 15, 2018

mércores, marzo 14, 2018

martes, marzo 13, 2018

Somos Booktuber (6)

Booktuber do libro "A praia dos afogados" , do autor galego  Domingo Villar realizado por Noelia Ferreiro Reboredo 


domingo, marzo 11, 2018

Somos Booktuber (3)

A Daniel Souto sempre lle gustou ler fantasía e desta volta indícanos que leamos  "O ladrón de soños" , primeira parte de "O mundo secreto de Basilius Hoffman" de Fernando Cimadevila .

venres, marzo 09, 2018

Pola Igualdade

O 8 de marzo paramos. Pero antes de parar, reivindicamos. E fixémolo con poesía e con música. De mulleres e por mulleres. Fomos as protagonistas

Concentración feminista

8 de marzo. 
As mozas do Laxeiro teñen moito que dicir. Por iso, todas elas saen das aulas, alumnas e profesoras, e acoden á concentración que está convocada ás 12,30 na praza da Igrexa. Moitas pertencemos á nova asociación feminista que se está a crear no Deza: Azos. Todas nós temos azos para cambiar o mundo.
As aulas non quedaron baleiras, non. Quedaron cos mozos e profesores que sabían que era o seu lugar, permanecer traballando mentres nós demostrabamos que podemos parar o mundo.
A biblioteca, en feminino, moi orgullosa das nosas alumnas.



xoves, marzo 08, 2018

Nós tamén paramos!

O día 8 de marzo as mulleres do IES Laxeiro paramos. Como símbolo, os mandís no centro. Pero tamén reflexionamos, e vaia que si. Todas as nenas tomaron os lugares comúns para reivindicar a igualdade.







 

mércores, marzo 07, 2018

Lola



Día 7 de marzo: quentamos motores para o Día da Igualdade. E facémolo con teatro. Teatro a cargo de  Avelaiña Teatro e a obra  LOLA

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.
 O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).
 A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
 David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais.
Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
 Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade.







Grandes Mulleres Galegas na Historia

Dende o IES Pontepedriña:


 
Grandes Mulleres Galegas na Historia from Raquel F on Vimeo.

martes, marzo 06, 2018

Percorrido literario por Italia

O luns 5 de marzo realizamos un percorrido literario por Italia. O motivo? O intercambio cun instituto de Milán. O noso centro recibiu un grupo de alumnas e alumnos xunto con dúas profesoras.
Da man da Literatura universal, en pouco máis dunha hora, percorremos ese país marabilloso.




luns, marzo 05, 2018

Antía Otero

Hoxe recomezamos os Obradoiros de Excelencia para o alumnado de 2º de ESO.
Hai mellor xeito de facelo que con Antía Otero?
E unha novidade: o alumnado do ano pasado foi tan entusiasta que este ano quixo repetir. Así que si, este curso o noso obradoiro é para 2º e 3º de ESO. Porque elas o valen!!!








Curtas pola Igualdade VIII

A diferenza entre o amor e o control
#ThasNotLove


Vía



venres, marzo 02, 2018

Curtas pola Igualdade V

Unha Brancaneves diferente



Un conto tradicional no que se cambian algúns dos tópicos "femininos" como a beleza da muller pola intelixencia ou que a mamá é a que traballa fóra da casa e é a máis intelixente da familia. Asemade, hai outros valores como o esforzo para conseguir os obxectivos ou a solidariedade.





Podemos pararnos nestas cuestións que nos ofrece o blogue do profe Juan: