Amosando publicacións coa etiqueta Guía de Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Guía de Lectura. Amosar todas as publicacións

domingo, marzo 07, 2021

Lendo en igualdade (II)

O club de lectura de 2º de ESO do IES Laxeiro recomenda lecturas feministas e igualitarias, lecturas que son un soporte para a súa sabedoría, lecturas que axudan a estar de determinado xeito no mundo: con ollada feminista.

Lendo en igualdade (I)

 As miñas prezadas alumnas lembran a importancia da lectura, canto aprenden grazas aos libros, canto gozan, canto viaxan, e canto feminismo e igualdade está contido neses libros que poboan o noso espazo bibliotecario do que nos sentimos especialmente orgullosas no IES Laxeiro: O Vestíbulo da Igualdade



xoves, febreiro 16, 2017

O amor, en igualdade

Xa sabedes que dende a biblioteca andamos a argallar para todo este trimestre unha serie de actividades que promovan a caída dos mitos do amor romántico, falando de amor en igualdade e afastándonos da falsa idea do amor eterno e heterosexual como único posible.
Entre outras propostas, unha é o reparto desta guía propoñendo lecturas e filmes "en igualdade".


sábado, decembro 12, 2015

Guía de lectura

O EDLG ESPIÑEIRA-ALDÁN fainos chegar a súa guía de lectura e música para este nadal. Agradecemos enormemente a súa xenerosidade:

martes, xuño 16, 2015

No verán, lemos en galego

Que pensabades, que iades marchar de vacacións sen as nosas recomendacións de lectura? Imposible! Non só queremos que leades, e moito, senón que queremos que o fagades na nosa lingua. A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións -pero si sagas-, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños... cun libro na man. En galego.

Esta guía é un traballo colaborativo entre dúas bibliotecas e dous ENDL de dous centros que distan uns 35 Km de distancia pero que están moito máis preto do que semella: O  IES Chano Piñeiro e IES Laxeiro xuntan forzas lectoras e lingüísticas para vos ofrecer unha guía despregabre que convida á lectura no tempo de lecer máis caloroso.


LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO
LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO

INSTRUCIÓNS


Descarga directa

GUÍA EN ISSUU





venres, xaneiro 02, 2015

A mochila violeta. Guía de lectura infantil e xuvenil non sexista e coeducativa



A Deputación de Granada publicou unha guía de lectura infantil e xuvenil non sexista e educativa titulada La mochila violeta editada tanto en formato papel como en soporte dixital.

la guía está compuesta por cuentos y relatos seleccionados por edades cuyas temáticas rompen con roles y estereotipos de género, muestran la diversidad sexual y la de muchos modelos familiares, refuerzan la autoestima, previenen la violencia de género, visibilizan a las mujeres en la Historia, muestran nuevas masculinidades, trabajan la educación afectiva-sexual, luchan contra la homofobia y, en definitiva, plantean maneras más igualitarias de construir nuestro imaginario tanto a nivel individual como colectivo".

A guía está clasificada por franxas de idade recomendadas, de menos de seis anos, ata nove, entre nove e doce e ata quince anos. Pero...“este no deja de ser un dato orientativo, pues no olvidemos que los libros no tienen edad y que en esta guía se pueden encontrar auténticos tesoros recomendados para todos los públicos, incluidas las personas adultas”.
La mochila violeta” inclúe un apartado con bibliografías e webgrafías relacionadas coas temáticas dos contos e relatos, así como varios capítulos con claves para poder adoptar unha ollada crítica fronte ao sexismo a través da literatura infantil e xuvenil e unha descrición de pautas xerais para unha axeitada elección de lecturas igualitarias.
 

xoves, outubro 23, 2014

Guía Lectura Matemáticas

A guía de lectura que realizamos este curso para celebrar o Día da Biblioteca Escolar arredor das Matemáticas é ben orixinal. Falamos de lecturas matemáticas e falamos dunha guía en forma de cubo. E falamos de colaboración inter-centros, pois a axuda de Anxo do IES Chano Piñeiro é esencial: