Convocamos o IV Concurso Científico Luís Gustavo
luns, decembro 12, 2022
xoves, decembro 01, 2022
Entrega de premios concurso Luís Gustavo
Volvemos a estar co noso Luís. Vaia, el está sempre connosco, témolo nos nosos pensamentos e segue aquí, ese espírito bondadoso que nos asolaga dende que entramos no vestíbulo e ollamos a súa caricatura. Pero onte foi un día especial, porque veu a súa familia, porque Lucía volveu a nos acompañar dende que deixara os pupitres do centro e marchase a seguir o seu brillante futuro, guiado pola súa particular estrela. E foi asemade especial porque entregamos con alegría premios no seu nome, un nome dende xa vinculado á ciencia no noso centro.
A terceira edición estaba dedicada á eficiencia e ao aforro enerxético.
Os/as premiados/as foron:
Algunhas instantáneas do momento:
venres, decembro 17, 2021
Premiada no noso concurso Luís Gustavo
Este venres foi moi especial porque puidemos entregar nun acto moi sinxelo o II Premio do Concurso de Ciencai Luís Gustavo a unha alumna nosa, Uxía Rapado, que cursa arestora 2º de Bacharelato. Moitos parabéns!!!
venres, decembro 10, 2021
Árbore de nadal científica
Un ano máis, sempre con Luís Gustavo no corazó, celebramos o nadal cunha árbore moi especial, a realizada no laboratorio de Ciencias:
xoves, agosto 20, 2020
Un ano sen ti
Un ano xa! 365 días nos que andamos a te procurar, a falar contigo agardando unha resposta que non sempre obtivemos. Seguimos véndote pola rúa, sempre co teu sorriso pícaro e luminoso. Seguiches aquí, nos corredores do Laxeiro, poñendo paz, bailando harmonía.
365 días nos que moitas cousas antes impensables ocorreron. Cantas veces me sorprendín falando contigo, preguntándoche que opinabas nese momento. Cantas veces te botei de menos: cada día ao saír das aulas, porque xa non tiña un compañeiro que me agardase na volta á casa (cargando cos libros ademais!!!). Cada día ao entrar no instituto e saber que non podía cruzar a porta para preguntarche por novos cotilleos do noso prezado alumnado. Cada día, ao mirar o xornal e saber que xa non ías facer o sudoku mentres me acompañabas na biblioteca. Cada fin de semana, cando xa non ías ver o futbol con eles. Cada día, coa túa familia.
Botámoste de menos todos e cada un destes 365 días que pasaron. Eras tan, tan grande, que nada nin ninguén poderá encher ese enorme oco que sementaches no noso corazón. Ás veces paréceme verte aí, convertido nun trasno rideiro e traste, facendo algunha falcatruada... pequeniña, porque o teu corazón é tan xigantesco que es incapaz de facer dano nin por un segundo. Segues aquí, porque así é como queremos terte arestora: nos nosos corazóns, disposto a facernos cóxegas para sentirte. Unha cóxegas doces e amargas que nos lembran, unha e outra vez, a túa ausencia real.
365 días de abandono. A luz da biblioteca non brillou coa mesma intensidade. Os corredores foron marcados sen as túas alancadas. A árbore de nadal non tivo anxiño. A beirarrúa non foi pisada polos teus pasos. E o acivro camiña lento ao ceo na túa procura.
Coido que estás nas galaxias ollándonos. Orgulloso da túa Lucía, a quen tanto queremos. Tentando que elas, sempre elas, sintan a túa man silenciosa, agora opaca, sempre presente. Ás veces as bágoas non deixan verte con claridade. Maldita a tristura desta nostalxia infinita!
mércores, xaneiro 08, 2020
martes, decembro 17, 2019
Árbore de nadal científica
domingo, novembro 17, 2019
Máis alá da aula
Na prensa:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2019/11/17/luis-gustavo-corazon-laxeiro/0003_201911D17C3991.htm
https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/11/17/o-ies-laxeiro-lembra-ao/2203775.html
sábado, novembro 09, 2019
Cita ineludible
domingo, outubro 27, 2019
Lembrándote sempre
E cada día, lembramos miles de anécdotas, pensamos "e agora el diría..." e as bágoas constantes volven a nós.
martes, agosto 20, 2019
Cada día contigo
Chus Pato:
Chorámoste, imoste chorar mañá cando che deamos o adeus derradeiro, seremos centos, a tod@s fuches quen de darnos abeiro
Como non che vai ser a ti leve a terra, a ti que sostiñas o mundo?
Chorarémoste sempre
Belén Taboada Barros:
Esperábasme na porta para dicirme que a ver se algún día chegaba a tempo a clase, viñas de visita a biblioteca e entre a torre de apuntes que tiña na mesa soltabas un: 'A túa asignatura favorita é o recreo'. Non sabías descargar música e sempre que viaxabas en avión pedíasnos que aumentaramos a túa lista de reprodución. Mil veces che pedín que lle puxeses o meu nome a biblioteca do instituto e hoxe sei que, sen dúbida, debería levar o teu.
Grazas por ser coma un pai durante os dez anos que estiven no Laxeiro, es unha das persoas máis grandes que coñecín na miña vida. Grazas, de corazón, por todo. Que a terra che sexa leve, Luis Gustavo
Paz Vázquez Rodríguez
Cando as persoas que queremos vanse a esa estrela que temos aí arriba sempre falamos do xeniais que eran. Neste caso todo o que din de ti queda curto. E aínda que soe a tópico es tan grande por dentro como por fóra. E BO. Así con maiúsculas, que é o mellor que se pode dicir de alguén.
Sei que che recibirán con alegría na nosa estrela todos os nosos que xa andan por alí , pero ti non deberías de estar aí tan pronto. Non. Aínda que sei que estás cos bos e xenerosos. Coma ti.
Reparte moitos bicos.
Xm Salvador Méijome Sánchez












