Unha das actividades que realizamos no proxecto TEI é a visita ao concello e ao museo para ver a exposición da obra de Manuel Colmeiro:
Amosando publicacións coa etiqueta TEI b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEI b>. Amosar todas as publicacións
mércores, maio 09, 2018
sábado, abril 08, 2017
Xornada de cohesión TEI
Onte desenvolvemos unha xornada de cohesión,
enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos
alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores).
Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos
onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada.
xoves, marzo 23, 2017
Árbores poéticas
Para celebrar o Día da Poesía e o Día da Árbore pedimos a colaboración do concello para que fosen el quen pagase a actividade e nos dixese o lugar axeitado para a plantación, que resultou ser o parque máis próximo ao instituo. Alí, o alumnado de 3º ESO-B e de 1º ESO-B recitou algúns poemas que tiñan como tema en común as árbores. Así, a actividade serviu tamén para xuntar este alumnado do programa TEI e que o recitado se fixese por parellas.
E na prensa:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






