luns, marzo 28, 2022

Coeducámonos

 Asistimos a estas interesantes charlas e obradoiros convidadas polo Concello de Lalín:



Estivemos con Miguel Angel Arconada e os nosos 3º da ESO:



Os 4º da ESO aprenderon e reflexionaron con Marina Marroquí:





sábado, marzo 12, 2022

Espazo Mulleres Creadoras (II)

 E como non, a visita de Miguelanxo Prado foi unha ledicia que nos arrincou sorrisos permanente!



Bos días a todas e a todos!

 

Hoxe volve ser un día especial no noso centro! Celebramos e conmemoramos o Día Internacional da Muller e, asemade,  o Ano Laxeiro.

Non o sabiades? O ano 2022 foi declarado pola Academia das Artes Galegas o Ano Laxeiro. E aquí estamos nós, sentindo que o noso centro leva o nome dun personaxe ben importante!

É por isto que o Departamento de Debuxo (ou sexa, Mar e Elsa) propúxonos ao alumnado de 4º ESO a realización deste proxecto: o Espazo Mulleres Pintoras.

O primeiro paso foi a procura de información sobre a muller na Arte dende una perspectiva creadora. A realidade coa que nos topamos fixo que nos decatásemos de que o papel da muller en calquera ámbito sempre estivo invisibilizado: a falta de información relativa ás artistas, especialmente ás anteriores ao século XX, era plasmable.

E non só isto!: eran criticadas polos seus colegas e denostadas a nivel artístico e intelectual, de aí que non houbese moitas que o intentaran, e de habelas, posuían un nivel socioeconómico que lles permitía este tipo de liberdade, impensable para calquera outra muller, por moitas capacidades que puidese posuír.

Queremos destacar que as artistas no século XX eran rexeitadas como tal, sendo a súa única valoración na sociedade como esposas e amas de casa.

O proxecto foi realizado mediante grupos de traballo organizados en dúas partes: documentación e creación. Tanto a documentación como a creación supuxo un traballo moi enriquecedor na nosa formación.

Por outra parte, queremos destacar a presenza hoxe connosco de Miguelanxo Prado, artista que lle dá nome á nosa aula de plástica, e que hoxe tivo a ben acompañarnos para ser o exclusivo cicerone-mestre de cerimonias. Grazas por vires e grazas por valorar o noso traballo con entusiasmo.

As interpretacións de obras que podedes observar neste espazo son 14 pinturas lideradas pola anana-pintora de Laxeiro, que as presenta, para logo versionar a : 

Berthe Morisot

Sonia Delauney

Suzanne Valadon

Grabriele Münter

Menchu Lamas

Georgia O´Kieffe

Frida Khalo

Maruja Mallo

Tamara de Lempicka

E agora, a gozar! Ah! Podedes acceder ao código QR para informarvos

martes, marzo 08, 2022

ESA voices Chimamanda

 Neste día internacional da muller, o alumnado da ESA do IES Laxeiro recorre a unha obra de Chimanda Ngozi Adichie para explicar por que todas e todos deberiamos ser feministas.

Parabéns a este alumnado polo seu fantástico traballo! (e ao seu profe tamén)



Espazo Mulleres Creadoras

 Si, mañá á mañá é un día ben especial! Porque, ademais, vén Miguelanxo Prado a inaugurar o Espazo Mulleres Pintoras.


Mesa redonda

 Mañá realizaremos moitas actividades. Iremos amosándoas pouco a pouco:




Máis fortes

 Moito que conmemorar. Moito que loitar.

Hoxe é o 8 de marzo.




Xuntas podemos conquistar o mundo

 Mensaxe dunha nosa alumna de 2º de ESO:



luns, marzo 07, 2022