Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua Galega. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 09, 2024

Radar

 Este vídeo parte da iniciativa de nos presentar ao concurso da USC a través da ofinica de Dinamización Lingüística para subtitular títulos científicos na nosa lingua. Pero ante a imposibilidade de realizalo polas bases do propio concurso, decidimos divulgalo a través do noso blogue.

Este é un traballo de Pablo Pérez Gil de 4º de ESO A.



venres, decembro 03, 2021

Un nadal en galego

 Xunto co Equipo de Normalización, elaboramos para o comercio de Lalín estas etiquetas para os agasallos de nadal.



xoves, maio 20, 2021

Radio Laxeiro

Unha radio para ti

 

 O alumnado de 4º da ESO co seu profesor Lucho Penabade realizou unha serie de podscat para emitir na Radio Voz.


A Presentación que realizaron:




Claudia Ferradás e Lara Portela fálannos de Astroloxía:




Ademar Montoto e Pablo Miguélez falan de Ciencia:




Olivia Rodríguez e Nuria Lamazares achégannos á cultura:

luns, maio 17, 2021

Manifesto polo galego. Maio 2018

 

Manifesto polo galego. Maio 2018

Manifesto. Texto. Non deixes arrefriar a lingua

Érache boa!

Se pensabas que os de arriba ían preocuparse polos de abaixo, estabas nun erro. Se crías que a mellor garda para un poleiro era unha raposa, ías de cú. Se soñabas cunha dirixencia comprometida co país, andabas na berza. Porque o corvo nunca foi máis negro cás ás... e porque xa chegou a hora de lle sacudir a polaina aos que esmagan a nosa lingua e a nosa cultura, desde o Ateneo Atlántico chamamos a atención sobre a perda de peso das industrias culturais en Galiza e, nomeadamente, do sector editorial que ten en Vigo o seu lugar de referencia, histórico e económico.

E preguntámonos por que ninguén dá conta da caída -nun 50%!- dos libros publicados en galego, da compra de libros para bibliotecas, das axudas públicas á traducción, das campañas de animación a lectura ou da ausencia de Galiza nas feiras do libro internacionais.

A resposta pode estar en que como cidadanía non nos mobilizamos, nin reclamamos abondo, mais logo laiámonos de que descenda o número de falantes na mocidade. Hai que reaccionar contra o discurso hipócrita e contra a parálise!

Por nós non vai deixar de ser. Daquela...

Chamamos a cidadanía a implicarse nesta causa como algo primordial: porque as ameazas son moito maiores cas oportunidades; porque non podemos deixar esmorecer unha actividade que xera 31.000 empregos e aporta o 2% ao noso PIB; porque se segue o ritmo de caída na valorización e uso da lingua perderemos o elemento identitario máis forte que posuímos; e porque llo debemos aos que a mantiveron viva durante séculos, agochada pero aquecida...

Non deixes enfríar o galego.

Dálle calor. Disfrútao. Fáino medrar.

É unha demanda social e política. Pero tamén é un compromiso persoal.

Imos alá!

martes, abril 21, 2020

mércores, outubro 31, 2018

Samaín

O alumnado de 1º de ESO celebrou o Samaín coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, na aula do seguinte xeito:

Dividimos a aula en grupos de 4 alumnas/-os. Cada un delxs encargouse dunha tarefa:
  1. Buscar información sobre o Samaín para ao final da clase explicarnos ao resto que era o Samaín
  2. Recortar morcegos e arañas.
  3. Deseñar letras coa palabra SAMAÍN
  4. Decorar a aula.




Ao día seguinte pregunteilles que lles suxería a palabras SAMAÍN. Este foi o resultado: nube 




Ademais, terán que entregar un microrrelato de terror.

venres, maio 04, 2018

Anagnórise teatral



O mércores 2 de maio fomos ver a obra de teatro "Anagnórise" baseada na novela do mesmo nome de Mª Victoria Moreno. Un espectáculo orixinal e diferente que nos encantou.



sábado, abril 14, 2018

O deporte galego fala galego

"O deporte galego fala galego", dezasete deportistas de elite do país reivindican a lingua galega neste vídeo realizado para os XX Encontros para a Normalización Lingüística, que tiveron lugar antonte e onte no Consello Da Cultura Galega. #odeportegalegofalagalego

sábado, febreiro 10, 2018

Obradoiro de regueifas



O venres 9 de febreiro excelente este obradoiro que tivo a ben o noso Concello agasallarnos no centro. Unha lección de poesía e música tradicional que non chegou a nada e que desexamos repetir.



martes, novembro 14, 2017

Son Muller

Estas rapazas son o grupo MBCP (Máis Boas Cas Patacas) e cantan "Son Muller", un manifesto, unha crítica, que gañou recentemente o premio de canción Xuvenil da Deputación da Coruña:
 "Se me deixaran, sería o que eu quero ser, libre, independente, resistente e muller"


xoves, xuño 15, 2017

Falando con Ledicia Costas

Ledicia Costas chegou sen avisar. Andaba pola zona e sabía que o noso alumnado a lera. E tivo o grandísimo detalle de vir, non a tomar un café nin a descansar, senón que foi a un montón de clases a presentarse e a falar. Do que eles e elas quixesen. Das preguntas que lle viñesen á menta. Que para iso ten un lectorado fiel que a segue emocionado!!!

venres, outubro 28, 2016

VII Día da Ciencia en Galego

Nós xa estamos a argallar a nosa semana da ciencia en galego. Que non será unha semana debido á ponte vindeira:





A quen lle dedicamos este ano o día da Ciencia en Galego e o seu por que:



Este día da Ciencia en Galego 2016 (ou mes ou ano, segundo o caso e a organización) imos dedicarllo á Bioloxía, unha ciencia á que non lle dedicamos aínda ningún ano.

Ademais a ONU declarou o 2016 ano Internacional dos legumes, dos "pulses", polo que faremos fincapé neses "pulses". Ademais como  resulta que Gregor Mendel traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza. Así que poñemos a temática do descubrimento das leis da xenética como tema a tratar e a Cruz Gallástegui como o galego-vasco que introduce a xenética en España.





Conmemoracións 2016

luns, maio 30, 2016

As Irmandades da Fala

 Dentro do proxecto de divulgación das Irmandades da Fala temos unha serie de vídeos coma este que explica con desenfado que foron as Irmandades.


As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.


Pero hai máis vídeos con entrevistas que fan un percorrido polo que somos e o que non, sempre tomando como referencia as Irmandades:


domingo, maio 29, 2016

iFala

Dende o Facebook de Goretti Sanmartín :

Magnífico e divertido traballo de síntese. Un moi bo guion, un execicio de actualización de referentes estupendo, unha voz que nos conduce de xeito frenético e sen decaer... Parabéns pola iniciativa e por crear materiais de indubidábel utilización didáctica. Esperemos que o ano das Irmandades teña continuidade e que o curso 2016-2017 sexa o momento de aplicar, de distribuír e levar todos estes materiais ás aulas, aos encontros culturais,..., para deixar pouso, para nos reinventarmos a partir deles...
Unha única cuestión para reflexionarmos para o futuro: sendo certo o machismo existente naquela altura (e diferente na súa materialización ao de hoxe, mais con moitos eixos transversais que perviven e están ao noso redor) e, por tanto, a presenza masculina é a que prevalece en toda a actividade sociopolítica nesta altura, fica aínda por afondar ben -e, sobre todo, por divulgar- no papel das mulleres. Moitas delas estiveron nun papel "secundario", nun posto non principal, é verdade. Mais isto tamén acontece porque decidimos que é o prioritario, que é o principal. A relevancia, de maneira especial, das mestras da época, está por estudar. A práctica dunha pedagoxía avanzada, innovadora, era unha revolución na época. Tamén cómpre detérmonos no xermolo das xornalistas. Cada día imos coñecendo máis e máis o papel dalgunhas mulleres. Hoxe xa podemos nomear algunhas. Mesmo algúns labores, como o editorial de Ánxel Casal, non existiría igual sen a enorma contribución á causa de María Miramontes. Debíanos preocupar que traslademos a idea de seren feitos individuais, illados (Elvira Bao, Micaela Chao, Amparo L Jean, María Miramontes, Mari Luz Morales...) e trazar liñas en común para pór en valor o seu papel, sen dúbida máis importante do que pensamos e do que está estendido entre nós. Nese sentido, unha recomendación para comezar: ler, de principio a fin, o A fondo do Sermos Galiza sobre A Galiza das irmás.

iFala from Illa Bufarda on Vimeo.

martes, maio 10, 2016

Manuel María, escritor e galego

E aínda outra vez, dende o IES San Paio, Manuel María, escritor e galego. A vida e a obra do escritor a partir dalgúns dos seus textos :