Xapón, coma todos os países, ten librado
ducias de guerras. Os conflitos foron especialmente intensos no período
Edo, entre 1603 e 1868; cansos de tanto sangue, houbo artistas que
fartos de reflectir batallas e mortes empregaron os seus lapis e
pinturas en retratar outras actividades menos perigosas do ser humano.
De aí naceu a obra chamada 'He-Gassen' (algo
así como "batalla de peidos"), un traballo que se conserva na
Universidade de Waseda. Estas postais foron un xeito de esquecer as
calamidades das guerras sanguentas.
Vía El Ventano









