O noso alumnado pasará a historia por seren os creadores dunha nova palabra para a lingua galega. Falando de prunias.
xoves, xuño 08, 2023
Proxecto Prunia
luns, maio 16, 2022
Música nas Letras, música para Laxeiro
Mañá é un día especial para a nosa patria, e non queriamos deixar pasar a data sen facer algún tipo de homenaxe. Así que o departamento de música organizou unha pequena festa para tocar, bailarmos... e pasar un tempo alegre recordando que esta música encantaba ao noso Laxeiro.
xoves, maio 05, 2022
Telexornal Florencio Delgado Gurriarán
Telexornal Florencio Delgado Gurriarán realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois.
martes, maio 18, 2021
luns, maio 17, 2021
A palabra esgazada
Ilustracións de @Terteres
Este ano 2021, tan especial, a Real Academia Galega RAG decidíu homenaxear a unha escritora tamén moi especial, Xela Arias, no 17de maio Día das Letras Galegas.
Innovadora, rebelde e inconformista. Activista pola paz, gran defensora da lingua galega, ecoloxista e feminista. Xela Arias foi sen dúbida unha muller comprometida coa sociedade de seu tempo.
https://educandoenigualdade.wordpress.com/2021/05/16/xela-arias-e-as-letras-galegas/
https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/as-letras-mais-galegas.html
A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.
https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635
https://twitter.com/mflmonica/status/1394195998021459970?s=20
Manifesto polo galego. Maio 2018
Manifesto polo galego. Maio 2018
Manifesto. Texto. Non deixes arrefriar a lingua
Érache boa!
Se pensabas que os de arriba ían preocuparse polos de abaixo, estabas nun erro. Se crías que a mellor garda para un poleiro era unha raposa, ías de cú. Se soñabas cunha dirixencia comprometida co país, andabas na berza. Porque o corvo nunca foi máis negro cás ás... e porque xa chegou a hora de lle sacudir a polaina aos que esmagan a nosa lingua e a nosa cultura, desde o Ateneo Atlántico chamamos a atención sobre a perda de peso das industrias culturais en Galiza e, nomeadamente, do sector editorial que ten en Vigo o seu lugar de referencia, histórico e económico.
E preguntámonos por que ninguén dá conta da caída -nun 50%!- dos libros publicados en galego, da compra de libros para bibliotecas, das axudas públicas á traducción, das campañas de animación a lectura ou da ausencia de Galiza nas feiras do libro internacionais.
A resposta pode estar en que como cidadanía non nos mobilizamos, nin reclamamos abondo, mais logo laiámonos de que descenda o número de falantes na mocidade. Hai que reaccionar contra o discurso hipócrita e contra a parálise!
Por nós non vai deixar de ser. Daquela...
Chamamos a cidadanía a implicarse nesta causa como algo primordial: porque as ameazas son moito maiores cas oportunidades; porque non podemos deixar esmorecer unha actividade que xera 31.000 empregos e aporta o 2% ao noso PIB; porque se segue o ritmo de caída na valorización e uso da lingua perderemos o elemento identitario máis forte que posuímos; e porque llo debemos aos que a mantiveron viva durante séculos, agochada pero aquecida...
Non deixes enfríar o galego.
Dálle calor. Disfrútao. Fáino medrar.
É unha demanda social e política. Pero tamén é un compromiso persoal.
Imos alá!
Homenaxe a Xela Arias
Sei que só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega
Nones Araújo
Xa de volta: as pedras non teñen nome
E as estrelas pousadas cravaron nos muros
Liñas directas da paisaxe ó corazón
Ata perder Valor.
Agora teño o idioma inclinado nas entrañas,
Relátome polo paseo arriba mergullada.
Ignoro que lugar é este onde me atopo.
A paixón que aniño ten por veces o bico en berro:
Se te preciso cando te agardo non vés nunca.
Por perpetua-lo mar por facer auga: mireivos.
Onde estamos amor onde estamos?
Enganchada nas virtudes das olladas
Trouxen augamel para agasallarte:
Arróupote arrequecido no meu colo.
Estou tan lonxe que xa non regreso...
Teño a alma abrazada por fenómenos estraños:
Rompéuseme o vaso nas mans,
As plantas decaídas e os silencios dos trasteiros
Desconsolados.
Un abano na túa man que se aferra e me acaricia.
Todo para nada.
O tempo anda arando estropicios e
Repasa logo a ollada no pouso dos afectos.
A vida é verdade. De certo, a vida ía en serio.
Versos escollidos de Poesía reunida (1982-2004). X. A.
sábado, maio 15, 2021
Teatralizando a Xela Arias
Grazas ao compañeiro Lucho de Departamento de Lingua Galega, o alumnado realizou unha serie de Performances sobre tres poemas de Xela Arias.
"Desorde":
"Nunca máis"
"Os vosos fogares"
luns, maio 10, 2021
Recuncho da muller invisible: Xela Arias
O mes de maio, o noso recuncho da muller invisible está dedicado, non podía ser doutro xeito, a Xela Arias.
https://padlet.com/sheilafdezconde/Bookmarks
venres, maio 07, 2021
Telexornal Xela Arias
Informativo realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois.




























