Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dereitos Humanos. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 31, 2023

Escape

 Onte tivemos moitas actividades no centro. E unha delas foi unha colaboración, un ano máis, coa ACPP, que nos trouxo un xogo de "escape" para poder sentir un pouco máis preto a viaxe infrahumana que deben realizar inmigrantes na procura dun mundo mellor.







luns, decembro 16, 2019

Alfredo Okenve sen Dereitos

Este luns descubrimos un mundo novo grazas a unha visita moi especial que debemos a Amnistía Internacional. Sabermos máis dun país como Guinea e tamén saber das atrocidades que se cometen sen ter en conta os Dereitos Humanos debe estar presente na nosa educación para valorarmos máis o que temos e non querer perdelo.





mércores, decembro 11, 2019

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Amnistía Internacional colabora connosco dende hai varios anos. Este curso prestounos a exposición que contén os artigos contidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Está no Salón de actos para que acudades a lembralos neste momento de vulnerabilidade especial.








domingo, xaneiro 20, 2019

Coming Ashore

Imposible non avergoñarse de nós, de pertencer a un estado e a unha Europa que atenta contra os Dereitos Humanos.


Coming Ashore from Coming Ashore on Vimeo.

luns, xaneiro 16, 2017

¿Y si fueras tú?

Este curso formamos parte da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos que promove Amnistía Internacional.
E andamos con esta campaña:

#YOACOJO






“I Welcome” es una campaña mundial de Amnistía Internacional para exigir que los Estados brinden a las personas refugiadas la protección que necesitan y garanticen que sus derechos humanos son respetados. En España la campaña se llama Yo Acojo”.
La campaña pide un lugar seguro para que las personas que huyen de la guerra, el terror, la persecución y la violencia puedan rehacer sus vidas. No solo quienes han tenido que abandonar su hogar en países devastados por los conflictos en África y Oriente Medio. También en América, donde cada vez jóvenes, mujeres y personas gays, lesbianas y transgénero tienen que huir de las bandas, la delincuencia organizada, la violencia de género y los crímenes de odio.

Actualmente hay más de 21 millones de personas refugiadas. Se trata de una crisis de envergadura mundial pero no tanto por la enorme cifra, sino por el lugar donde se encuentran estas personas: unos pocos países se ven obligados a hacer mucho más de lo que les corresponde, sencillamente, por su proximidad a zonas de crisis; mientras que otros, los más ricos, hacen poco o nada.

La inmensa mayoría de las personas refugiadas, el 86%, están en países de ingresos bajos y medios. Más de la mitad se concentra en tan solo diez países. Turquía y Jordania albergan casi tres millones de personas refugiadas cada uno. Etiopía da refugio a más de 700.000 personas y Kenia y Uganda se acercan al medio millón.

mércores, xuño 29, 2016

“Que farías se vises unha nena de seis anos soa na rúa?” ‪

“¿Qué harías si vieras a una niña de 6 años sola en la calle?”



Este é o vídeoexperimento que vén de facer UNICEF en  colaboración coa axencia Switch Communications dentro da súa campaña #FightUnfair.

mércores, xuño 08, 2016

Look Beyond Borders

Amnistía Internacional comeza unha campaña que procura eliminar o rexeitamento que a chegada de refuxiados causa en Europa: mirar os ollos a un refuxiado, catro minutos de contacto visual.

 

xoves, abril 07, 2016

Inter-LGBT

Impresionantes este anuncio (The Obstacle Course – La carrera de obstáculos –) de Inter-LGBT contra a homofobia que deixa o espectador tremendo. Poderaste ver literalmente na pel dunha persoa que sofre acoso, insulstos, desprezos, bullying, agresións... en diferentes contornas, como pode ser a escolar ou a familiar.
Final optimista e esperanzador.

Visto aquí.

venres, decembro 18, 2015

Día Internacional do Migrante

Xa pasaron meses dende que a crise migratoria estivera en todas as portadas, pero segue aí. Miles de persoas chegan cada día ás portas de Europa procedentes de Siria, Afganistán ou Irak, fuxindo das guerras e da pobreza.
Aproveitando o Día Internacional do Migrante, Oxfan Intermón vén de publicar estas fotografías tomadas polo fotoperiodista Pablo Tosco. Duras historias de persoas que foxen das bombas e da violación dos Dereitos Humanos.




















luns, xuño 15, 2015

Somos "Escola sen Racismo"



O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de EScolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.





Actualización, domingo 21 de xuño:
La Voz de Galicia recolle hoxe esta nova.

xoves, xuño 11, 2015

Teatro-fórum coa asemblea de cooperación pola paz



O xoves 4 de xuño, o alumnado de 1º ESO participou nun teatro-fórum no que se evidenciaron e se reflexionou sobre os dereitos, a convivencia, os valores sociais… Mediante dinámicas e previo sketche das actrices Paula e Patricia, traballaron co alumnado e fomentaron o debate e a interiorización de aspectos das emocións, pensamentos e accións que levamos a cabo diariamente e que poden mellorar ou entorpecer a nosa relacións cos demais.
Esta é outra actividade máis das que ao longo de varios cursos levamos feitos en cooperación coa Asemblea da Cooperación pola Paz. Hoxe estivo a súa representante Tania, recén chegada de Guinea Bissau onde traballan proxectos educativos e de saúde.
Na vindeira semana remataremos as actividades para este curso, co visionado das reportaxes gravadas polo noso alumnado e Carmen Novas (da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) ao longo do obradoiro de TV: entrevistas de comercio xusto, a canceiro “Peludos sen Fogar”, as reivindicacións da Fraga de Casas Novas e Catasós, a asociación Mencer e os labores altruístas que realizan….
O noso centro recibirá a placa que testemuña a nosa inclusión nas Escolas Sen Racismo e esperamos, en breve, ter na web do instituto a ligazón para estas reportaxes feitas por alumnado dos catro cursos da ESO. Grazas a todos/as por participar e tamén grazas polo seu compromiso e labor aos membros das ACPP.





luns, xaneiro 19, 2015

RECOLLIDA DE TAPÓNS: RECICLAXE, INVESTIGACIÓN E AXUDA SOCIAL




A comunidade educativa do IES Laxeiro colabora con ASPADEZA na recollida de tapóns de plástico para a reciclaxe.  Por cada tonelada recollida, unha planta de reciclaxe abona 200 euros que se destinan a unha beca de investigación dunha enfermidade pouco común da infancia que afecta ao cerebro e outras partes do corpo.

A ataxia refírese a movementos descoordinados, como camiñar, e as telangiectasias son agrandamentos dos vasos sanguíneos (capilares) xusto por debaixo da superficie da pel, aparecendo coma pequenas venas bermellas similares a unha araña.
A ataxia-telangiectasia é hereditaria, un rasgo autosómico recesivo, o que significa que ambos pais deben aportar un xen defectuoso para que o fillo teña síntomas do trastorno. Os defectos neste xen mutado poden levar á morte celular anormal en diversos lugares do corpo, incluíndo a parte do cerebro que axuda a coordinar o movemento.
Dado que é unha enfermidade rara (hai uns 30 casos en España, un deles na comarca do Deza), precísase de máis investigación sobre a mesma, para poder chegar a desenvolver medicacións ou axudas que faciliten a vida dos afectados.
Por iso, é importante a concienciación social, e máis no eido educativo: un simple xesto como gardar os tapóns de plásticos dos envases que usamos, se se practica entre todos, pode marcar a diferenza entre que a enfermidade sexa unha descoñecida, a poder chegar a unha futura cura.
Por iso, cada vez que se entregan os tapóns e se canxean por cartos, estes destínanse á AEFAT (Asociación Española de Familia Ataxia Telangiectasia) que pode financiar becas de investigación neste campo.
Animávosvos a tod@s a contribuir. Grazas.


luns, setembro 29, 2014

All I Need (Radiohead)

Mirade este vídeo e pensade onde vos situades, en canto desperdiciades a sorte coa que vos deparou o destino por vivir deste lado.  Nós, na biblioteca do Laxeiro, non só vos queremos ofrecer eses libros que vos agardan para seren lidos e gozados, senón que tamén pretendemos ser unha ponte de reflexión cara a un mundo que semella afastado pero que vive ao noso carón.