venres, maio 23, 2014

Proxecto "Fume de Biblioteca"



Trátase dun proxecto que pretende fomentar e expandir a Biblioteca como unha fonte de recursos en distintos soportes. As protagonistas son as letras e palabras que pouco a pouco están trasladándose ao mundo dixital e virtual.

Que función terá entón a Biblioteca, como espacio físico e motor de arranque de novas ideas?. As letras e palabras deciden pois marcharse, expandirse e inundar todo o Centro, xerando fume que sae da Biblioteca. De repente, estas letras fanse fortes e máis sólidas, reformando e cambiando os distintos espazos do Centro. Coa súa presenza dámonos conta da importancia do material físico de lectura a pesar dos avances das novas tecnoloxías.

Con este proxecto tamén tratamos de reflexionar sobre a relación tan estreita entre Arte e Literatura mediante este retorno ao mundo da letra.
Creamos "camiños"  con frases en distintos idiomas, palabras e letras para extendernos por todo o Centro, nun intento de unir Arte e Literatura.
No hall principal, anexo á Biblioteca, instalouse tamén unha escultura na que as letras son as protagonistas, disposta en forma de tótem, entre o chan e o teito. Con esta intervención pretendeuse crear un espazo diferente, unha prolongación da Biblioteca.

.         

Día da Paz

Desde os Departamentos de Relixión, Orientación, Plástica e Biblioteca, celebramos o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".
Na primeira o alumnado buscou frases célebres de personaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 
Coas distintas letras do alfabeto, os/as titores/as de ESO animaron ao alumnado a elaborar listados de palabras para conmemorar este día. 
Aquí podes ver algunhas fotografías do evento.

Día da Ciencia en Galego

O  día 4 de Novembro de 2013 celebrouse o día da Ciencia en Galego. Coa iniciativa do Departamento de Bioloxía e coa colaboración do Departamento de Plástica e da Biblioteca conseguiuse conmemorar a cada un dos persoeiros honrados neste día.
Nesta ocasión estivo dedicado ás figuras de Isaac Díaz Pardo, intelectual, pintor, escritor e filántropo galego. A Florence Nightingale, enfermeira inglesa que coas súas medidas de hixiene nos hospitais contribuiu ao desenvolvemento da mediciña moderna. E a Richard Buckminster Fuller, arquitecto estadounidense que revolucionou o mundo da construción con materiais lixeiros e as súas famosas cúpulas xeodésicas.
 Nas fotografías vese unha mostra deste acontecemento.

xoves, maio 22, 2014

Visita do alumnado de 1º ESO á Biblioteca

O luns 18 de novembro de 2013 foi un día de festa na Biblioteca do centro. Os tres grupos de 1º da ESO visitaron as instalacións e participaron en varias actividades que dende o Equipo da Biblioteca se organizaron para dinamizar este espazo e conseguir que os alumnos o coñezan e fagan un bo uso del.
Aprenderon a localizar un libro nos andeis; puideron ver fotos antigas de como era fai 30 anos a nosa Biblioteca; incluso apalparon con sorpresa o libro máis antigo que forma parte dos máis de 13500 volumes dos que dispoñemos: un exemplar de La Celestina que data de 1876.
Nesta galería de fotos podes ver aos participantes na actividade.