domingo, xaneiro 31, 2016

venres, xaneiro 29, 2016

Pantallas amigas no Laxeiro (II)

Por segundo ano consecutivo, o Plan Proxecta trae ao noso centro o labor fundamental de "Pantallas amigas", desta volta para alumnado de 1º de ESO e Ciclos. Foi o día 20 de xaneiro cando o noso alumnado aprendeu a valorar o que se colga nas redes sociais, control na parella, acoso nas redes...





xoves, xaneiro 28, 2016

Mural cafetería

O Departamento de Plástica non para. Desta volta é a profa Mar e o seu alumnado de 4º de ESO-A quen está a darlle forma a unha nova parede da cafetería, que agora semella máis luminosa. Unha fermosa árbore presidirá dende xa a parede do fondo e lembraranos que a natureza está aí, disposta a ser retratada, admirada, coidada e respectada. Sempre.







mércores, xaneiro 27, 2016

CONCURSO DE MICRORRELATO POLICIAL CON BANDA SONORA E/OU INTERVENCIÓN

A biblioteca, con motivo do "Trimestre negro" convoca o seguinte




CONCURSO DE MICRORRELATO POLICIAL CON BANDA SONORA E/OU INTERVENCIÓN

BASES:

.- Poderá participar todo o alumnado do IES Laxeiro en calquera das catro linguas que se imparten no centro: galego, castelán, francés ou inglés.
.- O microrrelato deberá ir acompañado dunha banda sonora de fondo.
.- Pode presentarse en formato vídeo cunha intervención ou representación. Asemade, o vídeo pode presentarse con imaxes e texto e a banda sonora de fondo.
.- O microrrelato non poderá ter máis de cento sesenta palabras.
.- A temática será policial.
.- A narración breve debe ser orixinal.
.- O xurado estará integrado por profesorado dos departamentos de Linguas, Plástica e Música.
.- O premio declarouse baixo segredo de sumario… ata descubrir o gañador/a.
.- O prazo de presentación remata o luns 15 de febreiro do 2016. Deberá ser entregado na biblioteca do centro.


Algúns exemplos.

martes, xaneiro 26, 2016

DÍA DOS (DES)NAMORADOS 2016


O ENDL do noso centro, xunto coa Biblioteca e os departamentos de Linguas,  convoca un Concurso de Microdeclaracións de desamor.

CONCURSO DE MICRODECLARACIÓNS DE (DES)AMOR
Participantes:
Calquera alumno/a  dos  cursos de 1º/2º/3º/4º da ESO do IES Laxeiro.
CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR:
A)Cada participante presentará nun folio A3 unha declaración de desamor que deberá responder a seguintes características:
1.      Non pode ter máis de 30 palabras
2.      Pode ser en verso ou prosa
3.      Debe estar en lingua galega
4.      Non poden empregarse nomes propios. O destinatario da declaración ten que ser anónimo.
5.      Deberá decorarse o texto. A decoración é totalmente libre en cores, formas ou materiais.

B) NA CONSERXERÍA do centro  ESTÁN os FOLIOS A3  para participar no CONCURSO.
C) As declaracións débense depositar na URNA DO DESAMOR que estará dispoñible  ao lado da conserxería a partir do luns 1 de febreiro e ata o venres 12 de febreiro.

D) O MARTES, 16 DE FEBREIRO informarase de quen foron os ganadores e entregaranse os premios.

E) Valorarase a calidade do texto  e o deseño gráfico.
Haberá un total de 4 premios, un por cada curso da ESO               
Premio para o gañador/a 1ºESO                                                                      
Premio para o gañador/a  2ºESO                                     
Premio para o gañador/a 3ºESO
Premio para o gañador/a 4º ESO

F) Todas as microdeclaracións de desamor expoñeranse nas cristaleiras do pavillón B.

luns, xaneiro 25, 2016

Masterfroit III

E chegamos a 1º ESO-A e os seus traballos sobre a alimentación saudable. Abraiados estamos co nivel de todos os grupos. Proximamente veremos quen foron os premiados.
Lembrade os de 1º ESO-B e os de 1º ESO-C















domingo, xaneiro 24, 2016

venres, xaneiro 22, 2016

Masterfroit II

SE o outro día amosamos os traballos realizados polo alumnado de 1º ESO-B, hoxe traemos os traballos realizados polo alumnado de 1º ESO-C. Seguen a ser traballos fantásticos



















xoves, xaneiro 21, 2016

Exercicio PUZLE

Xogando cos distintos elementos de expresión:  puntos, liñas, planos e texturas,  o alumnado de 3º ESO A  realizou un traballo de composición no que cada alumno/a, dando renda solta á súa creatividade,  deseñou e elaborou  unha peza que formaba parte dun puzle.

Este puzle representa o grupo, individualidades conectadas, agrupadas, formando parte dun todo.