Amosando publicacións coa etiqueta 2º Bac. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º Bac. Amosar todas as publicacións

venres, febreiro 09, 2024

Nos San Clemente

 

 

Este curso, seis das nosas mozas e mozos foron xurado dun Premio ben especial, ese que é concedido polo alumnado a escritores e escritoras de renome. As autoras homenaxeadas foron: Sica Romero, Brenda Navarro y Nell Leyshon.

 



 

domingo, maio 23, 2021

Graduación (II)

 Este é o vídeo que realizou o alumnado para lembrar estes seis anos no Laxeiro, anos de actividades, viaxes, risos e compañeirismo:



sábado, maio 22, 2021

Graduación

 Hoxe despedimos unha xeración que bebeu da igualdade e que se formou para saír adiante sabendo localizar os micromachismos cotiás.

Emitimos en directo para as familias por mor da situación xerada pola Covid.



mércores, novembro 25, 2020

Cambiando os contos Disney

 Este vídeo foi realizado por tres alumnas do grupo de igualdade "Trafegando pola Igualdade" do IES Laxeiro, para pór en relevancia que ata unha factoría como Disney -que ten aínda que percorrer moito camiño- está cambiando o conto. Mozas que pouco a pouco vanse empoderando nos seus filmes.

A intención é facer fincapé no positivo, no empoderamento, sen criticar moitos aspectos -coma o físico das mozas- para alentar a seguir trazando un camiño de igualdade no que as protagonistas non necesitan de compañeiros masculinos para sobrevivir.










venres, abril 05, 2019

Loitando contra o cambio climático

Co alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato elaboramos un artigo que presentamos ao noso alcalde e realizamos unha petición de sinaturas en Change.org :

http://chng.it/XhBTWsdc5N



“O IES LAXEIRO DEMANDA QUE O CONCELLO ACTÚE CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO”

A evidencia dun clima cambiante é cada vez máis clara. Obviamente existen poderes interesados en manter o status quo, e tratar de agachar a realidade e o problema ao que nos enfrontamos todos como sociedade e como especie.
Este cambio climático non é unha problemática de hoxe, xa que o quentamento xeneralizado do planeta é unha consecuencia dunha realidade coñecida dende fai anos pero cuxas medidas por parte dos gobernos para remedialo son insuficientes.
A orixe do problema débese fundamentalmente a queima de biomasa e combustibles fósiles sumado a deforestación. Está, polo tanto, a man das institucións detrás do aumento da concentración atmosférica de CO2 responsable do efecto invernadoiro, e son as que deben de actuar para remediar esta situación con consecuencias tráxicas para o desenvolvemento da vida no planeta. Cambios na produción dos alimentos, aumento nos índices de mortalidade debido a inundacións, secas e tormentas ou a extinción de especies son só algúns exemplos do que xa está a suceder.
A situación é grave e urxente, non podemos alcanzar o punto de non retorno e temos que actuar agora para cambiar a curso da historia. Precisamos que os gobernantes teñan en conta os novos escenarios do cambio climático e debemos comezar co compromiso e a implicación do noso concello introducindo criterios de sostibilidade e medidas de loita contra o cambio climático, remitindo a Consellería de Medio Ambiente o que corresponda. Estas son algunhas das nosas propostas para a axenda política:
  1. Crear unha Oficina Contra o Cambio Climático como organismo de coordinación. Entre as súas funcións estarían: a cuantificación das emisións de CO2 dos plans municipais, crear un regulamento en contra do cambio climático que permita potenciar e beneficiar todas aquelas prácticas que opten por un camiño máis sostible, así como a vixilancia do cumprimento dos obxectivos da estratexia marcada.
  2. Realizar un plan de implantación de enerxías renovables en instalacións e servizos municipais para impulsar un modelo baixo en emisións contaminantes:
    • Optimización do alumado público ou melloras dos envolventes dos edificios; busca de novas alternativas coma cubertas verdes.
    • Instalar enerxía solar fotovoltaica en instalacións municipais.
    • Substituír sistemas de climatización e auga quente por outros máis sostibles.
    • Promover os edificios de consumo case nulo aplicando criterios de construción bioclimática para mostrar o compromiso municipal.
  3. Fomentar as 3R, reducir, reutilizar e reciclar, na xestión dos residuos.
    • Promover a creación de plantas de reciclaxe de residuos locais fronte a incineración, que ademais contribuirían a creación de emprego para a poboación da contorna.
    • Facilitar a separación e recollida selectiva de residuos no rural mediante a colocación dos diferentes contedores.
    • Estudar o horario dos puntos limpos para dar maiores facilidades aos cidadáns.




  1. Actuar contra a perda dos montes, establecendo medidas de prevención de incendios:
    • Planificar programas de reforestación que teñan en conta de forma prioritaria o risco de incendios á hora de escoller as especies nativas axeitadas.
    • Apostar polo emprego forestal estable, profesionalizando as brigadas nas labores de prevención.
  2. Mellorar a xestión da auga:
    • Esixir aos licitadores de contratas de limpeza o uso eficiente da auga e de produtos non tóxicos e non lesivos para o medio ambiente.
    • Ditar normativas que inclúan a xestión eficiente da auga no interior dos edificios municipais.
    • Automatización do rego dos espazos verdes.
  3. Reducir a contaminación orixinada polo tráfico, vivificando o transporte colectivo e non motorizado.
    • Impulsar o funcionamento da estación de Botos como medio de transporte de pasaxeiros entre cidades como Ourense e Santiago de Compostela.
    • Crear un programa municipal para o desenvolvemento de recarga de coches eléctricos en lugares de residencia ou traballo.
    • Priorizar desprazamentos non motorizados, promoción da rede ciclista e bicicletas para alugar.
  4. Desenvolver campañas de educación ambiental para os cidadáns:
    • Programar actividades de concienciación, sensibilización e información sobre pequenas accións que podemos levar a cabo para contribuír á diminución das emisións e da contaminación en xeral.
    • Implantación de educación ambiental nos centros educativos.
  5. Favorecer o comercio xusto e respectuoso co medio ambiente e as persoas:
    • Fomentar o comercio local que reduza as emisións de gases no trasporte e asegurando unhas condicións dignas para os traballadores.
    • Facilitar e promover a realización de mercados de segunda man e artesáns.
    • Incentivar a compra de produtos fabricados con procesos respectuosos co medio ambiente, como papel e tóner reciclado.
  6. Mellorar os espazos verdes do concello coa plantación de árbores e plantas autóctonas.
  7. Calcular e controlar as emisións de gases de efecto invernadoiro:
    • Establecer mecanismos de control e vixilancia da calidade do aire.
    • Facilitar a adopción de medidas preventivas e correctoras nos polígonos industriais que reduzan as emisións á atmosfera, así como fomentar o uso de enerxías renovables.
    • Realizar inspeccións periódicas que garantan o cumprimento da lexislación en materia non so de contaminación atmosférica senón tamén de xestión de residuos.