martes, abril 28, 2020

3,2,1...Radio O Mundo Que Queremos 2020, no aireeeee!!!!

Recollemos directamente dende a páxina do proxecto O mundo que queremos. Moitas grazas por facelo posible:

https://www.omundoquequeremos.org/321radio-o-mundo-que-queremos-2020-no-aireeeee?fbclid=IwAR3Bd5Ko8NgS8dp3hFvV8WZCJDZJl5ZYmQAE7iCl1ikV6ekj1UdmW_-4k_o






Títulos que contan (VI)

Os títulos contan historias, por NURIA LAMAZARES

Títulos que contan (V)

Os títulos contan historias, por LARA PORTELA SUÁREZ


Títulos que contan (IV)

Os títulos contan historias, por GABRIEL FERNÁNDEZ LALIN

sábado, abril 25, 2020

Títulos feministas que contan

Non foi doado facer este vídeo en pleno confinamento, pero non quedaba eu a gusto sen el, despois de facer os anteriores. Se non había un vídeo que convidase a ler libros feministas, onde quedaba unha parte importante do meu traballo e do que eu son? Así que fun polo pan... e ao instituto. 5 minutos para gravar e coller os títulos. Pido perdón porque non está como me gustaría, pero aí vai... con castelanismos por mor dos títulos. Agardo que sexades benévolxs comigo!



xoves, abril 23, 2020

Títulos da LIX que contan

Pareceume que o feito de facer o outro día o vídeo de Títulos que contan gustaba, xa que varias compañeiras comentaron que tamén o ían facer para o seu alumnado. Tamén pensando no alumnado máis novo e para celebrar o Día do Libro, decidín facer outro semellante pero con títulos da LIX, esa Literatura da que tanto bebemos e da que nos sentimos moi orgullosxs. É unha pequena homenaxe a esta, e, por suposto, quedáronme moitos títulos na mesa sen utilizar que me tería gustado amosar.


mércores, abril 22, 2020

Ler


"Leer nos hace libres. Leer me hizo darme cuenta de mi feminismo. Leer me hizo conocer a grandes mujeres olvidadas. Leer es rendir homenaje a nuestras pioneras."
 Rocío González Naranjo.


martes, abril 21, 2020

sábado, abril 18, 2020

Títulos que contan

Despois de recibir un vídeo que me gustou moito (anónimo, non atopei a autoría), pensei que sería un bo exercicio literario para vós: construír unha historia a partir dos títulos dos libros. 
Probei a facer un... 



luns, abril 13, 2020

#Euquedonacasa

Video editado pola Comunidade Educativa do IES Laxeiro para o alumnado e familias.


#Euquedonacasa


Axiña estaremos convosco no IES Laxeiro!


xoves, abril 02, 2020

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

FAME DE PALABRAS




"A finais do mes de abril, ou a comezos de maio, no meu país reverdecen os arbustos. Ao pouco tempo, as crisálidas das bolboretas prenden neles. Locen coma boliñas de algodón, mais as eirugas devoran folla tras folla ata que os arbustos perden o seu verde por completo. Cando as bolboretas saen das súas crisálidas botan a voar; pero malia todo, os arbustos non quedan arruinados: dentro dun ano volverán agromar, e así unha e outra vez.
Esta é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e os poemas aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa están escritos, saen voando para acabaren nos libros, para aterraren nos oídos daqueles que os escoitan. E isto non deixa de repetirse nunca...
E que ocorre cos poemas e cos contos?
Coñezo un rapaz ao que operaron dos ollos. Logo da intervención tivo que estar dúas semanas deitado sobre o seu costado dereito; e despois, durante un mes máis, non puido ler. Non puido ler nada. Cando, tras un mes e medio de repouso, volveu coller un libro, tivo a sensación de estar arramplando coas palabras a eito dunha tarteira. Como se as comese, como se as comese de verdade.
E coñezo unha rapaza que agora é mestra, e que dixo: “Pobres daqueles nenos aos que os seus pais non lles lían libros!”
As palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago con elas. Son alimento para o espírito e para a alma.
Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que xa non ve máis ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto.
Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frío, non se decata do que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo.
Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos.
Se nunca o fixemos, existe a esperanza de que poidamos acalmar este tipo de fame?
Si. Aquel mozo le, raro é o día en que non o fai. E a moza que é mestra le contos para o seu alumnado. Cada venres. Cada semana.
E se algunha vez lle esquece, son as nenas e os nenos quen llo lembran.
E a escritora? E o poeta? Ao ano seguinte, reverdecerán. E volverán roelos os contos e os poemas que logo, transformados en bolboretas, botarán a voar. Unha e outra vez."
Escrito por Peter Svetina (Eslovenia)
Ilustrado por Damijan Stepancic (Eslovenia)
Traducido por Héctor Cajaraville


Ilustración de Dani Padrón:




Ilustración de Kęstutis Kasparavičius