venres, febreiro 25, 2022

Obradoiro de máscaras. Ano Laxeiro (II)

 Dentro do "ano Laxeiro" o alumnado de 3º ESO C realizou un obradoiro de máscaras a cargo de Luchi, a partir de cadros do noso artista.








xoves, febreiro 17, 2022

Votemos polo que é noso

 Non sei se sabedes que este ano podemos votar por unha árbore galega para o concurso "tree of the year" 2022. Trátase do carballo de Conxo, testemuña do famoso banquete de Conxo de hai máis dun século, lugar onde se reivindicou a nosa cultura e fala.

Premede nesta ligazón para votar:

https://www.treeoftheyear.org/Vote

Lembrade seguir as instrucións para facelo ben e que gañe o que é de noso!!!




martes, febreiro 08, 2022

ELAS PODEN, TI PODES!

 

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.

A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente cunha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba. Antonia reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia para que fosen recoñecidos os seus méritos. Compartiu ASEICA e do fundamento biolóxico do cancro, da súa traxectoria como estudante e científica, así como do proxecto no que está a traballar actualmente na Universidade de Murcia. Neste proxecto investigan a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Explicounos como estudos epidemiolóxicos revelan que a ruptura do ciclo de sono-vixilia, aumenta o risco de desenvolver cancro de fígado, mama e próstata e do relevante que é entender o mecanismo molecular que relaciona a ruptura do sistema circadiano e a aparición de tumores, xa que o cancro de fígado é a terceira causa de morte por cancro.

O alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita virtual ao seu laboratorio na que se atapaba traballando o equipo de investigación que dirixe e como realizaba diferentes experimentos para facer fronte a esta enfermidade.

Antonia transmitiu optimismo e motivación, deixando moi claro que calquera alumno/a pode conseguir o que persiga e destacando o poder das mulleres na ciencia. 

Coa participación neste evento, visibilizamos o labor das investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia.






mércores, febreiro 02, 2022

Concurso Luís Gustavo

 Un ano máis, convocamos o curso científico en honor ao noso prezado Luís Gustavo. Sempre nos nosos corazóns.