Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Física e Química. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Física e Química. Amosar todas as publicacións

martes, outubro 14, 2025

Petiscos de Ciencia (2)

 

Vídeo realizado para "Petiscos de ciencia" 2025, por Manuel Méndez de 2º ESO B. 

https://www.youtube.com/watch?v=ZtvXtwW5-Ec

mércores, outubro 30, 2024

Petiscos de Ciencia VII

Vídeo presentado ao concurso "Petiscos de Ciencia" da USC de Lugo, 2024. Traballo realizado por Arturo Couso e Joel Noche de 3º ESO B do IES Laxeiro de Lalín.


Petiscos de Ciencia VI

Vídeo presentado ao concurso "Petiscos de Ciencia" da USC de Lugo, 2024. Traballo realizado por Antía Varela e Olalla Dobarro de 1º BAC A-B do IES Laxeiro de Lalín.


martes, outubro 15, 2024

Petiscos de Ciencia V

Vídeo presentado ao concurso "Petiscos de Ciencia" da USC de Lugo, 2024. Traballo realizado por Amadeo Dopazo, Alejandro López e Diego Roca de 1º BAC A do IES Laxeiro de Lalín.



Petiscos de Ciencia IV

Vídeo presentado ao concurso "Petiscos de Ciencia" da USC de Lugo, 2024. Traballo realizado por Yanira Echevarría, Alicia García e Iria González de 3ºESO B do IES Laxeiro de Lalín.


xoves, novembro 08, 2018

IX día da Ciencia en Galego (IV)


E seguimos falando en galego científico!

Pedro Augusto Agostini Infante, ex alumno do centro e estudante de doutorado no IFGAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) deu onte, día 7 de novembro, unha conferencia ao alumnado do bacharelato científico sobre a interacción nuclear forte.
En primeiro lugar, para situar en materia ao alumnado, fixo unha pequena introdución na que falou das catro forzas existentes na natureza e de como fora evolucionando a idea de átomo ata o modelo actual.
Unha vez chegado a este punto, centrouse xa na interacción forte describindo as súas características e por que é a responsable de que os núcleos atómicos sexan estables. Falou tamén dos experimentos realizados nos principais aceleradores de partículas e que permiten medir esta interacción.
Para finalizar coa conferencia, e antes de dar paso ás preguntas do alumnado, explicoulle a este o campo no que actualmente está investigando o seu grupo, o plasma de quarks e gluóns e a importancia do seu coñecemento para determinar os instantes iniciais do Universo.






luns, abril 17, 2017

Táboa periódica dos elementos

Dende GCiencia:
Xa está aquí a nova táboa periódica dos elementos, na súa versión en galego. A táboa inclúe os 4 novos elementos: nihonio, moscovio, ténnesso e oganesson. Aquí pode descargarse e foi realizada polo grupo CienciaNOVA da Universidade de Santiago de Compostela.