venres, marzo 31, 2023

Escape

 Onte tivemos moitas actividades no centro. E unha delas foi unha colaboración, un ano máis, coa ACPP, que nos trouxo un xogo de "escape" para poder sentir un pouco máis preto a viaxe infrahumana que deben realizar inmigrantes na procura dun mundo mellor.







xoves, marzo 09, 2023

O noso 8M en imaxes

 Onte, a pesares da folga, foi unha mañá intensa de actividades para lembrar que o 8M segue a ser necesario, aquí e en todas as partes do mundo.  Realizamos un percorrido poético pola Historia da Muller, onde o protagonismo recalou -non podía ser doutro xeito- no club de igualdade.

 

 





Estes son algúns momentos do acto:








mércores, marzo 08, 2023

Lama

 Neste 8 de marzo, lembramos que xuntas, podemos avanzar en igualdade. Un tema que fala de parar, coller forzas e seguir adiante. Versión da canción "Lodo" de Xoel López, a cargo de dúas alumnas de 3º da ESO.



venres, marzo 03, 2023

Purl

Curta de Pixar que constitúe un alegato contra o machismo, a discriminación e o acoso.

Conta a historia metafórica dunha muller que se incorpora a unha oficina na que só hai homes, e tras a indiferencia e presión dos seus compañeiros, sométese a un cambio radical para comportarse coma eles e encaixar.

Pouco despois chega Lacey á empresa, unha traballadora coa que Purl séntese identificada e decide volver a ser a mesma de antes e principiar unha amizade con ela sen lle importar a opinión do resto.





 

Reflexións:

Cres que unha muller ten que demostrar a súa valía no traballo máis ca un home?


Que significa "acoso laboral"?

Falemos da "brecha salarial": sabes cal é a diferenza de remuneración polo mesmo traballo entre un home e unha muller en España?

Que significa "teito de cristal"?