sábado, maio 23, 2020

Normas de uso da Biblioteca a causa da COVID-19

Ksiazka Roku 2018 LC

Ante o retorno voluntario ás aulas do alumnado de 2º de Bacharelato adóptanse as seguintes medidas para o uso da Biblioteca:

1A biblioteca terá un aforo máximo de 15 alumnxs sempre que se cumpran as condicións de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado.
O alumnado deberá hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala.

2. A devolución de libros ou outro material deberá de realizarase de xeito persoal sen intermediarios.
No momento da devolución só poderá haber unha persoa no mostrador da Biblioteca gardando a distancia de seguridade.
Os libros devoltos deberán permanecer en caixas convenientemente identificadas e illadas como mínimo 14 días antes de volver aos andeis.

3. Préstamos: Se alguén quere levar libros prestados deberá comunicarllo ao profesor ou á profesora que estea na Biblioteca, non podendo collelos directamente dos andeis.

domingo, maio 17, 2020

66 palabras palabras fermosas

Que mellor ramo á celebración do Día das Letras Galegas que este feixe de 66 palabras fermosas da nosa lingua. Unha iniciativa de Rubén Fontán Taboada alumno de 1º de Bacharelato coa colaboración de mozas e mozos de Deza e Trasdeza que nos dan unha lección de agarimo e de esperanza.
Moitas grazas rapaces polo agarimo cara á nosa lingua. Vós sodes o futuro. Convosco están garantidas "mil primaveras máis".
Parabéns a todas e a todos.


luns, maio 11, 2020

martes, maio 05, 2020

O Mundo Que Queremos en curtas

Grazas ao Plan "O Mundo que queremos" por facer posible este traballo:

Estas pezas están guionizadas, locutadas, interpretadas e gravadas polo alumnado nos dous obradoiros audiovisuais que recibiron durante os meses de xaneiro e febreiro. Entre obradoiro e obradoiro, fixo falta algo de investigación, moito de reflexión e por suposto creatividade, a receita máxica do mundo cinematográfico!
Estes son os traballos do noso alumnado de 2º de ESO A e 2º de ESO B:


As mulleres non somos un obxecto:




Laura e Xoan:





Nin peros nin peras:




O planeta é noso, o problema tamén:




As miñas normas:




Telexornal antiincendios:





Batalla de galos?:






Migrantes climáticos:



domingo, maio 03, 2020

Títulos que contan (XIII)

Títulos feministas que contan, por Gema Daparte Barros

Títulos que contan (XII)

Títulos feministas que contan, Por Iker Taboada Rodríguez

Títulos que contan (XI)

Títulos feministas que contan, Por Nuria NURIA VALES COSTOYA

Títulos que contan (X)

Títulos feministas que contan, Por Nuria Jar de la Fuente

Telexornal Carvalho Calero

Un ano máis, dende o CPI dos Dices de Rois, chéganos un estupendísimo traballo: o Telexornal sobre Ricardo Carvalho Calero