venres, marzo 13, 2020

Non saias da casa e le


Lembrade pasar pola vosa libraría ou pola vosa biblioteca do IES Laxeiro cando vaiades á compra a facer acopio de víveres para pecharvos na casa.
Os #libros son a mellor das compañas, pois permiten viaxar a moitos lugares e mundos, relaxan, serven de prevención ante o alzeimer e a estupidez e... non precisan conexión de datos.
Tamén poden ser un recurso se rematas o papel hixiénico!!!

#euquedonacasa








mércores, marzo 11, 2020

Laxeiro feminista

E o Laxeiro saíu á rúa. Festexamos a Igualdade da muller con música, receitas, performances... e ata houbo viaxes no tempo. Xa vos contaremos. De momento, amosámosvos a prensa:



martes, marzo 10, 2020

Mulleres galegas facendo Historia

Para celebrar o Día da Muller propoñémosvos unha nova xincana. Xa sabedes: procurade as respostas no menos tempo posible. Canto menos tempo e máis respostas acertadas, increméntase o premio. 
A xogar!!!

Powered by emaze