O grupo de 1º de ESO A está preseleccionados para os premios do concurso Clases sen fume.
luns, maio 31, 2021
domingo, maio 30, 2021
Con ACNUR
Dende 1950 ACNUR, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, traballa para asistir e protexer as persoas refuxiadas e desprazadas. Durante todo este tempo leva actuado en centenares de misións para proporcionarlles sanidade, educación, medios de vida e solucións duradeiras ás persoas desarraigadas. Este sensato labor tense considerado a miúdo unha cousa de tolos.
O
Comité español de ACNUR tenta que os programas de axuda humanitaria sexan
sustentables, canalizando a solidariedade de milleiros de persoas socias e
colaboradoras. Son as tolas e tolos de ACNUR, persoas que loitan cada día para
demostraren que o mundo pode ser un lugar mellor.
No
IES Laxeiro sumámonos a “Loco Festival”
para axudar á difusión de valores solidarios e visibilizar esta situación de
excepción das persoas desprazadas e refuxiadas. Para iso, marcámonos o
obxectivo de sensibilizar ao noso estudantado e aprenderlles que axudar a quen
o precisa é algo sensato. Se cadra así, algún día, optar pola solidariedade
fronte á indiferencia sexa o normal e non unha cousa de tolo/as.
O Loco Festival é un proxecto de educación que favorece o desenvolvemento dos valores éticos necesarios para a convivencia democrática: equidade entre as persoas, compromiso social, diálogo, cooperación …
Nesta edición participan:
2º ESO B “ESCAPE
ROOM”
3º ESO B “PETO
SOLIDARIO”, PASAPALABRA TEMÁTICO EN GALEGO E PHOTOCALL
4º ESO A:
VIDEOCREACIÓN
4º ESO B
: PASALABRA TEMÁTICO EN INGLÉS “The doughnut game”
EXPOSICIÓN
MARCAPÁXINAS “ MOZO/AS INSPIRADORES/AS”
LUGAR E DATA DO EVENTO
IES
LAXEIRO no patío exterior, vestíbulo da igualdade, aula de 2º B e salón
de actos.
Data: 1,2,3 E 4 XUÑO nos recreos entre 11:00 12:30 (DEPENDENDO DOS DÍAS E DOS GRUPOS HAI VARIAS TANDAS DE RECREOS QUE NON SE SOLAPAN)
venres, maio 28, 2021
Galiciencia
O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.
Musiqueando: o vídeo
A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do noso centro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.
Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.
Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.
Un día para celebrar ao ar libre a música, o baile e o compañeirismo.
Noraboa!!!
xoves, maio 27, 2021
Mans que coidan: gañadorxs
Xa temos as gañadoras e os gañadores do Concurso "Mans que coidan"
Primeiro premio: Laura Fernández Crespo
Finalista: Laura Cacheda Fernández
Finalista:David Baldonedo González
Finalista: Claudia Mein García:
2º premio: Ariadna Senande Benavides:
mércores, maio 26, 2021
martes, maio 25, 2021
Xogos tradicionais
Hoxe, martes 25, puidemos gozar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que vén de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país.
Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games".
#ViolenciaZero
Un ano máis, grazas á Deputación de Pontevedra, puidemos asistir hoxe, martes, á programación Mulleres en acción #ViolenciaZero. Este ano foi un espectáculo de danza urbana que a bailarina e coreógrafa Yara Juncal organizou para visualizar as consecuencias das relacións tóxicas. O noso alumnado de Igualdade veu encantado da representación.
luns, maio 24, 2021
domingo, maio 23, 2021
Graduación (II)
Este é o vídeo que realizou o alumnado para lembrar estes seis anos no Laxeiro, anos de actividades, viaxes, risos e compañeirismo:
sábado, maio 22, 2021
Graduación
Hoxe despedimos unha xeración que bebeu da igualdade e que se formou para saír adiante sabendo localizar os micromachismos cotiás.
Emitimos en directo para as familias por mor da situación xerada pola Covid.
xoves, maio 20, 2021
Radio Laxeiro
Unha radio para ti
O alumnado de 4º da ESO co seu profesor Lucho Penabade realizou unha serie de podscat para emitir na Radio Voz.
A Presentación que realizaron:
Claudia Ferradás e Lara Portela fálannos de Astroloxía:
Ademar Montoto e Pablo Miguélez falan de Ciencia:
Olivia Rodríguez e Nuria Lamazares achégannos á cultura:
martes, maio 18, 2021
luns, maio 17, 2021
A palabra esgazada
Ilustracións de @Terteres
Este ano 2021, tan especial, a Real Academia Galega RAG decidíu homenaxear a unha escritora tamén moi especial, Xela Arias, no 17de maio Día das Letras Galegas.
Innovadora, rebelde e inconformista. Activista pola paz, gran defensora da lingua galega, ecoloxista e feminista. Xela Arias foi sen dúbida unha muller comprometida coa sociedade de seu tempo.
https://educandoenigualdade.wordpress.com/2021/05/16/xela-arias-e-as-letras-galegas/
https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/as-letras-mais-galegas.html
A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.
https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635
https://twitter.com/mflmonica/status/1394195998021459970?s=20
Manifesto polo galego. Maio 2018
Manifesto polo galego. Maio 2018
Manifesto. Texto. Non deixes arrefriar a lingua
Érache boa!
Se pensabas que os de arriba ían preocuparse polos de abaixo, estabas nun erro. Se crías que a mellor garda para un poleiro era unha raposa, ías de cú. Se soñabas cunha dirixencia comprometida co país, andabas na berza. Porque o corvo nunca foi máis negro cás ás... e porque xa chegou a hora de lle sacudir a polaina aos que esmagan a nosa lingua e a nosa cultura, desde o Ateneo Atlántico chamamos a atención sobre a perda de peso das industrias culturais en Galiza e, nomeadamente, do sector editorial que ten en Vigo o seu lugar de referencia, histórico e económico.
E preguntámonos por que ninguén dá conta da caída -nun 50%!- dos libros publicados en galego, da compra de libros para bibliotecas, das axudas públicas á traducción, das campañas de animación a lectura ou da ausencia de Galiza nas feiras do libro internacionais.
A resposta pode estar en que como cidadanía non nos mobilizamos, nin reclamamos abondo, mais logo laiámonos de que descenda o número de falantes na mocidade. Hai que reaccionar contra o discurso hipócrita e contra a parálise!
Por nós non vai deixar de ser. Daquela...
Chamamos a cidadanía a implicarse nesta causa como algo primordial: porque as ameazas son moito maiores cas oportunidades; porque non podemos deixar esmorecer unha actividade que xera 31.000 empregos e aporta o 2% ao noso PIB; porque se segue o ritmo de caída na valorización e uso da lingua perderemos o elemento identitario máis forte que posuímos; e porque llo debemos aos que a mantiveron viva durante séculos, agochada pero aquecida...
Non deixes enfríar o galego.
Dálle calor. Disfrútao. Fáino medrar.
É unha demanda social e política. Pero tamén é un compromiso persoal.
Imos alá!
Homenaxe a Xela Arias
Sei que só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega
Nones Araújo
Xa de volta: as pedras non teñen nome
E as estrelas pousadas cravaron nos muros
Liñas directas da paisaxe ó corazón
Ata perder Valor.
Agora teño o idioma inclinado nas entrañas,
Relátome polo paseo arriba mergullada.
Ignoro que lugar é este onde me atopo.
A paixón que aniño ten por veces o bico en berro:
Se te preciso cando te agardo non vés nunca.
Por perpetua-lo mar por facer auga: mireivos.
Onde estamos amor onde estamos?
Enganchada nas virtudes das olladas
Trouxen augamel para agasallarte:
Arróupote arrequecido no meu colo.
Estou tan lonxe que xa non regreso...
Teño a alma abrazada por fenómenos estraños:
Rompéuseme o vaso nas mans,
As plantas decaídas e os silencios dos trasteiros
Desconsolados.
Un abano na túa man que se aferra e me acaricia.
Todo para nada.
O tempo anda arando estropicios e
Repasa logo a ollada no pouso dos afectos.
A vida é verdade. De certo, a vida ía en serio.
Versos escollidos de Poesía reunida (1982-2004). X. A.
sábado, maio 15, 2021
Teatralizando a Xela Arias
Grazas ao compañeiro Lucho de Departamento de Lingua Galega, o alumnado realizou unha serie de Performances sobre tres poemas de Xela Arias.
"Desorde":
"Nunca máis"
"Os vosos fogares"
luns, maio 10, 2021
Recuncho da muller invisible: Xela Arias
O mes de maio, o noso recuncho da muller invisible está dedicado, non podía ser doutro xeito, a Xela Arias.
https://padlet.com/sheilafdezconde/Bookmarks
venres, maio 07, 2021
Telexornal Xela Arias
Informativo realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois.
luns, maio 03, 2021
Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.
Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.