venres, marzo 26, 2021

A igualdade si que importa

 A semana do 22 ao 26 de marzo foi unha semana frenética de actividade pola Igualdade. Todos os cursos da ESO recibiron formación nas súas aulas sobre o tema. Algunhas delas foron recollidas pola prensa:



martes, marzo 23, 2021

Día da árbore e da poesía

 O día 21 de marzo celebramos a conxunción do




Día da árbore e do día da poesía plantando catro árbores cedidas polo concello de Lalín e lemos oito poemas galegos que falan da natureza. Protagonistas: o alumnado de 3º de ESO D.

O curso pasado non puidemos realizalo por caus do COVID e este curso retomámola. Que ben!













Día de PI: Isopías

 Algunhas isopías gañadoras:


 

“ELA E ELES 4 FORON CARIÑOSOS CO VECIÑO”

Alex González Calviño

NÓS, O MEDO

A NOITE ESTRELADA

UN “SEMPRE”

OXALÁ NON.

SEGUE SENTINDO MOUNSTROS,

QUERRÍA MARIPOSAS

Carla Chamorro García

ELA É PARA O MUNDO ESTUPENDA SE MARCHA

SEICA NON VOLVE

DESPERTA AMENCENDO,

ESMORGA DIVERTIDA

Nuria Castro González

SON O GRAN,

O FILLO ILEXITIMO DO CONDES

TANTO SON CONDE,POLITICO,

MARIÑEIRO,MARQUÉS,

COCIÑEIRO PARA UN DOS MELLORES CHEF

Jorge Caramés Otero


luns, marzo 22, 2021

Día de PI


O 14 de marzo é o día de Pi e no noso centro celebrámolo por todo o alto: enchemos os corredores da serie numérica infinita, fixemos camisetas que todas e todos vestimos ese día e celebramos un concurso de Isopías.







Tamén entregamos a gañadores e gañdoras os seus correspondentes premios.









xoves, marzo 11, 2021

Facendo Historia

 


Alumna 1: Ao longo da historia as mulleres participamos en numerosos movementos co obxectivo de reivindicar os noso dereitos . Por exemplo nós, non vimos hoxe vestidas así por casualidade, vimos así para recordar o papel das mulleres sufraxistas, un movemento reformista que loitou polo voto das mulleres. Tampouco é casualidade que no 8 de marzo se tinga todo de cor morada. A cor morada é a cor representativa do Día da muller porque era a cor que en 1908 empregaban as sufraxistas inglesas. Nos anos 60 e 70, as mulleres socialistas escolleron esta cor como símbolo da loita feminista e posteriormente asociouse á propia xornada do 8 de marzo.

 

Alumna 2: As nacións unidas acordaron declarar o 8 de Marzo como día internacional da Muller. Escolleuse este día en conmemoración de miles de traballadores do téxtil que en 1857 saíron ás rúas de Nova York co lema: Pan e Rosas para protestar polas condicións laborais nas mulleres. A expresión pan e rosas proviña dun poema publicado por primeira vez na revista American Magazine en 1911, o poema de James Oppenheim transformouse e púxolle nome ás proclamas das mulleres traballadoras.

O capítulo máis cruento da loita polos dereitos da mulleres tivo lugar o 8 de marzo de 1908, cando, tras unha delcaración de folga de permanencia no traballo se incendiou unha fábrica de camisas en Nova York onde morreron un total de 123 mulleres, que non conseguiron escapar do incendio posto que os responsables da fábrica tiñan fechadas todas as saídas.


Alumna 3: A celebración deste día foise estendendo ao resto de países. En España esta data é significativa dende que un 8 de marzo de 1910 a muller pudo acceder ao Ensino superior en igualdade de condicións que o home, no momento en que se aprobou unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas”, medida tomada pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción Pública.


Queremos rematar cos versos de Pan e Rosas que din así :

 

Mentras imos marchando, marchando, a través do fermoso día

un millón de cociñas escuras e miles de grises filandeiras,

son tocados por un radiante sol que asoma repentinamente

xa que o pobo nos escoita cantar: Pan e Rosas!, Pan e Rosas!


Mentras vaiamos marchando, marchando, gran cantidade de mulleres mortas

van gritando a través do noso canto o seu antigo reclamo de pan;

os seus espíritus fatigados non coñeceron o pequeno arte e o amor e a beleza.

Si, é polo pan que pelexamos, pero tamén pelexamos por rosas!


A medida que imos marchando, marchando, traemos con nós días mellores.

O levantamento das mulleres significa o levantamento da humanidade.

xa basta do agobio do traballo e do folgazán: dez que traballan para un que repose.

Queremos compartir as glorias da vida: pan e rosas, pan e rosas! 

domingo, marzo 07, 2021

Lendo en igualdade (II)

O club de lectura de 2º de ESO do IES Laxeiro recomenda lecturas feministas e igualitarias, lecturas que son un soporte para a súa sabedoría, lecturas que axudan a estar de determinado xeito no mundo: con ollada feminista.

Lendo en igualdade (I)

 As miñas prezadas alumnas lembran a importancia da lectura, canto aprenden grazas aos libros, canto gozan, canto viaxan, e canto feminismo e igualdade está contido neses libros que poboan o noso espazo bibliotecario do que nos sentimos especialmente orgullosas no IES Laxeiro: O Vestíbulo da Igualdade



sábado, marzo 06, 2021

Cumbia Feminazi

Tradución ao galego da canción feminista "La Cumbia Feminazi" de Renee Goust, interpretada por un grupo de alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato e o grupo de Música de 4º da ESO

Contigo

 

Tradución ao galego da canción feminista "Contigo" de La Otra, interpretada por un grupo de alumnas de Literatura Universal de 1º de Bacharelato

A polo 8M

 Un grupo de alumnas do noso club de Igualdade lémbrannos que a Igualdade non está aínda conquistada. Foi algo que partiu delas e queremos agradecer a Zerua Galego a súa implicación no camiño do feminismo.

Este curso será o último que este grupo de mozas que "trafegaron pola igualdade" dende hai catro anos, cando estaban en 3º da ESO, conquistaron o noso corazón feminista. Dende aquela primeira reunión temos tido moitas xuntanzas e temos compartido moitas lecturas, moitas confidencias e temos aprendido moito, tanto de diversos obradoiros como das lecturas como delas mesmas, persoas interesantes e interesadas.

Ímolas botar de menos. Agardamos que veñan futuras xeracións que estean tan comprometidas coma elas. Pero sei que para min serán sempre un referente e que dende a distancia estarei sempre orgullosa das súas conquistas e da súa loita feminista. Porque se de algo non teño dúbida ningunha, é que a causa feminista subirá un chanzo máis na súa loita grazas a elas.

Quérovos.



xoves, marzo 04, 2021

Purl

Curta de Pixar que constitúe un alegato contra o machismo, a discriminación e o acoso.

Conta a historia metafórica dunha muller que se incorpora a unha oficina na que só hai homes, e tras a indiferencia e presión dos seus compañeiros, sométese a un cambio radical para comportarse coma eles e encaixar.

Pouto despois chega Lacey á empresa, unha traballadora coa que Purl síntese identificada e decide volver a ser a mesma de antes e entablar unha amizade con ela sen lle importar a opinión do resto.





Cres que unha muller ten que demostrar a súa valía no traballo máis ca un home?

Que significa "acoso laboral"?

Falemos da "brecha salarial": sabes cal é a diferenza de remuneración polo mesmo traballo entre un home e unha muller en España?

Que siginifica "teito de cristal"?


mércores, marzo 03, 2021

Historia do feminismo en 10 minutos



Sabes agora que é o feminismo?

O feminismo é o contrario de machismo?

Cando comeza o movemento feminista? En que século?

En que se basea a Revolución Francesa? Inclúese a muller?

Cales son as mulleres que comezan a primeira ola do feminismo?

Como debe ser a educación?

A segunda ola do feminismo é de acción debido a que?

Que siginifica  "sufraxismo"?

Que é a "doble exclusión?

Que é o "feminismo liberal"? E o "feminismo radical"?

Binta y la gran idea

 

 

Podemos contestar as seguintes preguntas:

https://educomunicacion.es/aulacreativa/binta.htm

Día Internacional da Muller

  https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20200308/dia-internacional-de-la-mujer-6672998

El Día Internacional de la Mujer del 8 de marzo fue declarado por las Naciones Unidas en 1975. Dos años más tarde se convirtió en el Día Internacional de la Mujer y la Paz Internacional. En Estados Unidos se celebra oficialmente tan solo desde 1994, a pesar de que es en aquel país donde se encuentran los orígenes de la conmemoración. ¿Por qué se eligió ese día?
La explicación más verosímil se remonta a mediados del siglo XIX, en plena revolución industrial. El 8 de marzo de 1857, miles de trabajadoras textiles decidieron salir a las calles de Nueva York con el lema 'Pan y rosas' para protestar por las míseras condiciones laborales y reivindicar un recorte del horario y el fin del trabajo infantil.
Fue una de las primeras manifestaciones para luchar por sus derechos, y distintos movimientos, sucesos y movilizaciones (como la huelga de las camiseras de 1909) se sucedieron a partir de entonces. El episodio también sirvió de referencia para fijar la fecha del Día Internacional de la Mujer en el 8 de marzo.
El capítulo más cruento de la lucha por los derechos de la mujer se produjo, sin embargo, el 25 de marzo de 1911, cuando se incendió la fábrica de camisas Triangle Shirtwaist de Nueva York. Un total de 123 mujeres y 23 hombres murieron. La mayoría eran jóvenes inmigrantes de entre 14 y 23 años.
Según el informe de los bomberos, una colilla mal apagada tirada en un cubo de restos de tela que no se había vaciado en dos meses fue el origen del incendio. Las trabajadoras y sus compañeros no pudieron escapar porque los responsables de la fábrica habían cerrado todas las puertas de escaleras y de las salidas, una práctica habitual entonces para evitar robos.
Al no poder huir, muchas de las trabajadores saltaron a la calle desde los pisos octavo, noveno y décimo del edificio. La mayoría de las víctimas murieron por quemadurasasfixia, lesiones por impacto contundente o una combinación de estas causas.
El desastre industrial, el más mortífero de la historia de la ciudad, supuso la introducción de nuevas normas de seguridad y salud laboral en el país.

Historia del Día Internacional de la Mujer

Antes de esta fecha, en EEUU, Nueva York y Chicago ya habían acogido el 28 de febrero de 1909 un acto que bautizaron con el nombre de 'Día de la Mujer', organizado por destacadas mujeres socialistas como Corinne Brown y Gertrude Breslau-Hunt.
En Europa, fue en 1910 cuando durante la 2ª Conferencia Internacional de Mujeres Socialistas, celebrada en Copenhague (Dinamarca) con la asistencia de más de 100 mujeres procedentes de 17 países, se decidió proclamar el Día Internacional de la Mujer Trabajadora.
Detrás de esta iniciativa estaban defensoras de los derechos de las mujeres como Clara Zetkin Rosa Luxemburgo. No fijaron una fecha concreta, pero sí el mes: marzo.

Derecho a votar

Como consecuencia de esa cumbre de Copenhague, el mes de marzo de 1911 se celebró por primera vez el Día de la Mujer en Alemania, Austria, Dinamarca y Suiza. Se organizaron mítines en los que las mujeres reclamaron el derecho a votar, a ocupar cargos públicos, a trabajar, a la formación profesional y a la no discriminación laboral.
Coincidiendo con la primera guerra mundial, la fecha se aprovechó en toda Europa para protestar por las consecuencias de la guerra.

El color morado

La celebración se fue ampliando progresivamente a más países. Rusia adoptó el Día de la Mujer tras la Revolución comunista de 1917. Le siguieron muchos países. En China se conmemora desde 1922, mientras que en España se celebró por primera vez en 1936.
El color morado es el color representativo del Día de la Mujer, y el que adoptan las mujeres o los edificios como signo de la reivindicación. Fue el color que en 1908 utilizaban las sufragistas inglesas. En los 60 y los 70 las mujeres socialistas escogieron este color como símbolo de la lucha feminista y posteriormente se le asoció a la jornada que se celebra cada 8 de marzo.



luns, marzo 01, 2021

Recuncho da muller invisible: Kathrine Switzer

 Este segundo mes do "Recuncho da invisible" está dedicado a Kathrine Switzer.





Vai ao código QR e accede a toda a información elaborada por compañeiros e compañeiras de 4º de ESO A