Por segundo ano consecutivo, o Plan Proxecta trae ao noso centro o labor fundamental de "Pantallas amigas", desta volta para alumnado de 1º de ESO e Ciclos. Foi o día 20 de xaneiro cando o noso alumnado aprendeu a valorar o que se colga nas redes sociais, control na parella, acoso nas redes...
venres, xaneiro 29, 2016
xoves, xaneiro 28, 2016
Mural cafetería
O Departamento de Plástica non para. Desta volta é a profa Mar e o seu alumnado de 4º de ESO-A quen está a darlle forma a unha nova parede da cafetería, que agora semella máis luminosa. Unha fermosa árbore presidirá dende xa a parede do fondo e lembraranos que a natureza está aí, disposta a ser retratada, admirada, coidada e respectada. Sempre.
mércores, xaneiro 27, 2016
CONCURSO DE MICRORRELATO POLICIAL CON BANDA SONORA E/OU INTERVENCIÓN
A biblioteca, con motivo do "Trimestre negro" convoca o seguinte
CONCURSO DE MICRORRELATO POLICIAL CON
BANDA SONORA E/OU INTERVENCIÓN
BASES:
.- Poderá participar todo o alumnado do IES Laxeiro en
calquera das catro linguas que se imparten no centro: galego, castelán, francés
ou inglés.
.- O microrrelato deberá ir acompañado dunha banda sonora de
fondo.
.- Pode presentarse en formato vídeo cunha intervención ou
representación. Asemade, o vídeo pode presentarse con imaxes e texto e a banda
sonora de fondo.
.- O microrrelato non poderá ter máis de cento sesenta palabras.
.- A
temática será policial.
.- A
narración breve debe ser orixinal.
.- O xurado estará integrado por profesorado dos
departamentos de Linguas, Plástica e Música.
.- O premio declarouse baixo segredo de sumario… ata
descubrir o gañador/a.
.- O prazo
de presentación remata o luns 15 de febreiro do 2016. Deberá ser entregado na
biblioteca do centro.
Algúns exemplos.
martes, xaneiro 26, 2016
DÍA DOS (DES)NAMORADOS 2016
O ENDL do noso centro, xunto coa Biblioteca e os departamentos de Linguas, convoca un Concurso de Microdeclaracións de desamor.
CONCURSO DE MICRODECLARACIÓNS DE
(DES)AMOR
Participantes:
Calquera alumno/a dos
cursos de 1º/2º/3º/4º da ESO do IES Laxeiro.
CONDICIÓNS PARA
PARTICIPAR:
A)Cada participante presentará nun folio A3 unha declaración
de desamor que deberá responder a seguintes características:
1.
Non pode ter máis de 30
palabras
2.
Pode ser en verso ou prosa
3.
Debe estar en lingua galega
4.
Non poden empregarse nomes
propios. O destinatario da declaración ten que ser anónimo.
5.
Deberá decorarse o texto. A
decoración é totalmente libre en cores, formas ou materiais.
B) NA CONSERXERÍA
do centro ESTÁN os FOLIOS A3 para participar no CONCURSO.
C) As declaracións débense depositar na URNA DO DESAMOR que estará
dispoñible ao lado da conserxería a
partir do luns 1 de febreiro e ata o venres 12 de febreiro.
D) O MARTES, 16 DE
FEBREIRO informarase de quen foron os ganadores e entregaranse os premios.
E) Valorarase a calidade do texto e o deseño gráfico.
Haberá un total de 4 premios, un por cada curso da ESO
Premio para
o gañador/a 1ºESO
Premio para
o gañador/a 2ºESO
Premio para o gañador/a 3ºESO
Premio para
o gañador/a 4º ESO
F) Todas as microdeclaracións de desamor expoñeranse nas
cristaleiras do pavillón B.
luns, xaneiro 25, 2016
Masterfroit III
E chegamos a 1º ESO-A e os seus traballos sobre a alimentación saudable. Abraiados estamos co nivel de todos os grupos. Proximamente veremos quen foron os premiados.
domingo, xaneiro 24, 2016
sábado, xaneiro 23, 2016
Música para Manuel María
venres, xaneiro 22, 2016
Masterfroit II
SE o outro día amosamos os traballos realizados polo alumnado de 1º ESO-B, hoxe traemos os traballos realizados polo alumnado de 1º ESO-C. Seguen a ser traballos fantásticos
xoves, xaneiro 21, 2016
Exercicio PUZLE
Xogando cos distintos
elementos de expresión: puntos, liñas,
planos e texturas, o alumnado de 3º ESO
A realizou un traballo de composición no
que cada alumno/a, dando renda solta á súa creatividade, deseñou e elaborou unha peza que formaba parte dun puzle.
Este puzle representa o grupo,
individualidades conectadas, agrupadas, formando parte dun todo.
mércores, xaneiro 20, 2016
Xeografía dunha novela
O 16 de decembro, como todas e todos sabedes, presentouse no noso centro o libro de Xabier Quiroga, Izan o da saca. Os seus compañeiros e amigos Xosé Manuel García e Manuel Busto dedicáronlle este traballo:
martes, xaneiro 19, 2016
Presentación do "Libro do Mal Amor"
O 16 de decembro foi un dos días máis especiais das nosas vidas educativas.
O traballo realizado o curso pasado por toda a comunidade educativa vía a luz en forma de libro, grazas á Secretaría Xeral de Igualdade que prestouse á súa publicación, destacando a súa calidade humana, artística e literaria, que tanto Susana López Abella, Secretaria Xeral, como Belén Liste apreciaron e puxeron en valor, e a quen nunca agradeceremos bastante.
Foi unha mañá de intensos nervios -que nos xogaron algunha mala pasada...!- e coa presenza de autoridades educativas que quixeron enxalzar así o acto. Pero o máis importante estaba neste noso orgullo colectivo dun traballo colaborativo ben feito.
Grazas tamén a escritores e escritoras pola súa colaboración e moi especialmente a Carlos Negro e a Chus Pato que se prestaron a estar connosco e a ler algúns poemas como guinda final do acto.
O traballo realizado o curso pasado por toda a comunidade educativa vía a luz en forma de libro, grazas á Secretaría Xeral de Igualdade que prestouse á súa publicación, destacando a súa calidade humana, artística e literaria, que tanto Susana López Abella, Secretaria Xeral, como Belén Liste apreciaron e puxeron en valor, e a quen nunca agradeceremos bastante.
Foi unha mañá de intensos nervios -que nos xogaron algunha mala pasada...!- e coa presenza de autoridades educativas que quixeron enxalzar así o acto. Pero o máis importante estaba neste noso orgullo colectivo dun traballo colaborativo ben feito.
Grazas tamén a escritores e escritoras pola súa colaboración e moi especialmente a Carlos Negro e a Chus Pato que se prestaron a estar connosco e a ler algúns poemas como guinda final do acto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































