mércores, abril 27, 2016

Uxía e Narf: as baladas dunha Galiza imaxinaria

O xoves 21 de abril estiveron no noso centro dous dos artistas máis importantes da música galega: Uxía e Narf, que fixeron gala dunha simpatía e bonhomía que a todos e todas sorprendeu. Ademais dun concerto inesquecible fixémoslles unha entrevista e miles de fotos. Todo o alumnado asistente lembrará ese día como un dos máis especiais so seu paso polo noso centro de seguro.







E, por suposto, recollido na prensa:





martes, abril 26, 2016

domingo, abril 24, 2016

Infografías da ortografía española

Deixámosvos unhas moi interesantes infografías ortográficas españolas para que coidedes o voso xeito de escribir. Nós vímolas aquí:














sábado, abril 23, 2016

Día do Libro

Precioso o cartaz realizado por Fausto para este Día do Libro compostelán:


venres, abril 22, 2016

Día Mundial do Libro 2016

 "Os libros son para valentes" Pedro Feijoo




Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."


xoves, abril 21, 2016

Bibliotecas virtuais

Dende o  CPIP "Cabo da area" chéganos esta infografía tan práctica cunha selección de bibliotecas e plataformas para a lectura dixital.:



martes, abril 19, 2016

Presentando o IES Laxeiro

O alumnado de 1º de ESO-C coa súa titora Mª José Rey realizaron este vídeo para presentar o instituto a finais do curso pasado como traballo para a materia de Lengua Española:


luns, abril 18, 2016

O fracaso do sistema

Vin en Cultura Inquieta estas ilustracións do artista polaco Igor Morski: un crítico da nosa sociedade con ilustracións onde analiza temas como a cobiza ou o culto pola beleza, ademais da crise dos valores tanto económicos coma sociais.