domingo, novembro 27, 2016

Libros de metáfora

 Jungho Lee utiliza os libros nunha ampla gama de metáforas visuais que ven dende a fachada dun edificio ata as ás dun avión, mimetizando a súa paixón polos libros e levándonos a mundos cheos de soños onde todo é posible. 

Posturas simpáticas

Fundados por dous fotógrafos apaixoados da vida salvaxe, os premios tratan "Fundamentalmente sobre a conservación". Traballan coa Fundación Born Free, o benestar animal, e organizacións benéficas de conservación, que toman medidas en todo o mundo para salvar vidas, eliminar o sufrimento e protexer as especies en estado salvaxe. Máis información: comedywildlifephoto.com
Encántanme!
















xoves, novembro 24, 2016

Violentómetro ilustrado

A Unidade Politécnica de Xestión con Perspectiva de Xénero, do Instituto Politécnico Nacional, catalogou cada tipo de agresión que son frecuentes na parella e que moitas veces se pasan por alto. Cada unha destas divídese en escalas segundo a gravidade: amarelo, laranxa, vermello.
 As seguintes ilustracións son de Karen Hernández e serven de guía para detectar calquera acto de violencia. Podedes velas en "Nueva Mujer".
























martes, novembro 22, 2016

En lembranza de Narf

Quixemos recuperar en vídeo a entrevista feita a Uxía e Narf na súa visita ao noso centro o pasado mes de abril, unha entrevista que foi recollida para a revista do centro pero que non tiñamos editada.

Les clients

A prostitución é VIOLENCIA

 

luns, novembro 21, 2016

Maluma - Cuatro Babys

Dúas alumnas de 4º, Zaira e Iria, veñen de me amosar esta canción como exemplo de esencia machista: a muller como obxecto sexual.
Agradezo esta achega para o noso blogue:


Nin unha menos

Stop á violencia de xénero
Ilustración de  Liniers


domingo, novembro 20, 2016

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XX)

Alejandro Zas González de 4º da ESO realiza este booktrailer sobre o libro de Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XIX)

Rebeca Fernández Pichel de 4º de ESO realiza este booktrailer de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz


Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XVIII)

Lucía Lalín Pérez de 4º de ESO realiza este booktrailer de Cartas de inverno.



Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XVII)

Adrián Buján de 4º de ESO fálanos de "Corredores de sombra" de Agustín Fernández Paz, animándose a se converter nun booktuber