martes, maio 25, 2021

Xogos tradicionais

Hoxe, martes 25, puidemos gozar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que vén de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. 

Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games"




#ViolenciaZero



 Un ano máis, grazas á Deputación de Pontevedra, puidemos asistir hoxe, martes, á programación Mulleres en acción #ViolenciaZero. Este ano foi un espectáculo de danza urbana que a bailarina e coreógrafa Yara Juncal organizou para visualizar as consecuencias das relacións tóxicas. O noso alumnado de Igualdade veu encantado da representación.





domingo, maio 23, 2021

Graduación (II)

 Este é o vídeo que realizou o alumnado para lembrar estes seis anos no Laxeiro, anos de actividades, viaxes, risos e compañeirismo:



sábado, maio 22, 2021

Graduación

 Hoxe despedimos unha xeración que bebeu da igualdade e que se formou para saír adiante sabendo localizar os micromachismos cotiás.

Emitimos en directo para as familias por mor da situación xerada pola Covid.



Clases sen fume 1º C

xoves, maio 20, 2021

Radio Laxeiro

Unha radio para ti

 

 O alumnado de 4º da ESO co seu profesor Lucho Penabade realizou unha serie de podscat para emitir na Radio Voz.


A Presentación que realizaron:




Claudia Ferradás e Lara Portela fálannos de Astroloxía:




Ademar Montoto e Pablo Miguélez falan de Ciencia:




Olivia Rodríguez e Nuria Lamazares achégannos á cultura:

luns, maio 17, 2021

Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia, Bifobia

 


A palabra esgazada




Ilustracións de @Terteres


Este ano 2021, tan especial, a Real Academia Galega RAG decidíu homenaxear a unha escritora tamén moi especial, Xela Arias, no 17de maio Día das Letras Galegas.

Innovadora, rebelde e inconformista. Activista pola paz, gran defensora da lingua galega, ecoloxista e feminista. Xela Arias foi sen dúbida unha muller comprometida coa sociedade de seu tempo.


https://educandoenigualdade.wordpress.com/2021/05/16/xela-arias-e-as-letras-galegas/



https://ateneoatlantico.blogspot.com/p/as-letras-mais-galegas.html



A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.

https://academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-177635




https://twitter.com/mflmonica/status/1394195998021459970?s=20

Manifesto polo galego. Maio 2018

 

Manifesto polo galego. Maio 2018

Manifesto. Texto. Non deixes arrefriar a lingua

Érache boa!

Se pensabas que os de arriba ían preocuparse polos de abaixo, estabas nun erro. Se crías que a mellor garda para un poleiro era unha raposa, ías de cú. Se soñabas cunha dirixencia comprometida co país, andabas na berza. Porque o corvo nunca foi máis negro cás ás... e porque xa chegou a hora de lle sacudir a polaina aos que esmagan a nosa lingua e a nosa cultura, desde o Ateneo Atlántico chamamos a atención sobre a perda de peso das industrias culturais en Galiza e, nomeadamente, do sector editorial que ten en Vigo o seu lugar de referencia, histórico e económico.

E preguntámonos por que ninguén dá conta da caída -nun 50%!- dos libros publicados en galego, da compra de libros para bibliotecas, das axudas públicas á traducción, das campañas de animación a lectura ou da ausencia de Galiza nas feiras do libro internacionais.

A resposta pode estar en que como cidadanía non nos mobilizamos, nin reclamamos abondo, mais logo laiámonos de que descenda o número de falantes na mocidade. Hai que reaccionar contra o discurso hipócrita e contra a parálise!

Por nós non vai deixar de ser. Daquela...

Chamamos a cidadanía a implicarse nesta causa como algo primordial: porque as ameazas son moito maiores cas oportunidades; porque non podemos deixar esmorecer unha actividade que xera 31.000 empregos e aporta o 2% ao noso PIB; porque se segue o ritmo de caída na valorización e uso da lingua perderemos o elemento identitario máis forte que posuímos; e porque llo debemos aos que a mantiveron viva durante séculos, agochada pero aquecida...

Non deixes enfríar o galego.

Dálle calor. Disfrútao. Fáino medrar.

É unha demanda social e política. Pero tamén é un compromiso persoal.

Imos alá!

Homenaxe a Xela Arias

 

Sei que só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega
Nones Araújo


Xa de volta: as pedras non teñen nome
E as estrelas pousadas cravaron nos muros
Liñas directas da paisaxe ó corazón
Ata perder Valor.


Agora teño o idioma inclinado nas entrañas,
Relátome polo paseo arriba mergullada.
Ignoro que lugar é este onde me atopo.
A paixón que aniño ten por veces o bico en berro:
Se te preciso cando te agardo non vés nunca.


Por perpetua-lo mar por facer auga: mireivos.
Onde estamos amor onde estamos?
Enganchada nas virtudes das olladas
Trouxen augamel para agasallarte:
Arróupote arrequecido no meu colo.
Estou tan lonxe que xa non regreso...

Teño a alma abrazada por fenómenos estraños:
Rompéuseme o vaso nas mans,
As plantas decaídas e os silencios dos trasteiros
Desconsolados.
Un abano na túa man que se aferra e me acaricia.
Todo para nada.
O tempo anda arando estropicios e
Repasa logo a ollada no pouso dos afectos.
A vida é verdade. De certo, a vida ía en serio.

Versos escollidos de Poesía reunida (1982-2004). X. A.

sábado, maio 15, 2021

Teatralizando a Xela Arias

 Grazas ao compañeiro Lucho de Departamento de Lingua Galega, o alumnado realizou unha serie de Performances sobre tres poemas de Xela Arias.

"Desorde":





"Nunca máis"



"Os vosos fogares"



luns, maio 03, 2021

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

 Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.




domingo, abril 25, 2021

Amigo invisible

 


 

Para celebrarmos o Día do Libro, realizamos por cuarto ano o "amigo invisible" na sala de profesorado. Este curso foi especialmente emotivo, xa que as relacións entre compañeiros e compañeiras é difícil e porque os e as participantes puxemos a mellor das intencións. Algunhas fotos da mañá:


















venres, abril 23, 2021

Somos Booktuber (37)

 Hoxe, Día do Libro, celebrámolo con recomendacións literarias. Non podía ser doutro xeito.

É Laura Fernández da ESA quen nos recomenda "Enderezo descoñecido"

Ollo! Hai spoiler!!!

 





mércores, abril 21, 2021

Zoquiñas vermellas

 


Gran parte do mes de abril foi ocupado por unha brillante iniciativa que nos chegou dende Buño: unha exposición de zoquiñas vermellas realizadas polos oleiros de Buño para loitar contra a violencia de xénero. 

 






sábado, abril 10, 2021

Seguridade nas aulas en tempos de COVID

 O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estatística para contrastar se co protocolo establecido a media de COen aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto ás características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.




sábado, abril 03, 2021

O Laxeiro móvese

 Non se move fisicamente, xaora, porque é materialmente imposible, senón tamén o faría. Pero aquí tedes unha demostración de que se move abondo. Estas son todas as accións que se realizan no noso centro:



venres, abril 02, 2021

venres, marzo 26, 2021

A igualdade si que importa

 A semana do 22 ao 26 de marzo foi unha semana frenética de actividade pola Igualdade. Todos os cursos da ESO recibiron formación nas súas aulas sobre o tema. Algunhas delas foron recollidas pola prensa: