Telelixo non é realidade (arredor dos estereotipos co pobo xitano):
domingo, abril 17, 2016
sábado, abril 16, 2016
¿Quién te quiere a tí?
Esta curta preséntase á
6ª edición do concurso de curtas exprés "48horas al límite" organizado
pola Facultade de Ciencias sociais e Comunicación dla UEM. E fala moi claro do que é a explotación sexual. A escravitude da
muller no século XXI.
venres, abril 15, 2016
Tomando o "Té con Kant"
Este martes 12 o noso alumnado de 1º e 2º de Bacharelato acudiu ao Salón Teatro xunto co alumnado do IES Ramón Mª Aller para asistir á representación da obra de teatro "Té con Kant" da compañía Inversa Teatro. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Filosofía.
Té con Kant, o novo espectáculo de Inversa Teatro, escrito, dirixido e interpretado por María Caparrini e Marta Pérez. Un proxecto experimental de teatro íntimo para presentar en Salóns e espazos non convencionais, onde dialogando co público, este terá que tomar a decisión última sobre o destino das personaxes apelando ó Imperativo Categórico Kantiano.
Un espectáculo onde o humor, a ironía e a filosofía van da man para
promover á reflexión (e acción) do público asistente, pasando pola
manipulación de obxetos, video-proxeccións, fotomontaxes, recortables e
teatro de sombras.
Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación
entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a
ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de
teatro-didáctico-conferencia, onde as súas actrices e creadoras María
Caparrini e Marta Pérez tentan exercer como axitadoras filosóficas coa
pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público
asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como
examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o
espectro do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant, exploran o porqué do
fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para
dar paso á nosa época post-moderna na que predomina o fragmento e a
decepción. É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os
ditames da razón ilustrada ou esta é ad infinitum unha condena ao
fracaso? Todo iso, será razoado entre as creadoras e o público baixo a
invitación dun exquisito té.
Unha veza máis, a actividade foi recollida pola prensa local:
Té con Kant clip 10 from Inversa Teatro on Vimeo.
xoves, abril 14, 2016
Filosofía no cine
Dirixida por Berthold Bartosch, THE
IDEA (1932), foi "a primeira película animada que abordou conceptos
filosóficos". Poderosa meditación sobre a importancia do cuestionamento,
o pensamento e a reflexión en torno á arte, o poder e a política.
Descubrímolo en "ENFILME":
Descubrímolo en "ENFILME":
mércores, abril 13, 2016
Somos noticia
As actividades que organizamos dende a biblioteca dan que falar. De aí que agora que comeza o mes dos libros e das letras saiamos nos xornais.
martes, abril 12, 2016
A célula
O alumnado de 1º de ESO andou a estudar os diferentes tipos de célula e os seus compoñentes. Algúns dos seus traballos puidemos velos na exposición que organizamos na entrada da biblioteca.
luns, abril 11, 2016
Premios microcurtas policíacas
Con moito retraso, entregamos os premios aos gañadores do Concurso das microcurtas policíacas. Foron para Noelia Blanco de 4º de ESO e Brais García Pol de 1º de Bacharelato. Parabéns a ambos os dous.
domingo, abril 10, 2016
Día mundial da saúde
O
xoves 7 de abril celébrase o día Mundial da Saúde e o alumnado de
1º e 2º ESO participou nun obradoiro sobre alimentación sá e vida
saudable, a cargo das voluntarias de Cruz Vermella de Lalín.
Mediante
divertidas dinámicas aprenderon moito sobre lípidos, proteínas,
hidratos de carbono, vitaminas e minerais e como consumilos na
alimentación de forma equilibrada, hábitos saudables (exercicio
físico, hixiene), e algunhas enfermidades relacionadas con malas
prácticas alimenticias.
sábado, abril 09, 2016
Educación afectiva
Os
días 5 e 6 de abril, o noso alumnado de 4º ESO participou no
obradoiro enfocado ao trato de discriminación en razón de
orientación ou identidade sexual.
Coas
voluntarias de Cruz Vermella, Pili e Nuria, traballouse estereotipos,
prevención de bullying homofóbico e LGTBfobia, diversidade sexual;
conceptos como transexualidade, bisexualidade, transformismo,
travestismo, homosexualidade (lesbianas, gays), heterosexualidade…
Visualizáronse campañas contra a homofobia, realizáronse dinámicas
de presentación, roleplaying… e o alumnado participou activamente.
venres, abril 08, 2016
Mulleres en acción: violencia Zero
Fomos convidad@s polo concello a participar na inauguración desta exposición resultado dunha serie de acción o 25 de novembro en diferentes puntos da provincia de Pontevedra. Alegrámonos por engadirmos un gran de area nesta loita:
Liniers e a lectura
Dende hai moito tempo sigo todo o que podo a Liniers, que me encanta. Aquí topei algunhas viñetas relacionadas co valor da lectura:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















































