Celebramos un ano máis o "amigo invisible" agasallándonos libros e competindo en creatividade á hora de presentar os agasallos.
xoves, abril 27, 2023
Libros falangueiros (III)
O alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Iker Taboada, recomenda ler "Virtudes e misterios" de Xesús Fraga.
Libros falangueiros (II)
O alumno de 1º de Bacharelato do IES Laxeiro, Miguel Aller, recomenda ler "O conto da criada" de Margaret Atwood.
martes, abril 25, 2023
Lapbook
Co gallo do Día do Libro expusemos os traballos realizados polo alumnado na biblioteca e no vestíbulo:
luns, abril 24, 2023
Contando na escola
Para conmemorar o Día do Libro, o alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato foi ao colexio de Don Ramiro a contar contos a nenos e nenas. Unha experiencia inesquecible!
venres, abril 21, 2023
xoves, abril 20, 2023
xoves, abril 13, 2023
venres, marzo 31, 2023
Escape
Onte tivemos moitas actividades no centro. E unha delas foi unha colaboración, un ano máis, coa ACPP, que nos trouxo un xogo de "escape" para poder sentir un pouco máis preto a viaxe infrahumana que deben realizar inmigrantes na procura dun mundo mellor.
xoves, marzo 30, 2023
xoves, marzo 09, 2023
O noso 8M en imaxes
Onte, a pesares da folga, foi unha mañá intensa de actividades para lembrar que o 8M segue a ser necesario, aquí e en todas as partes do mundo. Realizamos un percorrido poético pola Historia da Muller, onde o protagonismo recalou -non podía ser doutro xeito- no club de igualdade.
Estes son algúns momentos do acto:
mércores, marzo 08, 2023
Lama
Neste 8 de marzo, lembramos que xuntas, podemos avanzar en igualdade. Un tema que fala de parar, coller forzas e seguir adiante. Versión da canción "Lodo" de Xoel López, a cargo de dúas alumnas de 3º da ESO.
venres, marzo 03, 2023
Purl
Curta de Pixar que constitúe un alegato contra o machismo, a discriminación e o acoso.
Conta a historia metafórica dunha muller que se incorpora a unha oficina na que só hai homes, e tras a indiferencia e presión dos seus compañeiros, sométese a un cambio radical para comportarse coma eles e encaixar.
Pouco despois chega Lacey á empresa, unha traballadora coa que Purl séntese identificada e decide volver a ser a mesma de antes e principiar unha amizade con ela sen lle importar a opinión do resto.
Reflexións:
Cres que unha muller ten que demostrar a súa valía no traballo máis ca un home?
sábado, febreiro 25, 2023
Declaración poética de amor
Concurso de podscat realizado en colaboración co equipo de Dinamización e Normalización Lingüística para falar do amor non romántico no 23 de Febreiro.
venres, febreiro 24, 2023
#RosaliaTe no 2023
Lectura do poema de Rosalía que comeza co verso
-¡Como venden a carne no mercado...
da V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
Realizado polo alumnado de 4º de ESO A.
¡Pra a Habana!
O alumnado de 4º ESO A organizou a lectura conxunta deste poema que inicia a V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
#RosaliaTe no 2023
venres, febreiro 17, 2023
mércores, febreiro 15, 2023
luns, febreiro 13, 2023
xoves, febreiro 02, 2023
luns, xaneiro 30, 2023
mércores, xaneiro 25, 2023
Realidade social e violencia de xénero
Por fin, hoxe puidemos escoitar a Miguel Lorente, a quen agardabamos dende o ano pasado. Un forense que coñece a realidade: "Mi marido me pega lo normal".


















.jpg)























