Dende os Departamentos de E. Plástica e Visual e Lingua Castelá,
levamos adiante o Proxecto “Do papel ao libro”, no que o alumnado de 1º de ESO comezou coa fabricación do seu propio papel con distintos
tipos de pasta e experimentando tamén cos
diversos tinguidos. Con estes papeis o alumnado encadernou o
seu propio libro para redactar nel un relato con ilustracións.
En cada grupo de 1º de ESO traballaron cunha temática diferente. En 1º A o tema do relato foi "Un día calquera da miña vida", en 1º B descibiron un personaxe do video xogo creado na aula partindo de obras da Literatura clásica e en 1º C realizaron o "Diario dunha viaxe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario