domingo, setembro 27, 2015

Hora de ler


Por suposto, o IES Laxeiro apúntase á "Hora de ler". Ben sabemos da importancia da lectura na vosa formación, e por iso facemos que dispoñades de 15 minutos de liberdade para gozar da lectura. Os vosos titores e titoras xa vos explicarán en que consiste e como se desenvolve. Pero tamén aquí vos deixamos a información pertinente:




Xa sabedes, a lectura é un goce, non unha imposición. Só lede aquilo que vos apeteza, o que vos faga soñar, tremer, atenazar... o que máis vos guste sentir neste momento.
Mañá comezamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario