Recollemos dende o blogue imprescindible Carta xeométrica:
Nunca está de máis lembrar que o Día da Ciencia en Galego é unha xornada
de denuncia da política lingüística prohibicionista do galego. A data
xurdiu para denunciar o veto ao uso da lingua galega nas clases de
ciencias.
A proximidade desta data fai que poñamos a nosa atención nos escasos
recursos de ensino e divulgación da ciencia en galego dos que
dispoñemos. Xa que logo é boa oportunidade de facer referencia a estoutra conferencia TED con subtítulos en galego grazas ao bo labor do IES de Beade
Ningún comentario:
Publicar un comentario