Atopamos o outro día este interesante artigo:
sábado, abril 30, 2016
venres, abril 29, 2016
Clases sen fume (II)
O alumnado de 1º e 2º de ESO
que participou durante o curso no clases sen fume rematou a última
actividade.
Finalmente foron dous grupos
de 1º e un de 2º ESO os que se esforzaron en rematar a tarefa, que
pasa á fase de concurso (a ver se hai sorte). Grazas ao profesorado
que colaborou cos grupos: María, Susana, Busto, Arantxa, Sergio,
Felisa, Pilar e Ana.
Queredes ver algúns dos
traballos? Aquí deixamos un par de vídeos presentando as actividades.
xoves, abril 28, 2016
No Sant Jordi
Si, un soño feito realidade. Unha fin de semana en Barcelona para respirar o Sant Jordi. E canto aprendemos! A defensa da lingua, o amor pola terra, o orgullo polo seu, o ambiente cultural, a celebración do libro... O club de lectura pola igualdade do noso centro, xunto co club de lectura de adultos de Silleda viviu o 23 de abril e viviu Barcelona.
Para sempre nas nosas memorias
Tamén na prensa:
mércores, abril 27, 2016
Uxía e Narf: as baladas dunha Galiza imaxinaria
O xoves 21 de abril estiveron no noso centro dous dos artistas máis importantes da
música galega: Uxía e Narf, que fixeron gala dunha simpatía e bonhomía que a todos e todas sorprendeu. Ademais dun concerto inesquecible fixémoslles unha entrevista e miles de fotos. Todo o alumnado asistente lembrará ese día como un dos máis especiais so seu paso polo noso centro de seguro.
E, por suposto, recollido na prensa:
martes, abril 26, 2016
Vantaxes de ser lector
Dende "El Huffington Post" ofrécennos este vídeo, comentando que se "somos lectores, sentirémonos identificados". Pois claro!
Once ventajas de ser un lector empedernido por elhuffingtonpost
luns, abril 25, 2016
domingo, abril 24, 2016
Infografías da ortografía española
Deixámosvos unhas moi interesantes infografías ortográficas españolas para que coidedes o voso xeito de escribir. Nós vímolas aquí:
sábado, abril 23, 2016
venres, abril 22, 2016
Día Mundial do Libro 2016
"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo
Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."
xoves, abril 21, 2016
Bibliotecas virtuais
Dende o CPIP "Cabo da area" chéganos esta infografía tan práctica cunha selección de bibliotecas e plataformas para a lectura dixital.:
mércores, abril 20, 2016
O IES Laxeiro #mobilizarosalía IV
Con moítismo retraso (mea culpa), o vídeo da lectura de poemas de e para Rosalía:
martes, abril 19, 2016
Presentando o IES Laxeiro
O alumnado de 1º de ESO-C coa súa titora Mª José Rey realizaron este vídeo para presentar o instituto a finais do curso pasado como traballo para a materia de Lengua Española:
luns, abril 18, 2016
O fracaso do sistema
Vin en Cultura Inquieta estas ilustracións do artista polaco Igor Morski:
un crítico da nosa sociedade con ilustracións onde analiza temas como a
cobiza ou o culto pola beleza, ademais da crise dos valores tanto
económicos coma sociais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)