venres, abril 01, 2016

Con Diego Ameixeiras

Para rematar o trimestre negro, o alumnado de 4º de ESO, logo de ler varios libros de Diego Ameixeiras, puido intercambiar con el as súas opinións. Diego falounos do seu proceso de escritura, de como a lectura dunha obra tan importante como A esmorga fixo que cambiase a súa percepción da literatura e tamén nos contou como pensou cada libro que escribiu e a importancia social da novela negra actual.




Ningún comentario:

Publicar un comentario