luns, novembro 14, 2016

Take This Waltz

Leonard Cohen e Federico García Lorca: unha vinculación poética eterna
Vía
En 1949, un Cohen de quince anos entrou nunha libraría de segunda man de Montreal, colleu un libro e leu un poema,  “Gacela del mercado matutino”.
En 2011, en Oviedo, Cohen comentou que Lora fora o poeta que máis influíra na súa xuventude.
En 1986, Cohen participou no disco Poetas en Nueva York, no que artistas como Lluís Llach, Paco e Pepe de Lucía, George Moustaki ou Angelo Branduardi musicalizaban, a modo de homenaxe, poemas de Lorca. Aquí escoitamos “Take this waltz”, adaptación do “Pequeño vals vienés” -pertencente ao poemario Poeta en Nueva York-.

Ningún comentario:

Publicar un comentario