Prevención de violencia de xénero
no contexto dixital
A psicóloga Arrate Emaldi de Pantallas Amigas traballou este martes 17
de xaneiro co alumnado de 1º ESO, na concienciación e prevención da violencia
de xénero dentro das redes sociais.
PantallasAmigas é unha
iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas
tecnoloxías e o fomento da cidadanía
dixital responsable na infancia e adolescencia. A charla tamén foi impartida
noutros centros grazas á colaboración da oficina de Igualdade do concello de
Lalín.
Podedes ter información complementaria consultando http://www.pantallasamigas.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario