venres, novembro 03, 2017

VIII día da Ciencia en Galego (III)



Como sabedes, o Día da Ciencia en Galego este ano cae en mañá sábado, polo que decidimos adialo para o luns,  pero como non queremos que se axuste a un día só, decidimos lembralo en diversas actividades durante o curso.
Este ano homanexéase a dúas figuras: DARWIN e o galego DOMINGO FONTÁN.

En canto a DARWIN, o alumnado de FP Básica recreou a viaxe do Beagle cun mapa mundi que se exporá nun taboleiro e irá ás clases para explicalo. Esta actividade realízase grazas ao Departamento de Bioloxía.



O Departamento de Matemáticas organízase así:


 Obradoiro de xogos matemáticos  e lóxicos,  dedicándolle unha sección especial aos cubos de Rubik, que teñen unha gran aceptación entre o alumnado. Estes obradoiros realizaranse o luns durante os recreos. Pero ampliaranse a toda a semana se se pode reabrir a biblioteca -despois das obras- o martes.





 Ademais,  ao longo deste curso faremos diversas actividades enfocadas a  coñecer  a figura de Domingo Fontán e o seu traballo.



 Actividades:

  1. Tendo en conta que Domingo Fontán utiliza como unidade de lonxitude a “ vara castelá”, faremos unha investigación sobre as unidades de lonxitude   e de superficie  que se usaban antes do SISTEMA INTERNACIONAL DE UNIDADES. Veremos as equivalencias e faremos medicións con distintas unidades.

  2. Na web  podemos encontrar a CARTA XEOMÉTRICA DE GALICIA subdividida. Centrarémonos na Carta Fontán f8, que é a parte correspondente  ao Concello de Lalín.  Traballaremos as escalas nos mapas e cálculo de distancias.

  3. Cálculo de alturas : Utilizaremos  o teorema de Thales e a semellanza de triángulos  para calcular alturas de puntos inaccesibles (medidas indirectas). Así calcularemos  a altura das árbores do patio e a altura dos edificios do noso centro.

  4. Achegarémoslle aos nosos alumnos instrumentos  que se utilizan ou se utilizaron en topografía e cartografía,  compás, cuadrantes, sextantes, teodolitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario