Marcos Quintana Cuñarro de 4-B aporta a súa reflexión sobre a visita de Iria Misa despois da lectura de Xa non estou aquí.
Este
luns os meus compañeiros e mais eu recibimos no IES Laxeiro a
visita da escritora Iria Misa; autora do libro “Xa non estou aquí”.
Estivemos
falando sobre o libro, e tamén en que se basou a escritora para
escribilo.Temos que destacar, segundo nos contou a escritora, que ó
libro está contado sobre sucesos que pasan na realidade, cando
ocorre unha desaparición; ese “bombardeo dos medios de
comunicación, para aproveitarse da situación”, ou “cando estás
desaparecid@ métense na túa vida privada, e din datos sen
relevancia”, afirmaba a escritora. No trancurso da reunión, fixemos
outra actividade que nos propuxo Iria: repartiu unhas imaxes con
persoas desaparecidas, e tiñamos que comentalas e dicir unha
posible causa da súa desaparición. Con esta actividade, xurdiron
diversas ideas sobre as posibles maneiras da desaparición dunha
persoa, e intercambiamos opinións.
En
síntese, foi unha actividade e reunión moi entretida, onde saíron
ideas do libro baseadas na realidade, que descoñecíamos, pero que
pasan. Agradecerlle a Iria Misa o esforzo que fixo por vir e
dedicarnos un pouco do seu tempo a pasalo con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario