venres, xaneiro 17, 2020

Homenaxe a Miguelanxo Prado

O próximo xoves cumprimos un dos nosos soños: recibir no noso centro a Miguelanxo Prado e nomear a aula de Plástica. Con el inauguramos asemade o Corredor das Artes.

 Autor de proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas.
  A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega, fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega. 

Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o "Xabarín Club" e do elenco da serie de animación producida en Galicia "Os vixilantes do camiño"

Tamén traballou na serie de animación "Men In Black", producida por Steven Spielberg.

Realizou a longamentraxe animada "De profundis" con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os premios Goya. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario