Ksiazka Roku 2018 LC
Ante o retorno voluntario ás aulas do alumnado de 2º de Bacharelato adóptanse as seguintes medidas para o uso da Biblioteca:
1. A biblioteca terá un aforo máximo de 15 alumnxs sempre que se cumpran as condicións de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado.
O alumnado deberá hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala.
O alumnado deberá hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala.
2. A devolución de libros ou outro material deberá de realizarase de xeito persoal sen intermediarios.
No momento da devolución só poderá haber unha persoa no mostrador da Biblioteca gardando a distancia de seguridade.
Os libros devoltos deberán permanecer en caixas convenientemente identificadas e illadas como mínimo 14 días antes de volver aos andeis.
3. Préstamos: Se alguén quere levar libros prestados deberá comunicarllo ao profesor ou á profesora que estea na Biblioteca, non podendo collelos directamente dos andeis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario