Ilustración: The right way of resistance de Menekse Cam.
Para este curso 2020-2021 e seguindo as recomendacións protocolarias anti-COVID, a Biblioteca informa das seguintes medidas para o seu bo uso e correcto funcionamento:
1.- A biblioteca terá un aforo máximo de 24 persoas, sen contar o profesorado de garda. Reducimos os postos de traballo nas mesas de estudo para garantir a distancia de seguridade. A zona de lectura relaxada queda reducida a oito persoas.
2.- Na entrada e na saída da biblioteca, o usuario disporá de xel hidroalcohólico para hixienizar as súas mans.
3.- Só abrirá en horario lectivo de mañá, permanecendo pechada polas
tardes. O alumnado de nocturno poderá solicitar os libros en préstamo ao seu profesorado ou mandar un correo electrónico para demandar os libros solicitados. (biblioieslaxeiro@gmail.com)
4.- Accederase á Biblioteca polo vestíbulo de Igualdade e sairase polo vestíbulo de conserxería, gardando sempre a distancia de seguridade e utilizando a máscara protectora.
5.- Os lugares para NON sentar están identificados debidamente.
6. O profesorado de garda identificará os postos que se ocupen para proceder á súa desinfección.
7. A devolución de libros ou outro material deberá de realizarase de xeito persoal e individual, sen intermediarios.
8. No momento da devolución só poderá haber unha persoa no mostrador da Biblioteca, gardando a distancia de seguridade.
9. Os libros devoltos deberán permanecer no caixón de desinfección como mínimo 4 horas antes de volver aos andeis.
10. Non manipular os libros. Se unha persoa quere consultar algún, solicitará a axuda da responsable de biblioteca. Igualmente ocorre cos préstamos, se alguén quere levar libros prestados non poderá collelos directamente dos andeis.
SE TOD@S RESPETAMOS ESTE PROTOCOLO, PODEREMOS GOZAR DUN ESPAZO DE LECER SEGURO…
Ningún comentario:
Publicar un comentario