Imos traballar nas titorías esta curta:
Escollemos esta curta feita en 2013 por Matanick, Nathanel como director e a súa esposa Cristina como guionista. Tiveron previamente a experiencia de ser familia de acollida de menores en situación de desamparo e quixeron compartila co ánimo de facer visible esta figura nesta película, que é a sua ópera prima.
1) A continuación imos contestar a unha seria de sinxelas cuestións:
- É unha curta pois…
Dura máis de 10’ Dura menos de 1 hora Saen menos de 200 persoas
- As siglas VOSE significan:
Versión Orixinal con subtítulos en español
Versión Orixinal con subtítulos en inglés
- Que é unha ópera prima?
A que se fai entre familiares, non necesariamente primos.
A que é a primeira que fai un director, un artista, ou un creador.
- A continuación vai unha relación clásica de xéneros cinematográficos, escolle aquel(es) nos que poderiamos encadrar esta curta:
Biográfico
Histórico
Musical
Comedia
Infantil
Do oeste americano-Western
Aventura/acción
Bélico
Ciencia ficción
Drama
Suspense
Terror-horror
Para >idade
Que outros adxectivos cres que corresponden con ela
Cine social
Familiar
Violencia de xénero
Acollemento familiar
Adopción
Relato en primeira persoa
Asistencia social
Protección á infancia.
Muller
Exclusión social
Abandono familiar
Violencia familiar
Autobiografía
- Lembras que nome ten a protagonista?:
Zoe Su Susana
- O director non só segue a protagonista, senón que para axudar a contar a historia con veracidade, tamén lle dá :
Voz Luz Oportunidade
2) Deixamos a parte técnica da obra cinematográfica, e concentrámonos nos conflitos que aborda esta curta:
- Cal cres que é a temática principal?
Violencia de xénero
Violencia familiar
Violencia contra os menores
Os menores na violencia de xénero
Familias acolledoras
- Como definirías o estado inicial da protagonista?
Deprimida pola situación
Enfadada co mundo
Adaptada ao “ambiente” familiar
Rexeita os adultos
Non entende a súa nai
Mantén a normalidade co irmán
Asume roles de nai
Illada
Rabia-cambios repentinos de humor
- Cando hai unha situación de abandono/desamparo de menores poden aplicarse varias medidas
Centros de acollida inmediata
Centros de acollida permanente
Acollemento familiar
Acollemento familiar preadoptivo
- A violencia de xénero provoca nestes nenos e nenas unha diminución da autoestima, unha repetición de roles (pasivos ou agresivos) ou unha desconfianza cara ao mundo dxs adultxs , e poden verse nalgunhas das seguintes situacións:
Insensibilidade ante as emocións ou bloquean os pensamentos.
Desconectan do ruído e o caos, aprenden a non oílo.
Crer que son algunha outra persoa a través de concentrarse moito.
Beben alcol e/ou usan drogas.
Planean a vinganza do seu agresor, fantasean con matalo.
Fantasean cunha vida máis feliz, vivindo con outra familia.
Fantasean sobre como será a súa vida despois do divorcio ou cando acaben as agresións.
Fantasean con ter un accidente.
Desexan ser rescatados por un súperheroe, a policía ou un príncipe.
Irse a outro cuarto, abandonar a casa durante unha agresión.
Buscan escusas para non ir a casa. Foxen dela.
Relaciónanse con ‘malas influencias’.
Teñen relacións sexuais para atopar intimidade e proximidade.
Quedan embarazadas na adolescencia para ter a alguén que as queira.
Protexen os irmáns e as irmás do perigo.
Coidan aos bebés coma se fosen os seus pais ou nais collendo un rol paterno ou materno.
Coidan da súa nai.
Contan o que pasa a alguén da escola, a un veciño/a, a algunha amiga ou amigo da nai,etc.
Chaman á policía.
Falan cos irmáns, amigos ou algunha persoa adulta que sexa significativa.
Fan actos temerarios ou teñen intentos de suicidio.
Autománcanse.
Explosións de ira, son agresivos ou agresivas con outras persoas, métense en pelexas.
Fan deporte, saen a correr, teñen moita actividade física, etc.
Escriben, debuxan, fan poesía, teatro ou outras actividades creativas.
Mostran excelentes resultados académicos.
Cren ‘mamá foi mala’ ou ‘eu fun malo/a’ ou ben ‘papá está tenso do traballo’.
Pensan ‘eu podo parar a violencia se cambio a miña forma de comportarme’ ou ‘podo saber cando pasará a próxima agresión’.
Tentan ser a nena ou neno perfecto.
Menten para tapar algunha cousa mala (por exemplo, malas notas no colexio) para evitar críticas, agresións ou situacións de tensións na familia
3) Imos revisar algúns datos do estado español:
- Dende 2003 cantas mulleres vítimas mortais por violencia de xénero das súas parellas ou exparellas houbo ata agora?
170 340 850 1071
- Que porcentaxe dos menores estivo exposto de forma repetida a situacións de violencia de xénero contra a súa nai?
1 % 10 % 20 % 30 %
- Dende o 2013, ano no que empezaron a contarse os casos de menores mortos por violencia de xénero contra a súa nai, cantas cres que houbo?
8 15 20 37
Ningún comentario:
Publicar un comentario