Con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 1º de bacharelato participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA) e coordinada por Marisol Soengas, que reúne preto de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.
A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir directamente quen é unha das “detectives do cancro”: a científica Sofía Mendes, que actualmente dedica a súa investigación á nanotecnoloxía para o cancro de páncreas. Descubriron dende a aula como é esta muller que investiga para facer fronte a esta enfermidade, como orientou a súa carreira e como chegou a ser unhas das grandes investigadoras no seu campo.
Coa participación nesta actividade, visibilizamos o labor das mulleres investigadoras e fomentamos novas vocacións científicas, animando ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro, a que se interesen pola Ciencia. Unímonos así a mensaxe: "elas poden, ti podes".
Ningún comentario:
Publicar un comentario