venres, setembro 24, 2021

2021, 40 anos despois

Do IES de Arzúa:

 Con motivo do Día europeo das linguas, que se celebra o 26 de setembro, difundimos este documental de 47 minutos elaborado pola comunidade educativa do IES de Arzúa coa colaboración de María José Pérez, sobre a situación do galego na actualidade no ámbito da educación secundaria. Pensamos que pode ser un recurso didáctico para achegármonos a contidos relevantes para o curriculum das materias de lingua como: bilingüismo, diglosia, prexuízos lingüísticos, lusofonía...

 Documental: 2021, 40 anos despois

En 1981 o galego pasou a ser considerada lingua cooficial na Galiza, pasando a ter un estatus legal que lle permitiría sair dos espazos informais e íntimos aos que fora relegada pola ditadura franquista.
40 anos despois, no 2021, o alumnado do curso 2020-21 do IES de Arzúa, maioritariamente galego falante, reflexiona sobre a situación sociolingüística do galego nos seus contextos e na adolescencia.

Pervive a diglosia nas persoas galego falantes?

Cal é a lingua que utilizamos nas redes sociais?

Coñecemos os recursos, as posibilidades para vivermos en galego?
As estratexias normalizadoras e normativizadoras deron resultado?

Temos vantaxe como galeg@s para achegarnos á lusofonía?
Aumentou ou diminuíu o número de falantes de galego?
Cal é o futuro da lingua?

A partir de diálogos e reflexións do alumnado do curso 2020-21 aproximámonos a estas preguntas e ás súas respostas."



Ningún comentario:

Publicar un comentario