Este venres 21 de xaneiro, unha selección de alumnado de 4º da ESO asistiu á representación teatral de "Golpes", onde unha moza, a través dun monólogo, interpreta a situación vivida por unha muller vítima dunha relación tóxica e as consecuencias que esta conleva.
Golpes busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero. Está baseado na experiencia vital de Pamela Palenciano.
O espectáculo forma parte do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta.
Queremos dar unha grazas moi especiais a Estíbaliz polo seu espectáculo e pola súa cercanía. É a segunda vez que acode ao noso centro pero queremos que volva!
Ningún comentario:
Publicar un comentario