xoves, maio 05, 2022

Obradoiro Videocartas

 O alumnado de Igualdade de 2º de ESO e de Literatura Universal de 1º de Bacharelato anda estes días cunha actividade ben interesante que promove a ACPP:


Utilizaremos as ferramentas dixitais para establecer unha vía de comunicación intercultural con República Dominicana, país no que traballamos en proxectos de cooperación internacional. Dentro destes proxecto gravaremos unha serie de vídeo-cartas en centros educativos de bateyes de San Pedro Macorís aos que o alumnado dos centros educativos galegos darán resposta: como viven os mozos e as mozas da súa idade nun país como Dominicana? Cales son as súas problemáticas? Como ven o seu futuro, que percepción teñen da vida en Europa?
O alumnado achegarase á realidade deste país a través dunha primeira sesión de 100 minutos na que se exporá o contexto no que viven mozas e mozos da súa mesma idade e abordaremos a co-responsabilidade Norte-Sur. Nesta sesión proxectaranse as vídeo-cartas do alumnado dominicano. Na segunda sesión o alumnado gravará a súas propias respostas ás cartas que viron no primeiro día e daráselle nocións de edición nos propios móbiles. Estes vídeo-cartas serán compartidas vía web e vía redes sociais, entendidas como unha conversa intercultural sobre a realidade dos dous países. Este será un proceso de ida e volta, que complementará o traballo que se está a facer no IES Laxeiro sobre interculturalidade e conexión Norte-Sur.



Ningún comentario:

Publicar un comentario