xoves, outubro 27, 2022

A Santa Compaña

 A compañía de ánimas aparece naquelas noites en que vai morrer unha persoa. Desprázase polos camiños da parroquia ata a casa da persoa moribunda onde recollen a súa alma para levala ao outro mundo. Xunto coa Santa Compaña vai tamén unha persoa viva abrindo a comitiva e portando na man un caldeiro cun hisopo. Esta persoa viva incorpórase á compaña de ánimas á media noite, cando esperta na súa cama e tras erguerse diríxese ata un lugar de encontro coas ánimas. Cando a Santa compaña aparece nese lugar de encontro, esta persoa viva incorpórase á procesión de mortos e vai con eles o resto do camiño ata completar a súa encomenda. Cando algunha outra persoa se atopa coa santa compaña debe protexerse dela para que non quede presa do seu maleficio (relevar a persoa viva que vai na comitiva). Para lograr esta protección, esa persoa ten que facer –entre outros rituais- un círculo no chan e meterse dentro. A historia que imos contar comeza nun bar onde Muíños pasa a súa aburrida vida bebendo chupitos e tocando o acordeón.



Ningún comentario:

Publicar un comentario